A XUNTA DE GALICIA POTENCIA O FOMENTO DO VOLUNTARIADO ENTRE COLECTIVOS E ENTIDADES DE ACCIÓN SOCIAL

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe dúas ordes de subvencións para colectivos e entidades de acción social

  • O investimento total das dúas ordes supera os 500.000 euros
  • Galicia é a Comunidade Autónoma máis comprometida coas accións solidarias voluntarias segundo o Observatorio da plataforma do voluntariado de España

 

Santiago, 1 de xuño de 2017.- Galicia é a Comunidade Autónoma máis comprometida coas accións solidarias voluntarias xa que, segundo o último informe do Observatorio da plataforma do voluntariado de España, o 14,7% da poboación está implicada en iniciativas deste tipo. Co obxectivo de seguir fomentando esta participación, a Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) sendas ordes de subvencións para colectivos e entidades de acción social, que xa mobilizaron a máis de 3000 mozos e mozas desde a aprobación da Lei de acción voluntaria en Galicia en 2011.

 

Ambas ordes presentan diversas novidades na convocatoria deste ano. No caso das destinadas ás entidades locais no programa de voluntariado xuvenil, pasan por incluír nas áreas temáticas actividades que permitan unha posta en valor do medio rural e as relacionadas co benestar e o empoderamento das persoas maiores. Dita orde, conta cun orzamento superior aos 373.000 euros. Cómpre destacar que o ano pasado, estas axudas permitiron a participación directa de 580 persoas voluntarias a través dos 35 concellos e 50 entidades de acción voluntaria que foron subvencionados.  

 

No que respecta á orde destinada a entidades de carácter privado sen ánimo de lucro, a novidade radica en que se priorizarán aqueles proxectos que difundan o valor da participación solidaria de carácter voluntario a través de campañas informativas, xornadas, seminarios ou estudos encamiñados a coñecer a realidade do voluntariado galego. Tamén serán subvencionables os proxectos de formación co obxecto de modernizar e adaptar ás entidades de acción voluntaria aos novos retos. O orzamento para esta orde ascende a 137.080 euros. No 2016 foron financiados 73 proxectos.

 

Estas ordes son fundamentais para garantir a sustentabilidade das accións voluntarias tanto dos proxectos executados polas administracións públicas a través das entidades locais como polas propias entidades de acción voluntaria. Galicia ten garantido o relevo xeracional no voluntariado, o que é imprescindible se buscamos unha mocidade implicada co seu entorno e máis participativa socialmente. Cómpre destacar que os programas específicos destinados ás idades escolares (de 12 a 18 anos), permitiron 4000 novas experiencias solidarias.

 

A participación a idades cada vez máis temperás está a ter un efecto positivo sobre a redución da porcentaxe, desde una perspectiva de xénero,  das persoas vinculadas á acción voluntaria. O derradeiro informe sobre a Estratexia de acción voluntaria 2016-2018 reflicte unha diferenza en termos porcentuais de nove puntos que implica unha redución da tendencia á feminización da acción voluntaria.

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: