A XUNTA APROBA A EXPROPIACIÓN DOS TERREOS NECESARIOS PARA A CONSTRUCCIÓN DE TRES TRAMOS DE SENDA NA ESTRADA PO-552, NOS CONCELLOS DE VIGO E NIGRÁN

  • Esta actuación, cun investimento de máis de 868.000 euros, está enmarcada no Plan de Sendas de Galicia, na comarca de Vigo, que contempla a execución de 12,5 km de novas sendas, cun orzamento global duns 5 millóns de euros
  • O primeiro tramo, entre Coruxo e Roteas, iníciase onde finalizan as beirarrúas en Coruxo e construirase senda polas dúas marxes ata o pavillón de deportes, continuando pola marxe dereita ata a zona inicial de San Miguel de Oia
  • O segundo tramo, na Estea, localízase na travesía de San Miguel de Oia, comezando no Pq. 5+600 e finaliza no 6+070, punto no que remata a travesía
  • O último treito iníciase no punto no que comeza a travesía de Priegue (Pq. 6+910) e remata no 7+500, onde conecta coas beirarrúas existentes nas Rexas

 

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2017.- A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) o aprobación de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos para a construción dun Itinerario peonil e ciclista na estrada PO-552, nos treitos Coruxo – Roteas, A Estea e Priegue, nos Concellos de Vigo e Nigrán. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/78P6lZ.

 

O obxecto da actuación é a construción dunha senda peonil e ciclista na estrada PO-552, en tres treitos situados entre os pp.qq. 3+280 e 7+500. O orzamento base de licitación do proxecto de construción é de máis de 868.000 euros, cofinanciada con fondos europeos FEDER para o período 2014 -2020.

 

O Decreto de Utilidade Pública comprende as expropiacións das 32 fincas necesarias para a execución de tres tramos de senda para uso peonil e de ciclistas na estrada PO-552 (Vigo – Tui), 25 delas no Concello de Vigo e 7 no de Nigrán.

 

O primeiro tramo, entre Coruxo e Roteas, iníciase no Pq. 3+280, onde finalizan as beirarrúas existentes en Coruxo, e construirase senda polas dúas marxes da estrada ata o Pq. 3+600, na zona do pavillón de deportes. Desde este punto seguirase pola marxe dereita ata o 4+440, punto situado na zona inicial de San Miguel de Oia.

 

O segundo tramo, na Estea, localízase na travesía de San Miguel de Oia, comezando no Pq. 5+600 e finaliza no 6+070, punto no que remata a travesía. Prevese a súa construción pola marxe dereita da estrada PO-552, xa que na esquerda xa existe beirarrúa.

 

O último treito iníciase no punto no que comeza a travesía de Priegue (Pq. 6+910) e remata no 7+500, onde conecta coas beirarrúas existentes nas Rexas. Proxéctase tamén pola marxe dereita da estrada.

 

A sección tipo consta dunha senda dun ancho mínimo de 1,8 metros separada da calzada por unha zona axardinada e os bordos de separación nos tramos nos que as características da estrada e as edificacións existentes o permiten.

 

Ademais da senda executaranse outras obras complementarias como a mellora das paradas de bus existentes nos tramos obxecto da actuación; a adaptación da intersección do Pq. 3+520 ao paso da senda, de modo que quedará habilitado un cambio de sentido para facilitar os xiros no sobreancho existente neste punto, e a mellora da drenaxe na curva do Pq. 7+100, nas Rexas.

 

Plan de Sendas

Este itinerario está enmarcado no Plan de Sendas de Galicia, concretamente na comarca de Vigo, onde a Axencia Galega de Infraestruturas executará aproximadamente 12,5 quilómetros de novas sendas, cun orzamento que se achega os 5 millóns de euros. A Xunta ten garantido o financiamento ao terse incluído estas actuacións no programa operativo de Galicia dos fondos europeos FEDER para o período 2014 -2020.

 

Concretamente, na estrada PO-552, o Plan de Sendas contempla varios itinerarios peonís e ciclistas. Así, no paseo marítimo existente en Baiona diferenciaranse os espazos destinados a peóns ciclistas na zona próxima ao Parador. O contrato de obras xa está adxudicado e está previsto iniciar os traballos no mes de setembro para non causar molestias ao importante número de usuarios do paseo nos meses de verán.

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: