Archive | junio 2017

A CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS DESTACA OS AVANCES NUNHA REUNIÓN FRUTÍFERA COS SINDICATOS CENTRADA EN GARANTIR O EMPREGO

  • A Consellería espera que na próxima xuntanza se poidan acadar solucións definitivas e favorables para todas as partes
  • O Goberno galego salienta que o Plan de transporte público é a única alternativa viable e legal para garantir os empregos, o transporte no rural, con garantías para os escolares e para as pequenas e medianas empresas  

 

Santiago, 30 de xuño de 2017.- A Xunta de Galicia mantivo hoxe unha reunión de case cinco horas de duración cos portavoces de UGT, CCOO e CIG, participantes na folga de autobuses, que para a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, resultou frutífera e na que se deron avances sustanciais e moi importantes para garantir o emprego no sector grazas ao Plan de Transporte Público de Galicia que está preparar o Executivo autonómico.

 

Ethel Vázquez explicou que se traballou na proposta da Xunta que garante a estabilidade dos empregos e que propón incluír nos novos contratos de transporte público a obriga de subrogación dos traballadores.

 

A responsable de Infraestruturas do Goberno Galego explicou que este Plan trae ventaxas para todos, tanto para os veciños do rural, as medianas e pequenas empresas, os nenos e para os traballadores.

 

A Consellería e os sindicatos manterán unha nova xuntanza o vindeiro luns, á 16,00 horas, e despois da que, previamente, celebrarán coa patronal,polo que se espera que nesa xornada se poidan acadar solucións definitivas e favorables para todas as partes.

 

O Goberno galego mantén que o Plan de transporte público é a única alternativa viable e legal para garantir os empregos, o transporte no rural, con garantías para os escolares e para as pequenas e medianas empresas.

 

A primeira fase do Plan de transporte público entrará en vigor o próximo mes de agosto, cando se materialicen as renuncias das empresas a seguir prestando boa parte das liñas de autobús de pasaxeiros de Galicia.

 

Este Plan, resultado dun procedemento avalado pola Comisión Europea, supón o avance da reordenación integral dos servizos de transporte na Comunidade para garantir a súa existencia ata o ano 2019.

 

O Plan ordena as concesións de servizo de transporte público nun conxunto de contratos zonais eficientes, economicamente viables e que multiplican as posibilidades de mobilidade no medio rural ao abrir ao uso xeral as prazas vacantes do transporte escolar, na liña dos sistemas que xa funcionan noutras comunidades autónomas. Os itinerarios dos alumnos permanecerán intactos e se reforzará a seguridade dos escolares mediante a inclusión dun acompañante en todas as liñas de uso compartido.

MAÑÁ 1 DE XULLO, INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DUCKMAN DE BLANCA CEBRIÁN

Mañá 1 de xullo (20:00 horas) celebraremos a inauguración da exposición fotográfica Duckman de Blanca Cebrián Santorio, que permanecerá no local ata o día 5 de agosto.

Duckman, que está formada por 23 fotografías,  foi realizada entre novembro de 2016 e febreiro de 2017. Segundo explicou a creadora “esta obra representa os problemas que temos cada uno no noso  día a día e que aínda que non queiramos  sempre veñen con nós. Estes problemas están representados nos patiños de goma que van seguindo ao noso protagonista vaia onde vaia”.

A autora viguesa estudou na Escola de Imaxe e Son de Vigo (ciclo superior en iluminación, captación e tratamento da imaxe) entre 2014 e 2016. Ademais foi finalista no Concurso Ignacio de las Cuevas de creatividad artística (2017) e participou no Concurso da Rapa das Bestas de Sabucedo 2016.

 

Día: 1 de xullo

Hora: 20:00 horas

Lugar: Detrás do Marco

A XUNTA REAFIRMA O SEU COMPROMISO CO CENTRO DE SAÚDE DE PORRIÑO NO QUE SE EXECUTARON NOTABLES MELLORAS ESTRUCTURAIS

  • O representante do Goberno na área territorial de Vigo, Ignacio López-Chaves, defende que a aposta pola Sanidade pública non se limita unicamente a melloras nas instalacións sanitarias, senón tamén a un reforzo no cadro de persoal  
  • A recente incorporación dun sistema de climatización, xunto cunha nova Sala de Observación no Punto de Atención Continuada (PAC) son algunhas das novas dotacións

 

Vigo, 30 de xuño de 2017.-  O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, quixo destacar hoxe o esforzo inversor do Goberno galego nunha área, a sanitaria, que se considera prioritaria e que supón preto do 42% do orzamento global da Xunta. A carteira acada este ano a cifra de 3.614 millóns de euros. Un compromiso que, indicou, non se limita unicamente a melloras nas instalacións sanitarias, senón que tamén se reforza o cadro de persoal.

 

Neste contexto, recordou as recentes melloras no centro de saúde de Porriño, destinadas a incrementar os seus recursos físicos e humanos. Así, a xerencia da área sanitaria de Vigo dotou ao centro dun sistema de climatización, dando resposta ás demandas de profesionais e usuarios, que nos meses de verán tiñan que soportar altas temperaturas, dadas as especiais características arquitectónicas deste edificio sanitario. Trátase dun inmoble deseñado en torno a unha galería acristalada moi exposta á luz solar, que absorbe e condensa de tal xeito a calor, que todas as medidas adoptadas con anterioridade para minimizar o seu impacto (equipos de refrixeración “pingüíns”, instalación dos filtros solares, etcétera) resultaron insuficientes.

 

Por este motivo, tras realizar o estudo técnico correspondente, adoptouse unha solución definitiva, a instalación centralizada de aire acondicionado nas áreas de consultas. Esta medida tense demostrado eficaz, mellorando considerablemente as condicións de traballo do persoal e a confortabilidade da atención aos usuarios.

 

Tamén cómpre subliñar a dotación dunha nova Sala de Observación no Punto de Atención Continuada (PAC), dispositivo con 4 postos de atención, que incrementa de xeito considerable a calidade asistencial ofertada neste servizo.

 

Máis profesionais sanitarios

No referido  aos recursos humanos, o cadro de persoal deste centro de saúde experimentou nos últimos meses un incremento de efectivos, coa incorporación de dous novos profesionais: un pediatra e unha enfermeira. “Deste modo o PAC conta a día de hoxe con dous equipos completos de atención, conformados por un médico e unha enfermeira cada un deles”, salientou López-Chaves, ao tempo que recordou que, en xeral, o servizo de Atención Primaria de Porriño conta con 66 profesionais.

 

No que vai de ano, no centro atendéronse máis de 96.000 consultas: aos médicos de familia, 51.933; os  pediatras, 9.105; e os profesionais de enfermaría, 35.124 . Destas 96.000 mil atencións sanitarias, un milleiro delas foron realizadas no domicilio dos pacientes. A estas se lle suman as urxencias atendidas no PAC que ascenden, neste mesmo período, a 13.673 pacientes.

 

Premio á xestión sanitaria

O delegado da Xunta en Vigo fixo fincapé en que este esforzo orzamentario dos últimos anos xunto a aposta por mellorar as dotacións sanitarias tivo onte en Madrid recoñecemento, en alusión ao galardón recollido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pola súa labor á fronte da sanidade pública galega na entrega dos XIII Premios á Administración sanitaria da revista Sanitaria 2000. Tamén o Servizo Galego de Saúde foi recoñecido por esta publicación na categoría de Innovación.

A XUNTA PON EN MARCHA UN NOVO PROGRAMA DE VOLUNTARIADO SOCIAL DIRIXIDO AOS MAIORES QUE VIVEN SÓS NOS SEUS FOGARES

  • O obxectivo é contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas maiores, favorecer o seu protagonismo en actividades sociais e propiciar as relacións interxeracionais
  • A acción de acompañamento desenvolverase un máximo de 3 días á semana que non poderán sumar no conxunto dun mes natural máis de 8 días e no total do programa os 20. Ademais, en ningún caso esta actividade suporá a asunción de tarefas de carácter asistencial ou de axuda no fogar

 

Santiago, 30 de xuño de 2017.- A Consellería de Política Social pon en marcha un novo programa de voluntariado social para a atención e o acompañamento de persoas maiores de 65 anos que viven soas nos seus fogares. O conselleiro José Manuel Rey Varela presentou hoxe esta iniciativa, denominada “Acompaño”, ás entidades galegas de acción voluntaria que realizan proxectos ou actividades orientadas ao fomento do benestar do colectivo de maiores, nun acto que tivo lugar na Cidade da Cultura e que tamén contou coa participación da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez.

 

Na súa intervención, Rey Varela explicou que o programa vai dirixido a impulsar e propiciar a participación de persoas voluntarias que queiran implicarse en axudar a que os maiores teñan unha vellez activa e saudable. “Trátase de contribuír a mellorar a saúde e calidade de vida dos nosos maiores, favorecer o seu protagonismo en actividades sociais, fomentar a relación interxeracional e mitigar os sentimentos de soidade ou illamento que poidan sentir prestándolles acompañamento e apoio emocional”, indicou.

 

Así mesmo, o responsable da área social do Goberno galego sinalou que para o voluntariado que participe nesta iniciativa a convivencia con persoas maiores “pode resultar unha magnífica oportunidade de desenvolver e acadar un enriquecemento persoal que lles permita un coñecemento do entorno social no que viven e a posibilidade de adquirir habilidades de formación para o futuro”.

 

Os obxectivos de “Acompaño” son o fomento da solidariedade nas persoas mozas e dunha vellez activa; a mellora persoal, o benestar e a tranquilidade dos maiores que viven soas; e a promoción da vida independente conforme se van cumprindo anos respectando a permanencia das persoas maiores nos seus fogares. Ademais, a través deste programa, tamén se procura a detección de posibles problemas de saúde, a prevención, o control e a diagnose precoz; a redución dos riscos de depresión, crise, ansiedade ou inseguridade que pode acontecer cando se vive só; así como a mellora da atención das persoas maiores no medio no que se atopan.

 

A acción voluntaria prevista neste programa desenvolverase cun máximo de 3 días á semana que non poderán sumar no conxunto dun mes natural máis de 8 días e no total do programa os 20 días. Cada día que se realice a acción de acompañamento esta deberá desenvolverse durante un mínimo de 2 horas e en ningún caso suporá a asunción de tarefas de carácter asistencial ou de axuda no fogar.

 

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado seleccionará ás persoas voluntarias, impartirá os cursos de formación que sexan necesarios para o correcto desenvolvemento da iniciativa e asumirá os custes de manutención e transporte do voluntariado, en caso de ser necesario, fixándose o custe máximo de persoa voluntaria e día en 8 euros. Pola súa banda, as entidades de acción voluntaria achegarán un listado das persoas maiores dispostas a participar no programa e verificarán tanto o cumprimento axeitado das accións voluntarias como o grao de satisfacción das experiencias.

A XUNTA DESTINA MÁIS DE SEIS MILLÓNS DE EUROS ÁS ÁREAS DE REHABILITACIÓN DECLARADAS EN 41 CONCELLOS

 

  • Os concellos con áreas declaradas dispoñen dun mes para solicitar a súa participación no reparto dos fondos
  • Súmanse aos máis de 2,9 millóns destinados á ARI dos Camiños de Santiago

 

 

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2017.- A Xunta de Galicia destinará máis de seis millóns de euros ás actuacións de rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas, urbanización e reurbanización nas áreas de rehabilitación integral (ARI) existentes en Galicia. Con tal fin, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde pola que se procede a abrir o prazo para solicitar a participación na prórroga do programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal 2013-2016, que se executa a través das ARI. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace:https://goo.gl/k5Kzes.

 

Neste momento, ábrese un prazo dun mes para que os concellos que teñen unha ou máis ARIs no seu ámbito municipal soliciten a súa participación no reparto dos fondos destinados ás ARI en 2017. Os concellos deberán presentar unha solicitude por cada unha das ARI que desexen incluír no reparto de fondos, indicando as contías que estiman poden executar nos prazos establecidos.

 

En función das solicitudes presentadas polos concellos con áreas de rehabilitación declaradas, a Xunta realizará o reparto dos fondos dispoñibles, que acadan un total de máis de 6 millóns de euros.

 

Despois do reparto, asinaranse acordos específicos cos municipios participantes, que deberán realizar as súas propias convocatorias para que os propietarios de vivendas interesados poidan solicitar as axudas, financiadas con fondos autonómicos e estatais.

 

Bases

A Orde inclúe as bases polas que se rexerá a concesión das axudas, ás que poderán optar os propietarios de edificios de vivendas ou de vivendas individuais, as comunidades de  propietarios e as súas agrupacións, os consorcios e os entes asociativos de xestión. Nestes casos as axudas irán destinadas á rehabilitación das vivendas e edificios de vivendas.

 

Tamén poderán beneficiarse das axudas os propios concellos para actuacións de urbanización e reurbanización do ámbito das ARI e para as oficinas municipais de rehabilitación, que tamén serán financiadas pola Xunta. As axudas de carácter estatal, cun límite do 35% do orzamento, son as seguintes:

 

  • Ata 11.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación.
  • Ata 30.000 euros por cada vivenda construída en substitución de outra previamente demolida.

 

 

 

  • Ata 2.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación e/ou por cada vivenda construída en substitución doutra previamente demolida para as actuacións de mellora da calidade e sostenibilidade do medio urbano (obras de urbanización o reurbanización do ámbito).
  • Ata 4.000 euros anuais, por unidade de convivencia a realoxar, durante o tempo que duren as obras e ate un máximo de 3 anos, para as actuacións de realoxo temporal.
  • Ata 500 euros por vivenda rehabilitada ou construída en substitución doutra demolida, para financiar o custe dos equipos e oficinas de planeamento, de información, de xestión e de acompañamento social.

 

Polo que respecta ás axudas autonómicas son:

 

  • Ata 4.000 euros por vivenda obxecto da actuación de rehabilitación, sen que a subvención poida exceder do 10 % do orzamento protexido de rehabilitación da vivenda ou do edificio.
  • Ata 1.500 euros por vivenda rehabilitada ou construída en substitución de outra demolida, para financiar o custe dos equipos e das oficinas de planeamento, de información, de xestión e de acompañamento social.

 

Área de rehabilitación dos Camiños de Santiago

Esta convocatoria non inclúe a área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, xestionada directamente pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda e non polos concellos. Nesta ARI dos Camiños de Santiago, xa está aberto o prazo para a presentación de solicitudes por parte dos propietarios de vivendas interesados nas axudas, xa que a Orde que as regula foi publicada no DOG o pasado 14 de xuño.

 

O Goberno galego destinará máis de 2,9 millóns de euros ás axudas de rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas no marco da ARI dos Camiños de Santiago. O importe máximo da axuda será de 15.000 euros por vivenda, dos que 11.000 serán de financiamento estatal e non poderán superar máis do 35 % do orzamento e 4.000 de financiamento autonómico, co límite do 10 por cento do orzamento.

 

As persoas interesadas en acceder ás axudas da ARI dos Camiños de Santiago poderán solicitalas ata o 30 de novembro de 2017, salvo que se esgote antes o crédito orzamentario. Para poder ser beneficiarios desta axuda deberán estar en posesión da cualificación definitiva da actuación conforme ao sinalado na Orde de 22 de decembro de 2015 (DOG. nº 246, do 28 de  decembro)

 

Actualmente, Galicia conta con 69 áreas de rehabilitación integral declaradas en 41 concellos ademais da ARI dos Camiños de Santiago, que comprende 445 parroquias de 107 concellos das catro provincias galegas.

 

ES BALUARD SE SUMA AL FESTIVAL PHOTOESPAÑA CON LA EXPOSICIÓN ‘GABINET. SHIRIN NESHAT’, APOYANDO ASÍ EL XX ANIVERSARIO DEL FESTIVAL

Es Baluard Museu d’Art Modern i Contemporani de Palma se suma, junto con otros museos internacionales, al festival de fotografía y artes visuales PHotoESPAÑA 2017 con la exposición Gabinet. Shirin Neshat , apoyando así la vigésima edición del Festival. Se trata de la única muestra que PHotoESPAÑA acoge dentro de las Islas Baleares y podrá visitarse hasta el 29 de octubre.

PHotoESPAÑA alcanza su vigésima edición. Una celebración que se extenderá a 2018, cuando el festival cumplirá 20 años. Por este motivo ha querido invitar en esta edición a las principales instituciones culturales españolas a sumarse a la celebración.

Junto con Es Baluard, PHotoESPAÑA cuenta con muestras en el MACBA, el Museo Guggenheim de Bilbao, TEA – Tenerife Espacio de Las Artes y el IVAM en España, a las que se suman sedes de Berlín Bratislava, Chalon-Sur-Saône, Dublín, Lausana, Mérignac, y Varsovia, en Europa; Buenos Aires y Chicago, en América; Beijing y Kioto, en Asia y Melbourne, en Australia.

Sobre la exposición
La obra de Shirin Neshat, desarrollada a través de la fotografía, el vídeo y el cine desde la década de los noventa, se define por un discurso visual sobre los roles de género y las sociedades islámicas contemporáneas, siempre tratando de trascender hacia un significado universal. La revolución islámica en Irán (1978-1979) le exilia a Nueva York, donde desarrolla su trayectoria profesional desde entonces, alejada por tanto de la cultura de su país de origen.

Su primer trabajo, la serie fotográfica Women of Allah (1993-1997), centrada en la revolución y el concepto del martirio, supuso su reconocimiento internacional. Sus imágenes, de una sencillez compositiva plagada de simbolismo, se convierten en la voz universal de la lucha por la independencia, promulgando la cultura como instrumento contra el gobierno autoritario y la búsqueda de la identidad desde el exilio.

Shirin Neshat constata la situación de las mujeres tras la revolución islámica dirigida por el ayatolá Ruhollah Jomeini (1902-1989) y desarrolla un significativo lenguaje de una estética sutil pero reveladora. De este modo, analiza los cambios históricos y sociales así como los férreos códigos de control establecidos a nivel social e ideológico que surgen tras la nueva definición de la identidad del país, dedicando una especial atención a la mujer iraní y su condición, relegada del ámbito público, silenciada.

La videoinstalación Fervor, una de sus primeras obras cinematográficas realizada en el año 2000 –que cierra la trilogía centrada en los roles de género junto con Turbulent(1998) y Rapture (1999)–, se expone por primera vez en las Islas Baleares con una de las fotografías vinculadas a esta obra procedente de la colección Es Baluard. La atracción física y la sexualidad, temas tabú en la sociedad islámica, son planteados por Neshat en esta pieza videográfica, una narración dual que revela cómo la represión afecta por igual a hombres y mujeres, aleccionando a no caer en el pecado, condenar el deseo y preservar la moralidad.

Shirin Neshat
La artista Shirin Neshat (1957, Qazvin, Irán) vive y trabaja en EE.UU. desde 1974. Ha realizado exposiciones individuales en centros de arte y museos por todo el mundo, como el Museo de Arte Moderno de México DF, el Contemporary Arts Museum de Houston, el Walker Art Center de Minneapolis, el Espoo Museum of Modern Art (Finlandia), el Castello di Rivoli en Turín, el Dallas Museum of Art, el Wexner Center de Columbia (Ohio), el Art Institute of Chicago, la Serpentine Gallery de Londres, el MUSAC de León o el Hamburger Bahnhof de Berlín. Neshat también ha participado en la Documenta 11 (2002), la Bienal de Whitney (2000) y en 1999 ganó el León de Oro de la XLVIII Bienal de Venecia.

En el 2009 fue galardonada con el León de Plata a la mejor dirección de la Mostra de Venecia por su película Women without Men (Mujeres sin hombres). También ha recibido reconocimientos como el Hiroshima Freedom Prize y el Lillian Gish Prize. En 2008, su exposición individual Mujeres sin hombres inauguró el ARoS Kunstmuseum en Dinamarca, viajó a la Galería Nacional de Arte Contemporáneo en Atenas y abrió el Kulturhuset Stockholm en otoño de ese mismo año.

A XUNTA DE GALICIA ABORDA O RETO DEMOGRÁFICO NUN ENCONTRO DA UNIVERSIDADE INTERNACIONAL MENÉNDEZ PELAYO

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, participou no seminario sobre baixa natalidade, envellecemento e estado de benestar

  • Na actualidade, máis do 24% da poboación galega supera os 65 anos e as proxeccións do Instituto Galego de Estatística indican que no 2020, máis da cuarta parte dos galegos e galegas superarán a dita idade
  • A titular autonómica repasou as principais liñas de actuación para xestionar a situación demográfica, postas en marcha ao abeiro do Plan estratéxico rexional de Galicia 2015-2020

 

Santander, 29 de xuño de 2017.- A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, Amparo González Méndez, sinalou hoxe que o cambio demográfico, cunha poboación cada vez máis envellecida e cun menor índice de nacementos, “é hoxe en día unha realidade indiscutible no conxunto de España e na maioría dos países da Unión Europea que as administracións e os axentes sociais debemos  xestionar con accións que teñan continuidade e sexan prolongadas no tempo, xa que os resultados neste campo non se producen nunca dun día para outro”.  Así o expuxo esta mañá en Santander nun seminario sobre baixa natalidade, envellecemento e estado de benestar organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo e no que participou como relatora.

 

Na súa intervención, a responsable autonómica de Dinamización Demográfica explicou as políticas de apoio á familia e á natalidade que se están a levar a cabo Galicia para facer fronte ao reto demográfico, as cales “están moi presentes na axenda política ao tratarse dun eixo transversal que compete a todas as áreas do executivo autonómico”. Así mesmo, apuntou que a xestión do cambio demográfico é unha cuestión que “compete ao conxunto da sociedade: administracións; organizacións políticas, empresariais e socias; institucións; profesionais e expertos na materia, etc, posto que se trata dun desafío de país que cómpre abordar entre todos e de maneira integral”.

 

Neste sentido, a titular autonómica fixo referencia ao cambio demográfico que está a experimentar Galicia. Na actualidade, máis do 24% da poboación galega supera os 65 anos e as proxeccións do Instituto Galego de Estatística indican que no 2020, máis da cuarta parte dos galegos e galegas superarán a dita idade. É por iso que “a cuestión demográfica está na axenda do noso goberno e a súa xestión e unha tarefa fundamental de cara ao futuro”, insistiu Amparo González.

 

Deste xeito, o camiño iniciado co Plan de dinamización demográfica de Galicia 2013-2016 cristalizou en sucesivos documentos de planificación culminando no Plan estratéxico rexional de Galicia 2015-2020, que entende a cuestión demográfica como un principio transversal a todos os eixos de actuación do goberno autonómico no convencemento de que “o cambio das dinámicas demográficas non se consegue a través de accións illadas, senón que requiren dunha estratexia global e sostida no tempo”, afirmou a titular autonómica.

 

Neste contexto, a directora xeral destacou a importancia que teñen as familias de cara ao futuro demográfico. De aí que o obxectivo da Xunta de Galicia é a atención integral ás familias e a creación de contornos favorables para o seu desenvolvemento, de xeito que se poida superar a fenda existente hoxe en día entre a natalidade desexada e a realizada.

 

No ámbito estritamente social, o Goberno galego está a desenvolver dende o ano 2015 o Programa de apoio á natalidade (PAN Galicia), con medidas como a Tarxeta Benvida, o Bono Concilia e o Bono Coidado, a apertura de novas escolas infantís en contornos empresariais e de casas niño no rural, o incremento de prazas públicas ou financiadas con fondos públicos para nenos/as de 0-3 anos en escolas infantís, entre outras. Ao respecto, indicou como dato positivo que dende a implantación deste programa, a taxa de fecundidade experimentou un continuado aumento,  pasando de 1,07 en 2014 a 1,10 ao ano seguinte e chegando a 1,12 en 2016.

 

Por outra banda, Amparo González sinalou tamén o carácter prioritario que para o Goberno galego ten a atención ás persoas maiores e que o obxectivo da Consellería é que os galegos e galegas envellezan dun xeito activo, libre de discapacidade e no seu contorno habitual, tal como recollen a Estratexia para a prevención e detección precoz da dependencia e a Estratexia de envellecemento activo desde a innovación 2016-2020.

 

Ademais, a directora xeral aludiu á Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020, un documento que aborda as consecuencias do cambio demográfico como un factor a ter en conta na análise da pobreza e a exclusión social, suscitando medidas específicas para combater a exclusión territorial, expresión coa que se fai referencia á falta de oportunidades vitais e á existencia de barreiras de acceso en condicións de igualdade aos servizos nas zonas rurais das provincias do interior de Galicia.

 

Cómpre destacar que Galicia é unha das comunidades que forman parte do Foro de rexións españolas con desafíos demográficos, un organismo que na última reunión acordou solicitar das institucións comunitarias un impulso decidido e contundente ao desafío demográfico no vindeiro marco financeiro plurianual, o reforzo dos servizos e infraestruturas conducentes á inclusión social e unha maior contribución da política de cohesión para paliar os problemas derivados dos desafíos demográficos.

 

Amparo González rematou a súa intervención facendo fincapé en que “desde a Xunta de Galicia abordaremos o reto demográfico co maior consenso para remar xuntos nunha mesma dirección, con políticas e medidas axeitadas para xestionar esta realidade”.

 

A XUNTA PRESENTA UNHA PROPOSTA PARA GARANTIR A ESTABILIDADE LABORAL DOS TRABALLADORES MEDIANTE A BLINDAXE DA SÚA SUBROGACIÓN NO PLAN DE TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA

Os representantes da Consellería de Infraestruturas e Vivenda manterán mañá unha reunión bipartita cos sindicatos e se reunirán o próximo luns coa patronal para abordar de forma independente os respectivos intereses

  • Os novos contratos de transporte público incluirán a obriga dos adxudicatarios de subrogar aos traballadores
  • O Goberno galego salienta que o Plan de transporte público é a única alternativa viable e legal para garantir os empregos, o transporte no rural, con garantías para os escolares e para as pequenas e medianas empresas  

 

Santiago, 29 de xuño de 2017.- A Xunta de Galicia presentou hoxe aos representantes sindicais unha proposta para garantir a estabilidade laboral dos traballadores mediante a blindaxe da subrogación na posta en marcha do Plan de transporte público de Galicia.

 

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, o secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro,  e o director da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, Manuel Pillado, mantiveron esta tarde unha xuntanza cos portavoces de UGT, CCOO e CIG e cos representantes das catro federacións galegas de empresas de transportes, Fegabús, Fegatravi, Anetra y Transgacar.

 

Nesa xuntanza acordouse que os representantes da Consellería de Infraestruturas e Vivenda manterán mañá unha reunión bipartita cos sindicatos para analizar as cuestións laborais do Plan de transporte público e afondar no asunto que a Xunta considera prioritario, que é o futuro do emprego.

 

Posteriormente, o vindeiro luns, celebrarase un novo encontro bilateral entre a Xunta e a patronal. Desta forma será posible abordar de forma independente os intereses de cada colectivo, tal e como ven defendendo a Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

 

Durante a xuntanza, os representantes do Goberno galego insistiron na necesidade urxente de abrir unha canle de diálogo orientada a reforzar os dereitos laborais dos traballadores asociados as liñas de transporte afectadas polo Plan de transporte público.

 

Con esa finalidade, a Xunta presentou unha proposta para garantir a estabilidade dos empregos que consiste en incluír nos novos contratos de transporte público a obriga de subrogación dos traballadores.

 

O Goberno galego salienta que o Plan de transporte público é a única alternativa viable e legal para garantir os empregos, o transporte no rural, con garantías para os escolares e para as pequenas e medianas empresas.

 

A primeira fase do Plan de transporte público entrará en vigor o próximo mes de agosto, cando se materialicen as renuncias das empresas a seguir prestando boa parte das liñas de autobús de pasaxeiros de Galicia.

 

Este Plan, resultado dun procedemento avalado pola Comisión Europea, supón o avance da reordenación integral dos servizos de transporte na Comunidade para garantir a súa existencia ata o ano 2019.

 

O Plan ordena as concesións de servizo de transporte público nun conxunto de contratos zonais eficientes, economicamente viables e que multiplican as posibilidades de mobilidade no medio rural ao abrir ao uso xeral as prazas vacantes do transporte escolar, na liña dos sistemas que xa funcionan noutras comunidades autónomas. Os itinerarios dos alumnos permanecerán intactos e se reforzará a seguridade dos escolares mediante a inclusión dun acompañante en todas as liñas de uso compartido.

 

Destino Ibiza and Pete Tong present Ibiza Classics

PERFORMED BY THE 65 PIECE HERITAGE ORCHESTRA
CONDUCTED BY JULES BUCKLEY

5th AUGUST 2017

As part of Pacha’s 50th Anniversary celebrations, Ibiza legend Pete Tong, along with Conductor Jules Buckley and The Heritage Orchestra, will be bringing their phenomenal live show to Destino Ibiza for a mind-blowing performance of epic proportions.

Kicking off with 3 sold out arena performances in 2016 including London’s O2 Arena and the release of his No.1 album ‘Classic House’, demand for Pete’s incredible live show has reached fever pitch. With this year’s gigs seeing them tour across the globe, including performances at LA’s prestigious Hollywood Bowl and two major shows in Sydney and Melbourne, it was only right that Pete should also include a date where it all began – back home in Ibiza. One of the most stunning locations on the island, set atop the cliff top of Cap Martinet in Talamanca Bay, offering sweeping panoramic views of the Mediterranean Sea, Dalt Villa and the island of Formentera, Destino Pacha Ibiza is the perfect venue for this ground-breaking show.

This union of orchestral music and iconic dance tracks is another bold, brilliant move from one of the most influential figures in dance music. As the voice of Radio 1’s prestigious dance programming, Pete Tong has held a commanding presence over the industry for more than two decades. His unique position has earned him a reputation as the global ambassador of dance music.

The concept of Ibiza Classics and the album companion ‘Classic House’ released via Universal Music came into fruition in 2015 with BBC Radio 1’s Ibiza Prom at the Royal Albert Hall.  With its infectious, energetic brand of club music reworked by artistic director Chris Wheeler, the 65-piece Heritage Orchestra and the acclaimed conductor Jules Buckley has captured the hearts of millions and created an unforgettable dance-party.

Tickets are sure to fly out well in advance so be sure to get yours and be part of dance music history here:

VIP TABLES AVAILABLE: vip@destinoibiza.com
TICKETS: http://bit.ly/IBZClassics

50 years of history: #pachaforever

During the last 50 years Pacha had the ability to create a deep engagement with several generations, becoming a lovebrand with an extensive portfolio of products. Currently, Pacha is the emblem of a unique lifestyle reflected in several sectors such as hospitality, fashion, fragrances or multimedia content.

Pacha was born in 1967 in the Catalan town of Sitges and right in that period revolutionized the standards of the time in the leisure and entertainment sectors conveying its particular idea of the enjoyment of life.

Over the decades and thanks to the passionate work of thousands of people, Pacha created a successful model of leisure and entertainment recognized all over the world and a universe of shared values.

Pacha celebrates 50 years of shared stories and unforgettable moments conveying its everlasting young attitude. A fresh attitude that invites you to be forever Young.

Lío Ibiza presenta por primera vez en Ibiza al gran Tom Jones

Lugar: Lío Ibiza – Marina Ibiza
Fecha: 04 de julio
Reservas: info@lioibiza.com

Lío Ibiza presenta por primera vez en Ibiza al gran Tom Jones, uno de los artistas internacionales más populares de la música contemporánea mundial.

El próximo día 4 de julio y en el marco de las celebraciones del 50 aniversario del Grupo Pachá, celebraremos una noche única. Cena espectáculo en el mágico entorno de Lío seguido de un concierto exclusivo de Tom Jones.

El Tigre de Gales, sobrenombre con el que también es conocido, ha preparado un espectáculo donde se podrán escuchar todos sus grandes éxitos, acompañado de una numerosa banda que hará de ésta una de las grandes noches de este verano.

Desde su irrupción en la música a mediados de los sesenta, el cantante galés ha sabido conservar su éxito intacto, compartiendo con varias generaciones su secreto; una permanente elegancia en todo lo que hace, una singular voz de trueno y un carisma y energía escénica envidiables.

Canciones como “It’s Not Unusual”, “Sex Bomb”, “She’s a Lady” o “Deliha”, entre otras, se han convertido en éxitos a nivel mundial. Uno de los grandes crooners de este siglo que ha recibido distinciones únicamente destinadas a grandes artistas internacionales, como ser nombrado Caballero por la Reina Isabel II o la Orden del Imperio Británico.

 

Más información de Lío:
http://lioibiza.com/
https://www.facebook.com/lioibiza/?fref=ts
https://twitter.com/lioibiza?lang=es