A XUNTA CONSOLIDA O APOIO AOS MAIORES CON RESPONSABILIDADES PARENTAIS CON 32 NOVAS ESCOLAS DE AVÓS E AVOAS COIDADORES

A Consellería de Política Social e a Cruz Vermella asinaron hoxe un novo convenio de colaboración que dá continuidade a esta iniciativa pioneira en Galicia

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, asinar‡ un convenio de colaboraci—n con Cruz Roja para o desenvolvemento dun programa de apoio e reco–ecemento aos av—s e avoas educadores.

  • O orzamento para o desenvolvemento do programa practicamente se multiplica por dous en comparación ao ano 2016, chegando aos 106.000 euros
  • Beneficiáranse preto de 500 avós e avoas e arredor de 650 netos e netas
  • O obxectivo pasa por proporcionarlles a formación e habilidades necesarias para colaborar na educación dos menores, ao tempo que se favorece a conciliación e a cohesión familiar

 

Santiago, 29 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e a presidenta de Cruz Vermella, María del Carmen Colmeiro Rojo, asinaron hoxe un convenio de colaboración que dá continuidade e consolida o programa de apoio e recoñecemento aos avós e avoas coidadores. O obxectivo desta iniciativa é proporcionar ás persoas maiores, a través de escolas de avós e avoas educadores, o soporte social, a formación e as habilidades para educar adecuadamente aos seus netos e netas.

 

Rey Varela destacou a boa acollida que este programa tivo entre os maiores que participaron na primeira edición, que se puxo en marcha maneira experimental nos últimos tres meses do ano pasado nos centros sociocomunitarios da Xunta das sete grandes cidades de Galicia. De feito, a elevada participación (192 persoas) e os resultados positivos levan á Consellería de Política Social a reforzar  economicamente o programa, dotándoo este ano con 106.000 euros, practicamente o dobre que en 2016. Así mesmo, nesta nova edición tamén se prevé que se dupliquen o número de escolas, alcanzando as 32, nas que estima que participarán  preto de 500 avós e avoas e das que se poderán beneficiar arredor de 650 netos e netas.

 

O responsable da área social do Goberno galego subliñou que “os avós son a principal fonte de apoio para a conciliación da vida familiar e laboral, así como de apoio social cando, por diferentes problemáticas, os pais non poden facerse cargo dos seus fillos”. Ao respecto, indicou que esta responsabilidade, sobre todo cando se desenvolve todos os días e de maneira continuada no tempo, “pode converter o que debería ser unha relación pracenteira nunha experiencia conflitiva ou nun factor de estres, o que ten consecuencias na calidade de vida tanto das persoas maiores como dos nenos ás cales queremos evitar con este programa”.

 

Así, nas escolas de avós e avoas coidadores os participantes teñen unha atención individualizada, promóvense hábitos de autocoidado, organízanse actividades interxeracionais de carácter lúdico-educativo e constitúense grupos de axuda mutua. Así mesmo, oriéntaselles no proceso educativo, capacítaselles con habilidades específicas para o manexo de situacións cotiás na educación dos menores que teñen ao seu cargo e dispoñen dunha atención individualizada dirixida a detectar necesidades específicas e establecer intervencións integrais de axuda á familia en caso de ser necesarias.

 

Esta iniciativa enmárcase dentro das actividades promovidas pola Xunta de Galicia para abordar o reto demográfico e no marco dunhas políticas transversais que implican a todos os departamentos autonómicos. Nesta liña, a Consellería de Política Social está a desenvolver o Programa de apoio á natalidade (PAN) que conta cun eixo específico en materia de conciliación e que contempla medidas como o incremento de prazas na rede autonómica de escolas infantís de 0 a 3 anos, o Bono Concilia e o Bono Coidado, as Casas Niño ou a Tarxeta Benvida, entre outras.

 

Asemade, as escolas de avós e avoas coidadoras tamén responden á Estratexia Galega de Envellecemento Activo 2016-2020, xa que se recoñece o labor das persoas maiores como parte activa da sociedade.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: