A XUNTA INVISTE NOS RECURSOS PARA A INFANCIA E DE ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES NO CONTORNO FAMILIAR DO MUNICIPIO DE BAÑA

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse hoxe en San Caetano co primeiro edil deste concello coruñés, José Andrés García Cardeso

 

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde da Ba–a, JosŽ AndrŽs Garc’a Cardeso.

  • A Administración autonómica destinou case 35.000 euros á mellora das instalacións do Punto de Atención á Infancia, e incrementou en máis de 180 horas o Servizo de Axuda no Fogar

 

Santiago, 26 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe un encontro co alcalde da Baña, José Andrés García Cardeso, co fin de analizar as liñas de colaboración que manteñen no ámbito dos servizos e programas sociais. Esta xuntanza, que se desenvolveu nas dependencias administrativas da Xunta en San Caetano, é unha máis das que está a manter o titular de Política Social cos rexedores e rexedoras dos municipios das catro provincias de Galicia coa intención de seguir afondando no diálogo e coordinación entre administracións.

 

Despois da reunión, Rey Varela destacou o programa de investimentos extraordinarios en recursos de atención a menores de 0 a 3 anos xestionados polas corporacións locais que vén de executar o Goberno galego e que estivo dirixida, fundamentalmente, a poboacións rurais. Unha medida da que tamén se beneficiou o concello da Baña que recibiu unha achega económica de case 35.000 euros para a mellora do seu Punto de Atención á Infancia (PAI), que dá servizo ás familias de 20 nenos e nenas.

 

Así mesmo, o titular de Política Social subliñou o reforzo da atención ás persoas dependentes co recente incremento de 187 horas mensuais no Servizo de Axuda no Fogar (SAF), o que supón que na actualidade se superen neste municipio as 10.100 horas de prestación ao ano.

 

Por último, Rey Varela e o primeiro edil da Baña manifestaron a súa vontade de seguir afondando nas liñas de colaboración entre as dúas administracións co compromiso de buscar conxuntamente unha política social axeitada que se adapte as necesidades da devandita localidade

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: