A XUNTA DE GALICIA INTENSIFICA A COLABORACIÓN COAS ENTIDADES SOCIAIS NO ÁMBITO DA INCLUSIÓN DAS PERSOAS MÁIS DESFAVORECIDAS

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe en Vigo as instalacións da Asociación Freixeiro Axuda O Necesitado

  • O responsable da área social do Goberno galego encomiou “o traballo que realizan todos os días a pé de rúas as asociacións que procuran mellorar a situación da xente con menos recursos e máis vulnerable, como é o caso desta entidade”

 

Vigo, 30 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá as instalacións da Asociación Freixeiro Axuda O Necesitado (AFAN Freixeiro), cuxa actividade asistencial está dirixida principalmente ao reparto de alimentos, roupa e outras achegas de primeira necesidade. O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente, e o delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves Castro tamén participaron no percorrido polas instalacións desta entidade e no posterior encontro cos responsables da mesma.

 

Rey Varela subliñou “o traballo que realizan todos os días a pé de rúa as asociacións que procuran mellorar a situación das persoas con menos recursos e máis vulnerables, como é o caso de AFAN Freixeiro”. Neste sentido, indicou que o Goberno galego reforzará a súa colaboración con estas entidades para dar unha mellor resposta ás súas demandas e facilitar un prazo maior para executar as súas iniciativas e programas.

 

Por último, o conselleiro lembrou o esforzo económico da Xunta en materia de inclusión, que experimentou un novo incremento orzamentario neste exercicio de 2017 ata superar por primeira vez os cen millóns de euros, o que supón unha subida do 48% nos últimos oitos anos.  “Consolidar os recursos que destinamos a políticas de inclusión social é unha obriga para un goberno sensible e responsable que non quere que ningún cidadán quede atrás no camiño da recuperación”, apuntou.

 

AFAN Freixeiro presta axuda e recursos a persoas que se encontran nunha situación económica ou social precaria ou de desamparo. A entidade, presidida na actualidade por Hortensia González, fundouse no ano 1986 e ao longo deste tempo colaborou con centros de toxicómanos, mulleres maltratada e familias sen recursos económicas. A Xunta de Galicia vén subvencionando as actuacións desta asociación dende 2008, outorgándolle o ano pasado unha achega de 47.500 euros.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: