A XUNTA APROBA A EXPROPIACIÓN DOS TERREOS NECESARIOS PARA A CONSTRUCCIÓN DE TRES TRAMOS DE SENDA NA ESTRADA PO-552, NOS CONCELLOS DE VIGO E NIGRÁN
- Esta actuación, cun investimento de máis de 868.000 euros, está enmarcada no Plan de Sendas de Galicia, na comarca de Vigo, que contempla a execución de 12,5 km de novas sendas, cun orzamento global duns 5 millóns de euros
- O primeiro tramo, entre Coruxo e Roteas, iníciase onde finalizan as beirarrúas en Coruxo e construirase senda polas dúas marxes ata o pavillón de deportes, continuando pola marxe dereita ata a zona inicial de San Miguel de Oia
- O segundo tramo, na Estea, localízase na travesía de San Miguel de Oia, comezando no Pq. 5+600 e finaliza no 6+070, punto no que remata a travesía
- O último treito iníciase no punto no que comeza a travesía de Priegue (Pq. 6+910) e remata no 7+500, onde conecta coas beirarrúas existentes nas Rexas
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2017.- A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) o aprobación de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos para a construción dun Itinerario peonil e ciclista na estrada PO-552, nos treitos Coruxo – Roteas, A Estea e Priegue, nos Concellos de Vigo e Nigrán. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/78P6lZ.
O obxecto da actuación é a construción dunha senda peonil e ciclista na estrada PO-552, en tres treitos situados entre os pp.qq. 3+280 e 7+500. O orzamento base de licitación do proxecto de construción é de máis de 868.000 euros, cofinanciada con fondos europeos FEDER para o período 2014 -2020.
O Decreto de Utilidade Pública comprende as expropiacións das 32 fincas necesarias para a execución de tres tramos de senda para uso peonil e de ciclistas na estrada PO-552 (Vigo – Tui), 25 delas no Concello de Vigo e 7 no de Nigrán.
O primeiro tramo, entre Coruxo e Roteas, iníciase no Pq. 3+280, onde finalizan as beirarrúas existentes en Coruxo, e construirase senda polas dúas marxes da estrada ata o Pq. 3+600, na zona do pavillón de deportes. Desde este punto seguirase pola marxe dereita ata o 4+440, punto situado na zona inicial de San Miguel de Oia.
O segundo tramo, na Estea, localízase na travesía de San Miguel de Oia, comezando no Pq. 5+600 e finaliza no 6+070, punto no que remata a travesía. Prevese a súa construción pola marxe dereita da estrada PO-552, xa que na esquerda xa existe beirarrúa.
O último treito iníciase no punto no que comeza a travesía de Priegue (Pq. 6+910) e remata no 7+500, onde conecta coas beirarrúas existentes nas Rexas. Proxéctase tamén pola marxe dereita da estrada.
A sección tipo consta dunha senda dun ancho mínimo de 1,8 metros separada da calzada por unha zona axardinada e os bordos de separación nos tramos nos que as características da estrada e as edificacións existentes o permiten.
Ademais da senda executaranse outras obras complementarias como a mellora das paradas de bus existentes nos tramos obxecto da actuación; a adaptación da intersección do Pq. 3+520 ao paso da senda, de modo que quedará habilitado un cambio de sentido para facilitar os xiros no sobreancho existente neste punto, e a mellora da drenaxe na curva do Pq. 7+100, nas Rexas.
Plan de Sendas
Este itinerario está enmarcado no Plan de Sendas de Galicia, concretamente na comarca de Vigo, onde a Axencia Galega de Infraestruturas executará aproximadamente 12,5 quilómetros de novas sendas, cun orzamento que se achega os 5 millóns de euros. A Xunta ten garantido o financiamento ao terse incluído estas actuacións no programa operativo de Galicia dos fondos europeos FEDER para o período 2014 -2020.
Concretamente, na estrada PO-552, o Plan de Sendas contempla varios itinerarios peonís e ciclistas. Así, no paseo marítimo existente en Baiona diferenciaranse os espazos destinados a peóns ciclistas na zona próxima ao Parador. O contrato de obras xa está adxudicado e está previsto iniciar os traballos no mes de setembro para non causar molestias ao importante número de usuarios do paseo nos meses de verán.
LÓPEZ VEIGA CONFÍA EN RETOMAR LA SENDA DEL CRECIMIENTO DE LOS TRÁFICOS PORTUARIOS YA QUE “HAY SITIO PARA EL OPTIMISMO”
Reunión mensual del Consejo de Administración de la Autoridad Portuaria de Vigo
Los resultados del informe encargado a una consultora externa sobre la competitividad del Puerto en los tráficos de pesca congelada en contenedor, confirman que hay una queja generalizada de los usuarios sobre el funcionamiento del Puesto de Inspección Fronterizo (PIF) del Puerto de Vigo.
Vigo, 26 de mayo de 2017.
El Presidente de la Autoridad Portuaria de Vigo, Enrique C. López Veiga, volvió a comparecer esta mañana en rueda de prensa, tras la reunión mensual del Consejo de Administración, sin ocultar los resultados negativos que la dársena que preside ha registrado a lo largo del último mes en cuanto a tráfico portuario se refiere.
Según confesó, las estadísticas del mes de abril se han vuelto a ver muy afectadas por el anuncio de huelga de los estibadores, lo que ha supuesto la cancelación de escalas y provocado la caída de un -6,5% del tráfico total y de un -8,3% de la mercancía general (-27.065 ton).
No obstante, López Veiga ha confiado en “retomar con fuerza la intensificación de tráficos”, una vez resuelto el problema de la estiba. Sobre este asunto, ha pedido “sensatez” y una solución “sin huelgas ni anuncios de huelga”, ya que “encienden la alarma de las navieras” que, “ante cualquier amenaza, prefieren desviar sus mercancías a puertos alternativos”. Por ello, ha insistido en la necesidad de “negociar y normalizar esta situación”, ya que “el Decreto no tenía alternativa posible, porque era el cumplimiento de una sentencia y las sentencias no se pueden negociar”.
“Tengo la esperanza de que se llegue a un acuerdo, porque se han hecho ya muchas concesiones y estoy convencido de que nadie va a prescindir de los estibadores, porque es un colectivo profesionalmente bueno”, ha asegurado. “Cuanto más competitivos seamos, más navieras vendrán a Vigo, por las propias características naturales del Puerto y el futuro, en este sentido, es prometedor”, ha concluido.
Principales mercancías
En cuanto a las principales mercancías, López Veiga ha destacado el ligero ascenso experimentado por los graneles sólidos con instalación especial (+10%) y el porcentaje al alza registrado por la pesca congelada con un +28,79% de incremento, se sitúa como la principal mercancía movida en abril, en comparación con el mismo mes de 2016. Este notable incremento se debe, además a la subida en la importación de países habituales como Namibia, Perú, Uruguay y Seychelles.
Del mismo modo, el granito en bruto ha incrementado sus movimientos, con una mayor importación desde Mozambique y Sudáfrica y una mayor exportación a Italia, lo que ha supuesto una subida del +44,63%.
Por el contrario, bajan el granito elaborado, los metales, los automóviles y los productos químicos. El granito elaborado, la madera y los productos químicos, siguen la senda negativa de los últimos diez meses, afectados por el traslado de ciertas operaciones de Maersk al Puerto de Marín. Los metales, por su parte, han sufrido un descenso significativo transportados como mercancía general en convencional, incrementándose ligeramente en contenedor y, en el caso de los automóviles, han descendido en abril por una cuestión circunstancial.
En relación a los contenedores, durante el mes de marzo las cifras fueron muy similares a las del mes de abril de 2016, incrementándose el volumen de contenedores vacíos movidos por grúa (+66,95%) y descendiendo el de los llenos (-14,22%). Sin embargo, en el cómputo total de TEUS (ro-ro y lo-lo), se ha registrado un incremento del +0,46%, lo que, a juicio del máximo responsable portuario, demuestra que “hay expectativas razonables de que aquí se puede cargar” y, de hecho, “las navieras ya se están posicionando en Vigo”.
En cuanto a los resultados después de impuestos, López Veiga ha valorado positivamente que el Puerto de Vigo se sitúe en “números verdes” a pesar de la caída de los tráficos, lo que demuestra, una vez más, que “hay sitio para el optimismo”.
Informe PIF
Por otro lado, López Veiga informó al Consejo de Administración de los resultados del informe encargado a una consultora externa sobre la competitividad del Puerto en los tráficos de pesca congelada en contenedor y que, según destacó, “confirman que hay una queja generalizada de los usuarios sobre el funcionamiento del Puesto de Inspección Fronterizo (PIF) del Puerto de Vigo”.
Entre las principales conclusiones de este informe, destaca el hecho de que un 80% de las empresas entrevistadas del sector de la pesca han derivado sus tráficos a otros puertos de la fachada atlántica (fundamentalmente Leixoes), buscando un mejor funcionamiento y seguridad jurídica del PIF. Estos desvíos han originado una reducción de tráficos de las empresas de la muestra de 10.335 TEUS.
Asimismo, y según concluye dicho informe, un 27% de las empresas entrevistadas, que en la actualidad operan en el Puerto, planean abandonar completamente sus movimientos de pescado en contenedor en el Puerto de Vigo. Adicionalmente, un 18% de las empresas reducirán significativamente sus movimientos en el Puerto de Vigo. Se prevé como mínimo una reducción de 5.700 TEUS anuales en detrimento de otros puertos.
Otros asuntos de interés
Por último, el Consejo de Administración dio luz verde a la participación de la Autoridad Portuaria en la Fundación Centro de Innovación de Estudios Jurídicos Marítimos y Pesqueros (MarInnLeg), así como a la propuesta de participación e inicio de trámites para formar parte de la Fundación Galicia Europa (FGE).
O II Foro ABANCA Responsable aposta pola rendibilidade social nas empresas galegas
- Medio centenar de organizacións participaron nunha xornada de traballo no Pazo de Iñás
- A importancia da responsabilidade individual para impulsar a responsabilidade empresarial é unha das principais conclusións da sesión


ABANCA reuniu hoxe no Pazo de Iñás, na segunda acción que organiza no marco do Foro ABANCA Responsable, a medio centenar de empresas, institucións e terceiro sector co obxectivo de compartir experiencias e coñecer casos de éxito de empresas sociais galegas que fan compatible a rendibilidade social coa sustentabilidade económica.
Na apertura da xornada, a directora de RSC de ABANCA, Tatiana Suárez Cancelo, destacou que o obxectivo de ABANCA é “contribuir a impulsar este modelo de organización polo que apostamos, unha organización preocupada pola rendibilidade social, e tamén promover nas nosas empresas a implantación de iniciativas socialmente responsables que poidan chegar a reportar un beneficio real ao negocio”.
As empresas e institucións que participaron no II Foro ABANCA Responsable tiveron a oportunidade de coñecer en maior profundidade o concepto de empresa social a través de experiencias de éxito de negocios galegos de diferentes tamaños e sectores como Martín Códax, CLESA, Kalandraka, Pazo de Vilane ou Saraiva.
A sesión incluíu tamén unha dinámica de grupo na que os asistentes puideron compartir os seus coñecementos e boas prácticas neste ámbito e un market place que serviu de escaparate para que un grupo de pequenos emprendedores como Granxa do Souto, VermisLAB e Realkiddys presentasen os seus proxectos.
Unha das principais conclusións do encontro é a importancia da responsabilidade individual de cada un de nós para impulsar a responsabilidade empresarial. As organizacións participantes tamén concluíron que aquelas empresas que contribúen a facer do mundo un lugar mellor contribúen a facer o seu negocio máis forte e sostible, garantizando a súa pervivencia e rendibilidade ao longo do tempo.
Foro ABANCA Responsable
O Foro ABANCA Responsable foi creado polo banco en novembro do ano pasado co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento da responsabilidade social empresarial (RSE) en Galicia a través do fomento e aplicación de modelos de xestión responsable nas empresas da comunidade. Entre os seus membros atópanse algunhas das empresas, asociacións e institucións máis representativas da economía e o tecido social de Galicia.
A actividade do foro inaugurouse cunha conferencia de Aminetou Mint Ely na que a activista mauritania expuxo o proxecto Petites Bonnes, iniciativa desenvolvida en colaboración con Terra de Homes para combater a explotación laboral doméstica de nenas no seu país.
A SECCIÓN SINDICAL DA CIG EN GKN DRIVELINE VIGO DENUNCIA AS CONDICIÓNS DE SAÚDE LABORAL NA EMPRESA
A sección sindical da CIG en GKN Driveline E vIGO (antiga Indugasa) denuncia que as condicións de seguridade e saúde laboral na empresa non cumpren cos parámetros legalmente establecidos, en concreto o R.D. 486/97 de 14 de abril sobre disposicións mínimas de seguridade nos lugares de traballo.
A reprfesentación sindical da central na compañía do sector da automoción lembra que levan dende o ano 2012 requiríndolle á dirección que “tome en serio o problema do stress térmico na fábrica de Vigo”.
Segundo indican, a empresa conta cun protocolo de stress que prevé dentro das instalacións temperaturas de 45 graos, só facilitando auga e facendo paradas a partir dos 36. “Isto fai que os traballadores/as teñan que soportar xornadas a máis de 30 graos sen que a empresa faga nada para evitar esta terríbel situación que padece o persoal de taller”.
Neste senso, sinalan que o real decreto 486/97, que regula as condicións ambientais dos lugares de traballo, marca uns parámetros de entre 14 e 25 graos. “Mais nestes pasados días 23 e 24 de maio estivemos a máis de 40”.
Ante a situación de perigo que se viviu neses días para a integridade física dos traballadores/as, dende a CIG reclamáronlle á empresa que active o protocolo de stress e se apliquen as medidas que contempla. “A resposta da empresa é que non se vai aplicar até o 1 de xuño, como se a calor fose un factor determinado polo día e o mes do ano”.
Desvanecementos no posto de traballo
Ao mesmo tempo, lembran que con anterioridade xa se rexistrou “algún desvanecemento dalgún compañeiro/a, mais sen consecuencias graves, polo que de momento non temos que lamentarnos de que sucedese unha desgraza fatal entre os empregados/as”
Critican que co novo Plan Industrial a situación ambiental da fábrica non mellorou senón que empeorou. “Un caso especial é o do novo taller de árbore situado nunha zona sen ningunha ventilación e que mantén unhas temperaturas moi altas de forma constante tanto de noite como de día”.
Explican que dende que a empresa subcontratou a asistencia xeral que ten que atender as instalacións -eliminado postos de traballadores/as de GKN- as instalacións destinadas a reducir a calor están estragadas, sen o mantemento necesario, e mal atendidas.
Tamén denuncian que empresa incumpre a lei ao non dar a información necesaria aos representantes dos traballadores/as sobre o mapa de temperaturas, humidade ou velocidade do aire. “Ademais, colocan os termómetros fóra dos talleres onde están as máquinas e os operarios/as, dando medicións moito máis baixas que as que realmente se sofren nos postos de traballo”.
Como consecuencia, a empresa crea un clima de traballo precario e insalubre dentro da fábrica ao non velar pola saúde dos traballadores/as.
Diante disto, dende a CIG pregúnstanse se é este o futuro do Plan industrial de GKN-Vigo, se prevalecen máis outros factores que a saúde dos traballadores/as. “O persoal está nunha situación límite e cremos que se isto segue así non desbotamos comezar a mobilizarnos”.
Finalmente, reclámanlle á dirección que “remate con esta deriva de subcontratación e precarización na fábrica que fai empeorar o noso servizo” e que se preocupe por “contar cun sistema de climatización digno da empresa que di ser”.
A XUNTA DE GALICIA SORTEA AS PRAZAS DOS CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA MOZOS E MOZAS DE 9 A 17 ANOS
- Enmárcanse na Campaña de verán 2017 da Consellería de Política Social, para a que se consignou un orzamento de 2,9 millóns de euros
- Ademais dos campamentos, a Administración autonómica tamén ofrece campos de traballo, actividades para maiores de 18 anos e oferta concertada
Santiago, 26 de maio de 2017.- A Xunta de Galicia realizou hoxe o sorteo –ante notario- das 5820 prazas de campamentos para mozos e mozas de 9 a 17 anos que a Consellería de Política Social oferta no marco da Campaña de verán 2017. Estas convivencias terán lugar durante os vindeiros meses de xullo e agosto nun total de 22 albergues e campamentos de toda Galicia e a través dos intercambios coas comunidades do País Vasco, Castela e León, Estremadura, Madrid, A Rioxa e Cantabria. As listaxes resultantes do sorteo estarán dispoñibles a partir de mañá na web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
O total de prazas dispoñibles este ano nas instalacións galegas ascende a 6400, polo que as 580 restantes están reservadas para os participantes nos intercambios procedentes doutras comunidades ou países, para os menores en situación de tutela ou en garda pola Administración, mozos e mozas con discapacidade, fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero e descendentes da emigración.
Os campamentos contan con actividades de ocio educativo de diferentes temáticas como náutica, coñecemento do medio natural, dramatización e expresión cultural ou deportes multiaventura, e neste ano, a Xunta de Galicia consignou un orzamento de 2,9 millóns de euros destinado ao desenvolvemento dos mesmos.
Cómpre destacar que esta Campaña de verán é a máis inclusiva e importante dos últimos anos no que se refire a número de prazas ofertadas, xa que en total, son 9572, o que supón un incremento do 6% nas prazas dispoñibles con respecto ao ano pasado. Ademais dos campamentos, a Campaña de verán inclúe campos de traballo, actividades para maiores de 18 anos e a oferta concertada.
O desenvolvemento desta iniciativa leva aparellada un importante impulso ao emprego, xa que as empresas de ocio e tempo libre de Galicia darán traballo a máis de 900 monitores e directores de campamentos.
ABANCA e IESIDE presentan en Galicia a Edward Altman, experto mundial en predición de quebras
O economista Edward Altman, experto mundial na análise e predición de quebras, estará en Galicia a próxima semana, convidado por ABANCA e o Instituto de Educación Superior Intercontinental de la empresa (IESIDE), para presentar a súa fórmula Z-Score, que mide a saúde financeira dunha compañía e predí a súa probabilidade de quebra nos dous anos seguintes á súa análise.
DATA | HORA | ACTIVIDADE | LUGAR |
29 | 19.00 h | Graduación promoción 2017 Grado ADE-BBA de IESIDE.Nomeamento profesorhonoris causa. Lección maxistral | VIGO – Teatro Afundación
(Policarpo Sanz, 13) |
30 | 10.30 h | Rolda de prensa | A CORUÑA – Sede ABANCA (Rúa Nueva, 30) |
30 | 20.00 h | Conferencia «A evolución e aplicacións do modelo Altman Z-Score na predición de quebras» | A CORUÑA – Sede Afundación (Cantón Grande, 8) |
A Sede Afundación de Pontevedra e o Teatro Afundación de Vigo acollen ‘Mary Poppins, el musical’
A produción Mary Poppins, el musical chega a Galicia e visitará as cidades de Pontevedra e Vigo. Este musical, que relata as máxicas aventuras dunha aia un pouco peculiar chamada Mary Poppins, poderá verse mañá sábado 27 de maio, a partir das 18.30 h, na Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2) e o domingo 28, tamén ás 18.30 h, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas pódense adquirir a través das vías habituais da entidade: na web Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.
El presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, clausurará el I Foro Gallego de Arbitraje
- El encuentro, que se celebrará en la sede de Afundación en Vigo el próximo miércoles 31 de mayo, pretende trasladar al empresariado gallego las ventajas de la vía arbitral frente a la justicia ordinaria en la resolución de conflictos mercantiles.
- La iniciativa cuenta con el apoyo del Colegio de Abogados de Vigo, el Colegio de Economistas de Pontevedra, la Confederación de Empresarios de Pontevedra y la Xunta de Galicia, y está patrocinada por Abanca
Vigo, 26/05/2017. El presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participará en la clausura del I Foro Gallego de Arbitraje, un importante encuentro que pretende impulsar el recurso del arbitraje en las empresas gallegas. Organizado por la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía, el evento se celebrará el próximo miércoles, 31 de mayo en la sede de la Fundación Abanca.
A través de este Foro, se pretende trasladar al empresariado gallego y a los colectivos de interés las ventajas de la vía arbitral frente a la justicia ordinaria. Para ello, el encuentro se desarrollará con una conferencia inaugural que abordará ‘El arbitraje como vía de resolución de conflictos mercantiles’, impartida por el Prof. Dr. H. C. José Antonio Gómez Segade, catedrático emérito de Derecho Mercantil de la Universidad de Santiago de Compostela.
A continuación, se han programado dos mesas redondas. La primera, bajo el título ‘Los procedimientos en el arbitraje’, estará moderada por el profesor Julio Costas, catedrático de Derecho Mercantil de la Universidad de Vigo, y abordará la legislación del arbitraje y sus mecanismos, con la participación de Prof. Dr. Pablo Fernández Carballo-Calero, profesor titular de Derecho Mercantil de la Universidad de Vigo; Francisco José Vila Blanco, tesorero de la Junta de Gobierno del Ilustre Colegio Oficial de Abogados de Vigo y Ángel Piñeiro, socio de Garrigues.
La segunda mesa redonda, moderada por Alfonso Álvarez Gándara, miembro de la Corte de Arbitraje de la Cámara, se centrará en ‘Cómo impulsar el arbitraje en Galicia’, principal reto al que se pretende dar respuesta en este Foro. En esta mesa participarán Alberto Viejo, abogado y asesor de la Confederación de Empresarios de Pontevedra y Juan José Santamaría Conde, decano del Colegio de Economistas de Pontevedra.
El programa propuesto pretende mejorar el conocimiento sobre los procedimientos arbitrales entre nuestras empresas, para que este recurso se incorpore como opción preferente en la resolución de controversias.
Amplio apoyo institucional
De cara a la organización de este Foro, los presidentes de la Cámara de Comercio y de la Corte de Arbitraje cameral han mantenido a lo largo de los últimos meses una agenda de encuentros institucionales con el fin de que la promoción del arbitraje sea un frente común entre todas las entidades que puedan tener un peso específico en su divulgación.
En este sentido, el I Foro Gallego de Arbitraje cuenta con el apoyo del Colegio de Abogados de Vigo, del Colegio de Economistas de Pontevedra, de la Confederación de Empresarios de Pontevedra, del juez decano de Vigo y de la Xunta de Galicia, que se han implicado en su organización. El evento está patrocinado por Abanca.
El arbitraje, opción ventajosa
El arbitraje es un procedimiento privado de solución de controversias por el cual las partes, de mutuo acuerdo, en lugar de acudir al juez, someten sus disputas a uno o varios terceros independientes denominados árbitros, que son los encargados de resolver el conflicto y dictar una decisión (laudo) que es obligatoria para las partes y susceptible de ser ejecutada.
Esta opción permite resolver conflictos entre las partes de un modo más rápido y económico que el recurso a la justicia ordinaria, garantizando igualmente la eficacia y neutralidad del proceso. Para ello, las Instituciones Arbitrales –como la Corte de esta Cámara de Comercio- constituyen una pieza fundamental en cuanto que garanten de la idoneidad, capacidad, independencia, transparencia en el nombramiento de los árbitros, y, en definitiva, de la seguridad jurídica que ha de rodear este tipo de actuaciones.
Son, por tanto, los principios básicos del arbitraje: economía, agilidad, flexibilidad, especialización y confidencialidad los que hacen que esta vía alternativa de solución de conflictos resulte más ventajosa para las empresas.
PROGRAMA
10.00 h. Recepción y entrega de documentación.
10.15 h. Apertura del Foro.
Intervienen:
- Sr. D. José Manuel Fernández Alvariño, presidente de la Corte de Arbitraje de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa.
- Sr. D. José García Costas, presidente de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa.
10.30 h. Conferencia inaugural: El arbitraje como vía de resolución de conflictos mercantiles.
- Prof. Dr. Dr.h.c. José Antonio Gómez Segade, catedrático emérito de Derecho Mercantil de la Universidad de Santiago de Compostela.
11.15 h. 1ª Mesa Redonda: Los procedimientos en el arbitraje.
Modera: Prof. Dr. Julio Costas, catedrático de Derecho Mercantil de la Universidad de Vigo.
Intervienen:
- Prof. Dr. Pablo Fernández Carballo-Calero, profesor titular de Derecho Mercantil de la Universidad de Vigo.
- Sr. D. Francisco José Vila Blanco, Tesorero de la Junta de Gobierno del Ilustre Colegio Oficial de Abogados de Vigo.
- Sr. D. Ángel Piñeiro, socio de Garrigues.
- 12.00 h. Pausa café.
12.30 h. 2ª Mesa Redonda: Cómo impulsar el arbitraje en Galicia.
Modera: Sr. D. Alfonso Álvarez Gándara, miembro de la Corte de Arbitraje de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa.
Intervienen:
- Sr. D. Alberto Viejo, abogado y asesor de la Confederación de Empresarios de Pontevedra.
- Sr. D. Juan José Santamaría Conde, decano del Colegio de Economistas de Pontevedra.
13.30 h. Clausura.
Intervienen:
- Sr. D. José García Costas, presidente de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa.
- Sr. D. José Manuel Fernández Alvariño, presidente de la Corte de Arbitraje de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa.
- Ilmo. Sr. D. Germán María Serrano, magistrado-juez decano de Vigo.
- Sr. D. Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia.
A XUNTA INVISTE NOS RECURSOS PARA A INFANCIA E DE ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES NO CONTORNO FAMILIAR DO MUNICIPIO DE BAÑA
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse hoxe en San Caetano co primeiro edil deste concello coruñés, José Andrés García Cardeso

O conselleiro de Poltica Social, Jos Manuel Rey Varela, manter un encontro co alcalde da Baa, Jos Andrs Garca Cardeso.
- A Administración autonómica destinou case 35.000 euros á mellora das instalacións do Punto de Atención á Infancia, e incrementou en máis de 180 horas o Servizo de Axuda no Fogar
Santiago, 26 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe un encontro co alcalde da Baña, José Andrés García Cardeso, co fin de analizar as liñas de colaboración que manteñen no ámbito dos servizos e programas sociais. Esta xuntanza, que se desenvolveu nas dependencias administrativas da Xunta en San Caetano, é unha máis das que está a manter o titular de Política Social cos rexedores e rexedoras dos municipios das catro provincias de Galicia coa intención de seguir afondando no diálogo e coordinación entre administracións.
Despois da reunión, Rey Varela destacou o programa de investimentos extraordinarios en recursos de atención a menores de 0 a 3 anos xestionados polas corporacións locais que vén de executar o Goberno galego e que estivo dirixida, fundamentalmente, a poboacións rurais. Unha medida da que tamén se beneficiou o concello da Baña que recibiu unha achega económica de case 35.000 euros para a mellora do seu Punto de Atención á Infancia (PAI), que dá servizo ás familias de 20 nenos e nenas.
Así mesmo, o titular de Política Social subliñou o reforzo da atención ás persoas dependentes co recente incremento de 187 horas mensuais no Servizo de Axuda no Fogar (SAF), o que supón que na actualidade se superen neste municipio as 10.100 horas de prestación ao ano.
Por último, Rey Varela e o primeiro edil da Baña manifestaron a súa vontade de seguir afondando nas liñas de colaboración entre as dúas administracións co compromiso de buscar conxuntamente unha política social axeitada que se adapte as necesidades da devandita localidade
O DOG PUBLICA O DECRETO DE TRANSFERENCIA A PROL DO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO DO TRAMO DA ESTRADA PO-408 QUE PERCORRE O SEU TERMO MUNICIPAL
- Trátase dun treito da estrada PO-408, situado entre os pp.qq 0+000 e 1+280, cunha lonxitude de 1,28 km
- A Xunta levou a cabo un acondicionamento desta estrada, que incluíu a rectificación de trazado ao seu paso polo núcleo de Fornelos, tras o que se lle deu ao tramo antigo da vía a denominación de PO-408
- A estrada PO-408 rexistra un tráfico principalmente local, posto que conta cunha alternativa viaria clara, a estrada PO-403, con mellor nivel de servizo
- Con esta transferencia, o Concello poderá actuar sobre esta vía, que pasa a ser de titularidade municipal, de modo acorde coas súas características urbanas, e xa non serán de aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2017.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade dun treito da estrada PO-408, situado entre os pp.qq. 0+000 e 1+280, cunha lonxitude de 1,28 quilómetros, a prol do Concello de Salvaterra de Miño. https://goo.gl/uwP8nv.
A estrada PO-408, de 1,62 km de lonxitude, é un tramo antigo da PO-403, resultante do acondicionamento realizado esta estrada. O tramo que percorre o Concello de Salvaterra de Miño correspóndese co comprendido entre os pp.qq 0 e 1+280.
Cómpre lembrar que a Xunta levou a cabo un acondicionamento desta estrada, que incluíu a rectificación de trazado ao seu paso polo núcleo de Fornelos, tras o que se lle deu ao tramo antigo da vía a denominación de PO-408. Deste xeito, a PO-408 rexistra un tráfico principalmente local, posto que conta cunha alternativa viaria clara, a estrada PO-403, con mellor nivel de servizo.
A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou proposta favorable á transferencia de titularidade e o Pleno do Concello de Salvaterra de Miño aceptou o cambio de titularidade do mesmo.
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da comunidade autónoma e das entidades locais.
Con esta transferencia, o Concello poderá actuar sobre esta vía, que pasa a ser de titularidade municipal, de modo acorde coas súas características urbanas, e xa non serán de aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas.