A XUNTA DE GALICIA PON EN MARCHA A CAMPAÑA 37MIL SORRISOS PARA PREVIR E DETECTAR ABUSOS SEXUAIS EN MENORES

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, presentou hoxe en rolda de prensa a iniciativa

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, presentar‡ en rolda de prensa a campa–a Ò37mil SorriSOSÓ.

  • Está dirixida a pais, nais e a profesionais do ámbito educativo e sanitario, así como ao persoal dos servizos sociais, xa que eles adoitan ser os primeiros que detectan posibles casos de abuso
  • A iniciativa comprende o protocolo INO baseado na prevención, observación, mantemento da calma e movemento
  • Este domingo representarase a obra teatral Pum, pum! en Ourense que transmite que ninguén pode obrigar aos pequenos a facer algo que non queren
  • O espectáculo percorrerá a partir de setembro as principais cidades galegas para que poida ser vista polos escolares
  • Esta problemática podería afectar a un de cada cinco menores en Galicia

 

Santiago, 31 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, presentou hoxe no Museo Pedagóxico de Galicia a campaña “37mil sorriSOS”, unha iniciativa coa que se busca previr e detectar os abusos sexuais en menores, así como que aqueles que foron vítimas, poidan superar esta traumática situación.

 

Un de cada cinco menores en Galicia podería ser vítima de abusos sexuais na infancia. “Este dato reflicte con impacto a problemática á que nos enfrontamos, por iso poñemos a andar esta campaña, para que ningún menor máis perda o sorriso”, apuntaba o conselleiro ao tempo que lembraba que o Consello de Europa poñía en marcha no ano 2010 unha campaña para frear a violencia sexual contra os nenos, as nenas e os adolescentes denominada “Un de cada cinco” e á que a Xunta de Galicia se sumaba no ano 2014. “Hoxe queremos dar un paso máis para alertar desta realidade á sociedade civil, aos medios de comunicación e a todas aquelas entidades ou profesionais que traballan pola infancia, para que todos xuntos loitemos contra esta lacra social”.

 

“37mil sorriSOS” ten un carácter eminentemente dixital, xa que se divulgará a través das redes sociais e da páxina web do departamento autonómico. Os destinatarios desta iniciativa son os pais e nais e os profesionais do ámbito educativo e sanitario, xa que eles adoitan ser os primeiros que detectan posibles casos de abuso. Todos eles, e calquera persoa interesada, poderá consultar o protocolo de INO, creado ao abeiro desta campaña e baseado en catro liñas fundamentais: previr, observar, manter a calma e moverse notificando e avaliando cada caso da man dun profesional especializado.

 

Así, para garantir o benestar e o sorriso dos nenos e nenas débese informar con claridade aos menores dos riscos, educar sen tapuxos, rigor e transparencia; observar e falar con eles; escoitalos sen interrogar e obter  a súa confianza sen xulgar. Tamén “debemos actuar ante calquera sospeita de abuso mantendo a calma e apoiando sempre ao menor e debemos notificar todo indicio de abuso deixando que sexa un profesional cualificado quen avalíe o risco”, afirmou Rey Varela.

 

No marco de 37mil sorriSOS estase a ultimar o conto Ino e o ladrón de sorrisos. O relato ten como protagonista a Inocencio ou Inocencia, un menor sen culpa de ningún tipo (é importante facer saber este punto ao neno ou nena) que plantexa á súa nai unha serie de situacións relacionadas co abuso. Está redactado dun xeito moi sinxelo para que os nenos e nenas o poidan comprender, “pero ao mesmo tempo é moi revelador e expón de xeito moi claro e evidente certas situacións polas que pasan os menores que sofren abusos”, indicou o titular autonómico. Os nenos e nenas sempre perciben que algo malo está sucedendo, aínda que non poden darlle significado. Por elo, esta publicación dixital tamén porá de manifesto a importancia de que o menor teña unha persoa adulta de total confianza á que recorrer cando se produza unha situación preocupante ou estraña para o neno ou nena. O conto estará dispoñible nas próximas semanas na páxina web da Consellería de Política Social.

 

Ademais da parte dixital, a Consellería de Política Social tamén fará visible a campaña a través do espectáculo teatral Pum, pum!, da compañía Baobab Teatro, que fala de historias cotiás que lles pasan aos menores pero que tamén transmite unha mensaxe moi clara que é que ninguén pode obrigalos a facer cousas que non queren. A primeira representación terá lugar este mesmo domingo 4 de xuño ás 12,00 horas no Auditorio de Ourense. A partir do mes de setembro, a obra percorrerá as principais cidades galegas para que os escolares poidan vela.

 

Rey Varela fixo fincapé na importancia de “estar alerta” ante calquera posible situación de abuso e “esperamos que coa campaña 37mil sorriSOS se dea un paso máis na erradicación desta lacra que afecta ao máis prezado da nosa sociedade, os máis pequenos”, subliñou.

 

Finalmente, o conselleiro de Política Social lembrou que a Xunta de Galicia dispón dun servizo telefónico de atención ao menor, que é o 116 111, de carácter gratuíto e que funciona todo o ano, as 24 horas do día. Atendido por profesionais, poden dirixirse tanto aqueles nenos ou nenas que nalgún momento se sintan maltratados por outra persoa, necesiten axuda o simplemente queiran falar daquelo que lles preocupa, como aquelas persoas que saiban ou sospeiten que algún menor poida estar sendo maltratado ou non estar sendo correctamente atendido.

 

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: