Obradoiros Biblioteca Municipal do Porriño

A BIBLIOTECA MUNICIPAL ORGANIZA O OBRADOIRO PARA NENOS, ‘COIDEMOS O MAR, PODEMOS!’, NO QUE PARTICIPARÁN DÚAS INVESTIGADORAS DO CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO, PERTENCENTE AO INSTITUTO DE OCEANOGRAFÍA

Os nosos mares están en perigo, pero nós podemos facer moito para conservalos. A Biblioteca Municipal do Porriño, sensibilizada co respecto ao medio ambiente, quere contribuír a protexelos, e para iso actúa dende o ámbito da información e a formación.

Por iso, organiza o vindeiro luns, día 5 de xuño, coincidindo co ‘Día Mundial do Medio Ambiente’, o obradoiro infantil “Coidemos o mar, podemos!” .

Para iso a Biblioteca contará coa colaboración do Centro Oceanográfico de Vigo, pertencente ao Instituto Español de Oceanografía, que está a celebrar os seus 100 anos de historia. As investigadoras do IEO, María Sainza e Esther Román, coordinarán esta actividade onde se tentará ensinar, de forma divertida, como coidar e conservar o mar a través  do  coñecemento científico -bioloxía, vida mariña- e da presentación de accións que leven á conservación e sustentabilidade dos mares, evitando a contaminación -plásticos, ecosistemas vulnerables, educación responsable-.

Trátase dunha actividade gratuíta e aberta para público infantil entre 8 e 13 anos. Desenvolverase na biblioteca o luns de 6 a 7 e media da tarde. Para participar é necesario ser socio/a da biblioteca e inscribirse previamente, de forma presencial ou chamando por teléfono (986337624). As prazas son reducidas e cóbrense por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas no Porriño.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: