A XUNTA DEFENDE A COORDINACIÓN SOCIOSANITARIA PARA PRESTAR UNHA ATENCIÓN INTEGRAL AOS AFECTADOS DE ESCLEROSE MÚLTIPLE

A directora xeral de Familia, Amparo González, inaugurou hoxe o primeiro foro sobre esta patoloxía organizado por Fegadem e a Sociedade Galega de Neuroloxía

 

  • A xornada, que coincide coa celebración do Día Mundial da Esclerose Múltiple, serviu como punto de encontro e de debate sobre os avances producidos nos últimos anos neste ámbito, así como tamén para dar visibilidade, concienciar e sensibilizar ao respecto desta doenza

 

Santiago, 31 de maio de 2017.- A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, Amparo González Méndez, defendeu hoxe a importancia da coordinación sociosanitaria na atención ás persoas afectadas de esclerose múltiple. Así o dixo durante a inauguración do primeiro foro sobre esta patoloxía organizado pola Federación Galega de Esclerose Múltiple (Fegadem) e a Sociedade Galega de Neuroloxía e que se celebrou nas instalacións do edificio Cersia, en Santiago de Compostela.

 

Na súa intervención, Amparo González subliñou a importancia desta xornada, que ten lugar coincidindo co Día Mundial da Esclerose Múltiple, como punto de encontro e de debate sobre os avances nos últimos anos no ámbito da esclerose múltiple, así como tamén para dar visibilidade, concienciar e sensibilizar ao respecto desta patoloxía. Ao respecto, indicou que se ben os adiantes en investigación médica posibilitou acadar un aumento do diagnóstico precoz e un desenvolvemento de novas terapias máis eficaces, “cómpre seguir traballando, investigando, innovando e prestando unha atención multidisciplinar e integral a todos os afectados”.

 

Ademais, a responsable do departamento autonómico de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica insistiu en que afondar na coordinación das áreas sociais e sanitarias é unha das liñas nas que está a traballar a Xunta para dar un servizo máis específico e permitir un mellor seguimento das persoas con esclerose múltiple. “Desde o Goberno galego, da man coas entidades, queremos camiñar cara programas de rehabilitación sociosanitarios que tamén teñan en conta aspectos como a accesibilidade ou a inclusión”, manifestou.

 

Por último, Amparo González felicitou a Fegadem e a Sociedade Galega de Neuroroloxía por levar a cabo este foro, dirixido tanto a persoas afectadas de esclerose múltiple como a profesionais do ámbito, posto que debe servir para “avanzar no deseño de tratamentos integrais máis axeitados que ofrezan unha maior calidade de vida aos afectados, dando resposta ás necesidades de prevención e garantindo un futuro mellor ás persoas diagnosticadas con esta patoloxía”, concluíu.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: