A XUNTA DE GALICIA PÓN EN VALOR O CONCERTO SOCIAL NO VI CONGRESO INTERNACIONAL DEPENDENCIA E CALIDADE DE VIDA

O secretario xeral técnico da Consellería de Política Social, Javier Abad, interviu neste encontro celebrado en Madrid

 

  • O obxectivo desta xornada é dar a coñecer experiencias no ámbito nacional e internacional no desenvolvemento de sistemas integrados de atención que sitúen no centro á persoa

 

Santiago, 24 de maio de 2017.- O secretario xeral técnico, Javier Abad, participou hoxe en Madrid no VI Congreso internacional dependencia e calidade de vida, no que se deron cita diversos representantes de institucións e organismos que traballan no eido das persoas maiores. O obxectivo desta xornada foi dar a coñecer experiencias no ámbito nacional e internacional no desenvolvemento de sistemas integrados de atención que sitúen no centro á persoa.

 

Deste xeito, o titular autonómico fixo un repaso ás principais actuacións realizadas pola Xunta de Galicia nos últimos meses con respecto ás persoas maiores  e centrou a súa intervención no concerto social, artellado como un instrumento mediante o cal se produce a prestación de servizos sociais de responsabilidade pública a través de entidades, cuxo financiamento sexa público.

 

Así, os concertos sociais en Galicia teñen por obxecto a reserva e ocupación de prazas para uso exclusivo das persoas usuarias de servizos sociais ou dos colectivos vulnerables; e a xestión integral de prestacións técnicas, tecnolóxicas, de servizos, programas ou centros.

 

En calquera caso, destacou o secretario xeral, “o establecemento dos concertos para a provisión de servizos sociais, atenderá aos principios de atención personalizada e integral, arraigo da persoa no entorno da atención social e continuidade no seu ciclo vital”.

 

Javier Abad tamén fixo referencia a outros asuntos como a creación da Historia social única electrónica (HSUE), que proporciona aos traballadores da área social, tanto a nivel autonómico como municipal, un acceso único á historia do usuario e unha visión global da súa situación. Así mesmo, reduce os tempos de tramitación e facilita unha atención que responde ás necesidades do usuario. “Isto supón un paso máis de cara ao horizonte para chegar á futura historia sociosanitaria, que permitirá a completa trazabilidade da información do cidadán entre os sistemas sanitario e social”, explicou o titular autonómico.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: