V Triatlón Concello do Porriño

A seguridade será clave no V Triatlón Concello do Porriño

Máis de 150 voluntarios velarán pola seguridade dos preto de 250 inscritos no referente ao corte de tráfico rodado ao longo de todo o percorrido

A Federación Galega de Triatlón -FEGATRI- a confirmado a inscripción de preto de 250 triatletas que participarán este sábado 27 de maio no V Triatlón Concello do Porriño; e é que, malia que ao día seguinte se celebra unha proba clasificatoria no norte, a gran organización da proba porriñesa segue atraendo a numerosos deportistas.

Previo inicio da presentación desta quinta edición celebrada esta mañá na Praza Arquitecto Antonio Palacios, gardouse un minuto de silencio polas vítimas do atentado de Manchester.

Ao acto acudiron o alcalde accidental, e á súa vez concelleiro de Deportes do Concello do Porriño, Manuel Carrera; o concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso; o Comandante Naval de Tui, Enrique García; o Tenente da Guardia Civil do Destacamento de Tráfico de O Porriño, Miguel Trillo; o presidente de FEGATRI, Óscar Surís; o vencedor absoluto da edición anterior, Martín Carrera; e a presenza de membros do Club Atletismo Porriño.

Respecto de a seguridade dos participantes nos puntos conflictivos que incumben ao tráfico rodado, Miguel Trillo aclarou que se emitiu un informe policial previo á autorización expedida pola Xefatura Provincial de Tráfico, en prol do mantemento do circuíto perfectamente delimitado ao obxecto de impedir que calquera vehículo alleo á proba poida acceder ao circuíto”.

Enrique García explicaba que “para a Armada supón un orgullo poder estar presentes nesta proba, este ano con maior implicación, xa que a primeira transición da carreira realízase dentro das instalacións da Comandancia Naval do Miño”.

Óscar Surís, detallou o circuíto que dará saída en augas do río Miño no porto deportivo de Tui e finaliza na Praza Arquitecto Antonio Palacios de O Porriño; confirmou “temos entre 220 e 250 inscritos” un gran número de participación tendo en conta a celebración dunha proba clasificatoria ao día seguinte. Recordaba Surís que “o deporte fainos mellor a todos e especialmente o triatlón, un deporte que alberga tres disciplinas -natación, ciclismo e atletismo-”.

Martín Carrera analizou os aspectos técnicos do circuíto segundo o punto de vista do triatleta, e é que “dependendo das condicións das mareas, a proba de natación pode ser máis ou menos complicada. Respeto da bicicleta, é un percorrido lineal que o ciclista agradece enormemente; e no referente á carreira a pé, resulta moi bonita polo circuíto rueiro polo centro do casco urbán”. Ademáis, Martín engadía que esta proba resúltalle “moi gratificante xa que podo correr preto de casa”, posto que reside en Ponteareas.

Manuel Carrera cedía a palabra ao concelleiro de Deportes de Tui, apuntando a cordialidade e máxima colaboración respeto ao Trialtlón de O Porriño; Laureano

Alonso afianzaba que “esta é a liña de traballo a seguir e destacaba que a saída dende Tui resulta moi vistosa”.

Finalmente, Manuel Carrera recordou que a segunda transición -onde os deportistas deixan a bicicleta para dar paso á carreira a pé- volve ao seu lugar de orixe, a rúa Domingo Bueno “xa que efectivamente alí resulta máis vistosa”. 

Así mesmo fixo un repaso nomeando a todos os organizadores e entidades colaboradoras “sen os que a celebración deste evento, sería inviable”, como os Concellos e a Policía Local de O Porriño y Tui, Comandancia Naval do Miño, Guardia Civil de Tráfico, Protección Civil de O Porriño, FEGATRI, Interruning, La Torta, Eurobanan, Monbus, Gumerjo, Discoteca Rouge, Axa Seguros José Manuel Barros, Morea -ACIPOR-, Powerade, Club Atletismo Porriño, Club Ciclista Spol, A.D. Avanza, C.C. Cal da Louriña, U.D. Atios, C.F. San Salvador de Budiño, C.F. Pontellas, C.F. Mosende, Club de Remo de Tui, Grupo Ivan Campos, C.C. A Forna, Aceesca, Esclavas Virgen Dolorosa de Mos e a peña moteira “Os de Sempre Tui”.

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: