A XUNTA PON EN VALOR OS PROXECTOS DE INCLUSIÓN E EDUCACIÓN NON FORMAL PARA A MOCIDADE DESENVOLVIDOS A TRAVÉS DO ERASMUS+

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado celebrou hoxe no Espazo Xove de Noia unha xornada sobre o 30 aniversario deste programa europeo

 

  • A responsable do departamento autonómico de Xuventude, Cecilia Vázquez Suárez, destacou a importancia de impulsar no marco europeo a formación non formal dos mozos e mozas con máis dificultades
  • Galicia é unha das comunidades autónomas máis activas dentro do Erasmus+, tanto polo número de proxectos presentados e aprobados como nos fondos recibidos pola Unión Europea para contribuír ao desenvolvemento dos mesmos
  • Na primeira quenda deste ano 2017 os programas aprobados ascenden xa a 21, cun orzamento superior aos 340.000 euros

 

Noia (A Coruña), 30 de maio de 2017.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, destacou hoxe o valor dos proxectos europeos de inclusión desenvolvidos desde Galicia para a mocidade no transcurso dunha xornada conmemorativa do 30 aniversario do programa “Erasmus+: Xuventude en Acción”. Este encontro, que tivo lugar no Espazo Xove de Noia, serviu para que tanto entidades como mozos e mozas compartiran experiencias en programas de voluntariado e de educación non formal.

 

Na inauguración da xornada, Cecilia Vázquez, subliñou a importancia das boas prácticas e dos bos proxectos apoiados pola Administración autonómica e impulsados por colectivos como Cogami, a Fundación Paidea ou Don Bosco, entre outros, para que “mozos e mozas con especiais dificultades poidan tamén participar nas experiencias europeas de educación non formal que fomentan entre a xuventude a adquisición de habilidades e competencias que lles enriquecerán tanto no ámbito persoal como no profesional e laboral”.

 

O acto desta mañá no municipio coruñés de Noia, é unha ocasión para que entidades e persoas que traballan en proxectos de inclusión compartan coñecementos, obteñan información e asesoramento sobre as oportunidades que ofrece o “Erasmus+: Xuventude en Acción”. Así, as actividades programadas inclúen o relatorio “30 anos compartindo experiencias de participación en Erasmus+. A inclusión nos proxectos Erasmus+”, un panel de experiencias e unha zona expositiva con material gráfico e audiovisual sobre os proxectos. Ademais, hai un punto de información e asesoramento sobre calquera tema relacionado coa participación neste programa europeo.

 

O Erasmus+, con vixencia ata o 2020, ten entre os seus obxectivos específicos mellorar o nivel de aptitudes e competencias dos mozos e mozas así como promover a cooperación para a innovación, a participación na vida democrática en Europa e no mercado de traballo e conseguir unha cidadanía máis activa. Así mesmo, busca impulsar o diálogo intercultural, a solidariedade e a inclusión social.

 

Galicia, segundo recordou Cecilia Vázquez, é unha das comunidades autónomas máis activas dentro do Erasmus+, tanto polo número de proxectos presentados e aprobados como nos fondos recibidos pola Unión Europea para contribuír ao financiamento da posta en marcha dos mesmos. Só no ano 2016 saíron adiante en Galicia 42 proxectos nos que participaron arredor de 1410 mozos e mozas cun orzamento total de 729.914 €, sen prexuízo dos proxectos aprobados noutros países europeos e nos que organizacións e mozos e mozas galegos participan activamente. Esta primeira ronda do 2017 os programas aprobados ascenden a 21,cun orzamento superior aos 340.000 euros.

 

A Xunta de Galicia é ademais, a comunidade que primeiro optou por recoñecer a experiencia e coñecementos adquiridos neste programa cun certificado oficial no que se validan as competencias asumidas, contribuíndo así a mellorar as posibilidades de emprego da mocidade galega.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: