Achega do Concello ao XIV Festival de Cans e investimento municipal na parroquia

O CONCELLO DO PORRIÑO ADICOU, EN TOTAL, MÁIS DE 30.000€ Á XIV EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS, E ACHEGARASE AOS 70.000€ DE INVESTIMENTO, MÁIS,  EN OBRAS XA REMATADAS OU A PUNTO DE EXECUTARSE, NA PARROQUIA  

O Concello do Porriño ven de facer un “importantísimo esforzo” para que o XIV Festival de Cans fose un éxito e os veciños, o público e os participantes-actores, directores, técnicos e invitados-  gozasen de catro días de cine e diversión.

As concellerías de Vías e Obras, Seguridade, Educación,  Cultura, Parques e Xardíns, ademais da propia Alcaldía, realizaron distintos traballos que requiriron un orzamentos que, sumados á aportación, novamente récord, de 18.000€ que o Goberno local aprobara no eido do convenio asinado cos representantes do festival, supoñen unha achega que supera, en conxunto ,os 30.000€ algo que non ten precedente nos catorce anos de historia do certame.

Este 2017, realizouse un investimento de máis de 3.000€ en presenza de axentes da Policía Local en diferentes lugares e eventos, coma visitas de escolares, regulación do tráfico, vixilancia ou cortes de circulación, durante os días de duración do Festival.

A Concellería de Vías e Obras asumiu unha cantidade semellante na colocación, retirada, aluguer e transporte de 380 valos e pranchas de aceiro, ademais do dispositivo de Protección Civil que estivo en servizo as 24 de cada un dos días de duración do certame.

A Concellería de Limpeza afrontou un custo de 4.106€ polo acondicionamento da zona central de Cans: Rotonda do can, o aparcadoiro ou a presenza do  servizo municipal de limpeza no torreiro de Cans os días do festival-a primeira hora da mañá do sábado 27, deixando todo limpo ás 9 cando empezou a ruta de sendeirismo, e do domingo 28 de maio, á mesma hora antes do comezo da misa-. Ademais, o Concello aportou 6 colectores de lixo extra na zona do torreiro e retirou os refugallos do camiño de baixada ao río. Por último, esta mesma concellería realizou a montaxe e desmontaxe de varios escenarios, dependendo de Parques e Xardíns o encargo e colocación do ‘Canseto’, na  Praza de Antonio Palacios.

Os días 24,15 e 26 de maio, estudantes e profesores asistiron, nos mesmos alpendres e adegas que fixeron de sas de cine durante o Festival, a varios debates e ao pase de distintas películas: o Concello colaborou nesta actividade poñendo os autobuses nos que se desprazaron alumnos e profesores ata a parroquia de Cans. A eles sumáronse, este ano, representantes da Comunidade dos  concellos franceses de Burdeos, de viaxe oficial no Porriño.

A esta actividades hai que engadir a participación de 8 centros da vila no proxecto ‘Debuxa Cans’, sobre tema libre co ‘espírito’ de que “todos xuntos facemos o festival”. Así mesmo, tamén fixeron xuntos o ‘decorado’ do festival e os seus traballos, antes de rematar en Cans, coincidindo coa proxección das películas, estiveron expostos na ‘rúa’ peonil do Porriño, pendurados en faixas dos farois da rúa peonil. A realización destas dúas actividades supera os 2.250€ de investimento.

Investimentos na parroquia que se achegan aos 70.000€

Ao mesmo tempo, e cumprindo co compromiso que a alcaldesa, Eva García de la Torre, asumirá hai apenas un mes coa Asociación de Veciños, quedou colocado no Torreiro, un novo bando de madeira, ao que o Concello destinou uns 6.000€.

A Concellería de Seguridade retirou o enreixado que rodeaba o aparcadoiro situado preto da Rotonda do Can, quitando a malla e os postes e substituíndo os mesmos por un ‘peche’ de árbores.

Persoal da Concellería de Limpeza rozou as silveiras e fixo unha limpeza completa do Camiño do cemiterio ou o Camiño do Cruceiro, ata o Castillo e o Parque do Río, entre outros lugares da parroquia, labores que seguirán nos vindeiros días.

Por último, a Deputación de Pontevedra ven de aprobar, con cargo ao Plan Concellos 2017, a solicitude feita polo Concello do Porriño para a mellora do Camiño A Pedreira, unha antiga demanda dos veciños.

Os traballos, que serán asumidos pola Concellería de Vías e Obras, dacordo coa resolución da Deputación, remitida ao Concello do Porriño, disporán dun orzamento total ademais de  56.200 euros .

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: