A XUNTA IMPULSA A MELLORA E ADECUACIÓN DOS RECURSOS DE ATENCIÓN Á INFANCIA DOS CONCELLOS GALEGOS

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de subvencións destinada a escolas infantís (0-3) e puntos de atención á infancia (PAI)

  • As achegas están dirixidas a obras menores de adecuación e mellora dos centros, así como de accesibilidade e de dotación de novos servizos.
  • Tamén é subvencionable a adquisición e mellora do equipamento do centro, así como a conexión á internet e a compra de material para a integración das novas tecnoloxías na aula
  • A convocatoria conta cun orzamento superior ao millón de euros e o prazo para presentar as solicitudes se estende desde mañá martes e ate o vindeiro 5 de xullo

 

A Xunta de Galicia abrirá mañá o prazo de presentación de solicitudes para aqueles concellos galegos que conten cunha escola infantil  (0-3 anos) ou un punto de atención á infancia (PAI) e precisen mellorar a adecuar  ou mellorar estes centros, con novos equipamentos, servizos e/ ou material educativo. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que regula a concesión destas axudas, que forman parte do Programa de apoio á natalidade (PAN) que está a desenvolver o Goberno galego. Ademáis, enmárcase no programa operativo FEDER Galicia para o período 2014-2020.

 

Así as cousas, ao abeiro desta convocatoria serán subvencionables tanto as obras menores de adecuación e mellora das devanditas infraestruturas como intervencións novas de mellora da accesibilidade ou que as doten de servizos necesarios.Tamén entran dentro desta convocatoria a adquisición e mellora do equipamento do centro, incluída a compra de mobiliario interior e exterior, así como de material didáctico e de xogo; e a dotación de conexión a internet e compra de dispositivos (ordenador, encerado dixital, gravadoras, cámaras de vídeo etc.) para a integración das novas tecnoloxías na aula. As axudas poderán financiar ata un 100% do investimento subvencionable.

 

Cada concello poderá percibir unha axuda máxima de 35.000 euros, con independencia do número de centros para os que presente a solicitude. Así mesmo, a contía máxima por cada centro é de 20.000 euros para as actuacións destinadas á realización de obras e de 15.000 euros para as destinadas á compra de equipamento e máis á integración das novas tecnoloxías na aula. O orzamento total da orde supera o millón de euros (1.064.306 €)e o prazo para presentar as solicitudes se estende desde mañá martes e ate o vindeiro 5 de xullo baixo o réxime de concorrencia competitiva.

 

Ademais de mellorar a rede galega de recursos para menores de 0 a 3 anos, con estas axudas facilitarase a posta en marcha inmediata de escolas e puntos de atención á infancia que estean unicamente pendentes da dotación de equipamento co que se aumentará a dispoñibilidade de prazas de atención á infancia. Igualmente mellorarase a calidade de atención recibida nos centros que xa veñen funcionando. Este é o segundo ano consecutivo no que a Xunta habilita esta liña de financiamento á mellora das escolas e puntos de atención á infancia que dependen das corporacións locais.

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: