Conferencia do arquitecto e pintor Kike Ortega na Sede Afundación de Vigo
A Sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) albergará unha conferencia a cargo do arquitecto e pintor Kike Ortega. A charla, que leva por título «Tolo pola arte. Da cultura exipcia ao s. XV nun percorrido diferente, persoal e festivo», será mañá venres 26 de maio, a partir das 20.00 h.
Nela Kike Ortega contará coa colaboración dos asistentes e apoiarase en imaxes e performances para realizar un orixinal percorrido desde a cultura exipcia ata o século XV. O relator falará de estilos, de conceptos, de talento. Dos medos do artista e do público e tamén da arte inconformista, revolucionaria e rompedora.