A XUNTA DE GALICIA SORTEA AS PRAZAS DOS CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA MOZOS E MOZAS DE 9 A 17 ANOS

  • Enmárcanse na Campaña de verán 2017 da Consellería de Política Social, para a que se consignou un orzamento de 2,9 millóns de euros
  • Ademais dos campamentos, a Administración autonómica tamén ofrece campos de traballo, actividades para maiores de 18 anos e oferta concertada

 

Santiago, 26 de maio de 2017.- A Xunta de Galicia realizou hoxe o sorteo –ante notario- das 5820 prazas de campamentos para mozos e mozas de 9 a 17 anos que a Consellería de Política Social oferta no marco da Campaña de verán 2017. Estas convivencias terán lugar durante os vindeiros meses de xullo e agosto nun total de 22 albergues e campamentos de toda Galicia e a través dos intercambios coas comunidades do País Vasco, Castela e León, Estremadura, Madrid, A Rioxa e Cantabria. As listaxes resultantes do sorteo estarán dispoñibles a partir de mañá na web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

 

O total de prazas dispoñibles este ano nas instalacións galegas ascende a 6400, polo que as 580 restantes están reservadas para os participantes nos intercambios procedentes doutras comunidades ou países, para os menores en situación de tutela ou en garda pola Administración, mozos e mozas con discapacidade, fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero e descendentes da emigración.

 

Os campamentos contan con actividades de ocio educativo de diferentes temáticas como náutica, coñecemento do medio natural, dramatización e expresión cultural ou deportes multiaventura, e neste ano, a Xunta de Galicia consignou un orzamento de 2,9 millóns de euros destinado ao desenvolvemento dos mesmos.

 

Cómpre destacar que esta Campaña de verán é a máis inclusiva e importante dos últimos anos no que se refire a número de prazas ofertadas, xa que en total, son 9572, o que supón un incremento do 6% nas prazas dispoñibles con respecto ao ano pasado. Ademais dos campamentos, a Campaña de verán inclúe campos de traballo, actividades para maiores de 18 anos e a oferta concertada.

 

O desenvolvemento desta iniciativa leva aparellada un importante impulso ao emprego, xa que as empresas de ocio e tempo libre de Galicia darán traballo a máis de 900 monitores e directores de campamentos.

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: