A XUNTA VISITA AS OBRAS DAS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DE REDONDELA

  • A convocatoria, que se puxo en marcha por primeira vez o pasado ano, contou para 2017 cun orzamento de case 1,5 millóns de euros
  • A directora xeral de Administración Local e o delegado na área territorial comprobaron de primeira man as melloras realizadas polas asociacións Alvedosa de Reboreda e Eidos de Quintela na localidade pontevedresa

 

Redondela (Pontevedra), 31 de maio de 2017.- A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitaron hoxe as obras de mellora en dous das asociacións veciñais de Redondela que resultaron beneficiarias da orde de axudas destinada a apoiar os proxectos impulsados por estas entidades. No acto estiveron acompañados polo alcalde desta localidade pontevedresa, Javier Bas, membros do Goberno local, o deputado popular Alberto Pazos e varios representantes das asociacións.  

 

Durante a súa visita, Fernández-Tapias e López-Chaves puideron comprobar de primeira man as melloras realizadas polas asociacións Alvedosa de Reboreda, á que se lle concedeu unha axuda de 14.938,66 euros para o asfaltado no camiño Rabadeira e estrada de Pazos de Reboreda, e Eiros de Quintela, cun total de 14.480,80 euros dedicados á adecuación e arranxo do vial Frandes-Quintela.

 

A convocatoria de axudas, que Vicepresidencia da Xunta puxo en marcha por primeira vez o ano pasado, dispón para 2017 dun orzamento de case millón e medio de euros, o que permitirá ás máis de 130 entidades beneficiarias realizar investimentos, tanto de obra coma de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou dos cales lles corresponda o dereito de uso; así coma en camiños e traídas de augas veciñais coa finalidade de mellorar a prestación dos servizos de interese dos habitantes da contorna, mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles.

 

Deste xeito, contribúese a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza, xa que todas estas organizacións traballan moi apegadas á cidadanía e ás súas demandas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: