Archive | junio 1, 2017

IESIDE organiza o seminario «Mercados financeiros: derivados e divisas» no seu Campus de Vigo

O Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) organiza no seu Campus de Vigo (Av. de Madrid, 60) o seminario «Mercados financeiros: derivados e divisas» incluído nos Business Program Days. Será impartido por Roberto Knop Muszynski e desenvolverase mañá venres 2 de xuño entre as 16.30 e as 21.45 h e o sábado 3 entre as 09.00 e as 14.15 h.

A XUNTA DE GALICIA POTENCIA O FOMENTO DO VOLUNTARIADO ENTRE COLECTIVOS E ENTIDADES DE ACCIÓN SOCIAL

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe dúas ordes de subvencións para colectivos e entidades de acción social

  • O investimento total das dúas ordes supera os 500.000 euros
  • Galicia é a Comunidade Autónoma máis comprometida coas accións solidarias voluntarias segundo o Observatorio da plataforma do voluntariado de España

 

Santiago, 1 de xuño de 2017.- Galicia é a Comunidade Autónoma máis comprometida coas accións solidarias voluntarias xa que, segundo o último informe do Observatorio da plataforma do voluntariado de España, o 14,7% da poboación está implicada en iniciativas deste tipo. Co obxectivo de seguir fomentando esta participación, a Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) sendas ordes de subvencións para colectivos e entidades de acción social, que xa mobilizaron a máis de 3000 mozos e mozas desde a aprobación da Lei de acción voluntaria en Galicia en 2011.

 

Ambas ordes presentan diversas novidades na convocatoria deste ano. No caso das destinadas ás entidades locais no programa de voluntariado xuvenil, pasan por incluír nas áreas temáticas actividades que permitan unha posta en valor do medio rural e as relacionadas co benestar e o empoderamento das persoas maiores. Dita orde, conta cun orzamento superior aos 373.000 euros. Cómpre destacar que o ano pasado, estas axudas permitiron a participación directa de 580 persoas voluntarias a través dos 35 concellos e 50 entidades de acción voluntaria que foron subvencionados.  

 

No que respecta á orde destinada a entidades de carácter privado sen ánimo de lucro, a novidade radica en que se priorizarán aqueles proxectos que difundan o valor da participación solidaria de carácter voluntario a través de campañas informativas, xornadas, seminarios ou estudos encamiñados a coñecer a realidade do voluntariado galego. Tamén serán subvencionables os proxectos de formación co obxecto de modernizar e adaptar ás entidades de acción voluntaria aos novos retos. O orzamento para esta orde ascende a 137.080 euros. No 2016 foron financiados 73 proxectos.

 

Estas ordes son fundamentais para garantir a sustentabilidade das accións voluntarias tanto dos proxectos executados polas administracións públicas a través das entidades locais como polas propias entidades de acción voluntaria. Galicia ten garantido o relevo xeracional no voluntariado, o que é imprescindible se buscamos unha mocidade implicada co seu entorno e máis participativa socialmente. Cómpre destacar que os programas específicos destinados ás idades escolares (de 12 a 18 anos), permitiron 4000 novas experiencias solidarias.

 

A participación a idades cada vez máis temperás está a ter un efecto positivo sobre a redución da porcentaxe, desde una perspectiva de xénero,  das persoas vinculadas á acción voluntaria. O derradeiro informe sobre a Estratexia de acción voluntaria 2016-2018 reflicte unha diferenza en termos porcentuais de nove puntos que implica unha redución da tendencia á feminización da acción voluntaria.

 

 

A XUNTA SUBVENCIONARÁ O 95 POR CENTO DO CUSTE DE REHABILITACIÓN DE INFRAVIVENDAS EN CONCELLOS DE MENOS DE 10.000 HABITANTES AO ABEIRO DO PLAN REHAVITA

 

As axudas poderán chegar ata 15.000 euros por cada inmoble que cumpra coas coas condicións de dito Plan

  • O Diario Oficial de Galicia publicou esta semana a Orde pola que se establecen as bases do programa e se realiza a convocatoria para 2017
  • As axudas poden destinarse a infravivendas de propiedade privada ou a edificacións de titularidade municipal, pero deben ser solicitadas polos concellos
  • Serán os concellos os encargados da presentación das solicitudes de axudas. O prazo continuará aberto ata o vindeiro 31 de outubro de 2017 ou ata o esgotamento do crédito orzamentario

 

 

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017.- A Xunta subvencionará ata o 95 % do custe de rehabilitación das infravivendas emprazadas en concellos de menos de 10.000 habitantes, tal como recolle a Orde que publica esta semana o Diario Oficial de Galicia (DOG) e pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de infravivenda incluído no Plan RehaVIta: que abrangue rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, para o ano 2017. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/KG0Tzf.

 

Estas subvencións do Plan RehaVita están dirixidas a prestar apoio aos municipios galegos de menos de 10.000 habitantes, co fin de que poidan axudar con carácter urxente ás unidades de convivencia que habiten, en condicións de propietarias, nunha vivenda que se encontre en mal estado de conservación e non dispoñan de recursos para acometer obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade

 

As axudas, dirixidas aos concellos, serán aplicables á rehabilitación de:

 

  • Infravivendas de propiedade privada, sempre que o propietario sexa un dos integrantes da unidade familiar que habita na mesma e os ingresos familiares sexan inferiores a unha vez o Iprem.
  • Edificacións ou vivendas de propiedade municipal que se rehabiliten destinalas a solucionar os problemas de residencia de unidades de convivencia que cumpran os requisitos fixados nesta orde.

 

Estas actuacións poden afectar os elementos exteriores, as condicións estruturais e de seguranza, a habitabilidade e/ou a accesibilidade da edificación ou vivenda. Así mesmo, enténdese por infravivenda aquela edificación, empregada como vivenda, que non reúna as mínimas condicións de habitabilidade.

 

O importe da axuda para cada infravivenda será do 95 por cento do custe da rehabilitación, cun límite máximo de 15.000 euros por vivenda. O Concello xestionará a achega do 5 % restante.

 

Serán os concellos os encargados da presentación das solicitudes de axudas. O prazo continuará aberto ata o vindeiro 31 de outubro de 2017 ou ata o esgotamento do crédito orzamentario.

 

A convocatoria para 2017, inclúe unha partida orzamentaria de 500.000 euros, ampliable no caso de que sexa necesario

 

 

Inauguración da exposición «Unha viaxe solidaria e creativa á vida» na Sede Afundación de Vigo

A Sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 24) albergará a partir de mañá venres 2 de xuño a exposición «Unha viaxe solidaria e creativa á vida», organizada pola Fundación Terra de Homes. A mostra é parte do programa «Viaxe cara á vida en Galicia», que puxo en marcha esta fundación hai dez anos e grazas ao cal 98 nenos e nenas procedentes de distintos países africanos foron operados de graves enfermidades por equipos médicos de Galicia. «Unha viaxe solidaria e creativa á vida» estará aberta ata o vindeiro 29 de xuño na Sala de Exposicións I da Sede Afundación de Vigo de luns a sábado en horario de 17.30 h a 20.30 h.

A obra Agora en serio de Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán chega ao Teatro Afundación de Vigo

O dúo cómico formado por Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán volve aos teatros co espectáculo Agora en serio, unha peza que fai un percorrido pola súa traxectoria profesional para celebrar os seus quince anos como dúo humorístico.

A obra, dirixida por Evaristo Calvo e escrita por Manolo Cortés, poderá verse mañá venres 2 de xuño no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) a partir das 21.00 h. As entradas están dispoñibles a través das vías de comercialización habituais da entidade: na web de Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

La Comisión Europea y el Banco Europeo de Inversiones explicarán el Plan de Inversiones para Europa en Vigo

La Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcia de Arousa acogerá el encuentro el 8 de junio

Vigo, 1 de junio de 2017.- Representantes de la Comisión Europea (CE) en España, del Banco Europeo de Inversiones (BEI) y del Instituto de Crédito Oficial (ICO) presentarán el Plan de Inversiones para Europa en Vigo. El acto tendrá lugar el  próximo jueves, 8 de junio de 2017, en la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcia de Arousa. Inaugurará el acto Abel Caballero, alcalde de Vigo. José García Costas, presidente de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcia de Arousa, será el encargado de dar la bienvenida a los asistentes. Hasta la fecha, se han aprobado en España 45 operaciones por una financiación de 4.000 millones de euros.

 

El seminario contará con la participación de los ponentes: Juergen Foecking, director adjunto de la Representación de la Comisión Europea en España, Alberto Barragán, jefe de la Oficina del Grupo Banco Europeo de Inversiones en España, y Rosario Casero, subdirectora de Estrategia y Evaluación del Instituto de Crédito Oficial. Los tres responderán a las preguntas de empresarios y directivos de todos los sectores económicos, así como de las instituciones y asociaciones del mundo de la innovación y el desarrollo de Galicia que acudan a la cita.

El acto, que cuenta con la colaboración del Concello de Vigo, de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcia de Arousa, de Europe Direct Vigo y de la red Enterprise Europe Networking,  tiene un carácter eminentemente práctico, con ejemplos concretos de cómo estructurar proyectos de inversión y de proyectos exitosos que han conseguido financiación.

La asistencia a este seminario es gratuita previa inscripción en el correo plandeinversioneseuropa@medialunacom.es o en el teléfono 91 567 0172.

 

Objetivo: relanzar la inversión, la competitividad y el empleo en Europa

La Comisión Juncker lanzó hace dos años el Plan de Inversiones para Europa con el objetivo de movilizar la inversión, mejorar la competitividad y generar empleo y crecimiento económico en Europa. El núcleo del plan lo constituye el Fondo Europeo para Inversiones Estratégicas (FEIE), el cual se creó para financiar proyectos de infraestructuras estratégicas (en conexiones energéticas, eficiencia energética, banda ancha, etc.), transporte, educación, investigación y desarrollo, o innovación. El Plan también se dirige a pymes y mid-caps, con productos financieros como préstamos, garantías, venture capital o quasi-equity. A día de hoy se han financiado operaciones por valor de 34.000 millones de euros que movilizarán una inversión de 183.000 millones de euros en toda Europa.