A XUNTA DE GALICIA OFRECE A SÚA COLABORACIÓN AO CONCELLO DE SANTA COMBA PARA A POSTA EN MARCHA DUN PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN PARA O COLECTIVO DE MAIORES

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe unha xuntanza en San Caetano coa alcaldesa do municipio coruñés, María Josefa Pose Rodríguez

 

  • Ambos mandatarios trataron outros asuntos de índole social que afectan á localidade, como as obras de mellora realizadas nesta instalación ou o incremento de horas do Servizo de Axuda no Fogar Dependencia

 

Santiago, 29 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continúa a manter encontros periódicos cos rexedores e rexedoras de Galicia para avanzar, desde o consenso e a colaboración, nas liñas de actuación en materia social encamiñadas a atender ás persoas e familias máis vulnerables e que máis precisan da axuda das administracións públicas. Na xornada de hoxe Rey Varela entrevistouse no seu despacho de San Caetano coa alcaldesa de Santa Comba, María Josefa Pose Rodríguez, con quen abordou asuntos de índole social que afectan a esta localidade coruñesa.

 

Neste sentido, ambos mandatarios abordaron a posibilidade de colaborar de xeito conxunto na realización dun programa de dinamización para o colectivo de maiores. “Debemos promover e facilitar que os nosos maiores manteñan un estilo de vida activo a través de actividades orientadas a manter e potenciar as súas capacidades intelectuais, físicas e creativas”, explicou o conselleiro durante o encontro.

 

Por outra banda, o responsable da área social do Goberno galego informou do incremento de 1251 horas ao mes na prestación de SAF Dependencia para sumar un total de 34.008 horas anuais de servizo. “O obxectivo é conseguir todas as melloras posibles na calidade de vida das familias e das persoas dependentes, para o que continuamos a incorporar de maneira progresiva a máis persoas aos diferentes servizos que integran o sistema autonómico de atención”, indicou Rey Varela.

 

O conselleiro e a primeira edil, abordaron tamén outros temas de índole social para conseguir coordinar unha estratexia a nivel autonómico e local que supoña unha mellor optimización dos recursos dos que dispoñen as administracións coa finalidade de acadar todas as melloras posibles na calidade de vida dos galegos e galegas.

 

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: