A XUNTA PROMOVE A INTEGRACIÓN DE PERSOAS ESTRANXEIRAS CON CURSOS DE ALFABETIZACIÓN E APRENDIZAXE DAS LINGUAS DE ACOLLIDA

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente, entregou hoxe en Arteixo os diplomas ao alumnado dos obradoiros que tiveron lugar neste municipio coruñés

  • A Administración autonómica tamén financia a realización de accións formativas sobre alfabetización dixital, habilidades sociais para a busca de emprego, de reforzo educativo e de coñecementos constitucionais e socioculturais de España, entre outras

 

Arteixo (A Coruña), 24 de maio de 2017.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente, participou hoxe na entrega de diplomas dos obradoiros de alfabetización e aprendizaxe das linguas de acollida organizados polo Concello de Arteixo e financiados pola Administración autonómica, nun acto que tivo lugar no salón de actos do auditorio municipal desta localidade coruñesa.

 

Arturo Parrado destacou a importancia que teñen estas accións formativas para facilitar a integración e adaptación de colectivos como os inmigrantes ou a poboación xitana. De feito, apuntou que a Xunta de Galicia mantén abertas co Concello de Arteixo varias liñas de colaboración económica que permiten o desenvolvemento de cursos de alfabetización dixital, de aprendizaxe de linguas, de habilidades sociais para a busca de emprego, de reforzo educativo ou de coñecementos constitucionais e socioculturais de España.

 

Asemade, a Dirección Xeral de Inclusión Social subvenciona tamén neste municipio coruñés programas específicos dirixidos a persoas de etnia xitana, os cales están centrados na realización de itinerarios, alfabetización para adultos, alfabetización dixital e reforzo escolar para menores. Ademais, e por primeira vez, apóiase a realización de intervencións de mediación intercultural.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: