ACTOS DETRÁS DO MARCO DÍAS 1 E 3 DE XUÑO

MAÑÁ 1 DE XUÑO, PRESENTACIÓN DO LIBRO CALENDARIO, DE MANUEL JANEIRO

 

Vigo, 31 de maio de 2017. O xoves 1 de xuño, ás 20:30 horas, celebrarase en Detrás do Marco a presentación do libro de poemas‘Calendario’, de Manuel Janeiro e editado por El Cercano. No acto o autor estará acompañado por Damián Villalaín e Fernando Bartolomé.

 

“Calendario é una obra orixinal, fermosa e implacable.A obra dun poeta de dilatada experiencia e lúcida inspiración, posuidor dunha linguaxe moi persoal e dunha enorme autoridade literaria”, destaca o escritor Manuel Rodríguez Álvarez.

 

Manuel Janeiro, nado en Madrid no ano 1951 aínda que vive en Vigo dende hai máis de tres décadas, é licenciado en Psicología. A súa longa vida como educador non lle impediu adicarse a varios campos de creación. Ten varias obras publicadas como poeta e narrador. Deseñador gráfico responsable da imaxe das editoriais Galaxia (1978-2013) e Gredos (1990-2006), realizou tamén diversos documentais a partir dos seus propios guións.

 

 

Día: 1 de xuño

Hora: 20:00 horas

Lugar: Detrás do Marco (R./ Londres, s/n)

 

 

 

 

O SÁBADO 3 DE XUÑO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN O LIBRO EXPANDIDO

 

 

O sábado 3 de xuño inaugúrase ás 20.00 h. no café cultural Detrás do Marco de Vigo, a exposición  “O libro expandido. Experiencias e reflexións en torno ao libro de artista”. A mostra  permanecerá no local do 3 ao 30 de xuño.

 

A mostra recolle unha selección dos proxectos realizados polos alumnos asistentes a un Taller permanente sobre Libros de artista impartido por Lucía Romaní no Centro Kurari (Praza da Vila de Bouzas, 10, 1º, Vigo) durante os dous últimos anos, nos que o libro –como espazo de pensamento e reflexión plástica – convírtese nun punto de partida para a aprendizaxe e a experimentación artística. Dito evento contará cunha acción-instalación aberta ó público asistente, que poderá participar activamente na construción dunha obra colectiva.

 

 

 

 

Día: 3 de xuño

Hora: 20:00 horas

Lugar: Detrás do Marco (R./ Londres, s/n)

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: