A XUNTA RESPALDA O PROXECTO ECOFASHION DO PROGRAMA ERASMUS+: XUVENTUDE EN ACCIÓN NO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acudiu ao desfile celebrado esta tarde en Ferrol

  • O evento serviu para amosar a colección de roupa reciclada creada por 24 mozos e mozas a través de Xeración Asociación Cultural, entidade participante nesta iniciativa europea de mobilidade
  • Galicia, segundo os datos de participación, é unha das máis activas tanto no número de proxectos presentados e aprobados como nos fondos recibidos da Unión Europea

 

Ferrol, 5 de xuño de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acudiu esta tarde ao desfile de moda realizado polos 24 mozos e mozas participantes no proxecto EcoFashion, unha iniciativa promovida pola Xeración Asociación Cultural no marco do programa Erasmus+: xuventude en acción. Trátase dun evento interxeneracional, xa que as persoas maiores do Club de xubilados de Afundación foron os encargados de ensinar na pasarela a colección de roupa reciclada ao abeiro desta iniciativa. O desfile tamén serviu como acto en conmemoración do Día mundial do medio ambiente que se celebra hoxe.

 

EcoFashion é unha iniciativa coa que se pretende promover unha mentalidade máis activa, crítica e concienciada entre os participantes e os actuais e futuros consumidores de moda. Así, buscan visibilizar entre a sociedade galega a pisada ecolóxica que as coleccións de moda de usar e tirar deixan no noso planeta.

 

Os creadores desta colección están a participar nun intercambio xuvenil do Erasmus+ que finaliza mañá e no que desenvolveron diversas actividades no albergue de Gandarío. Así mesmo, tiveron a oportunidade de visitar as oficinas centrais de Pull and Bear en Narón, realizaron unha limpeza dun río de dun tramo do Camiño de Santiago e aprenderon a cociñar de maneira ecolóxica con placas solares.

 

Erasmus+ é o programa de mobilidade da Unión Europea para a educación, a formación, a xuventude e o deporte que está en vigor dende o 1 de xaneiro de 2014 ata o 31 de decembro de 2020.

 

O programa fomenta a mobilidade dentro e fora dos límites da Unión Europea, a aprendizaxe non formal e o diálogo intercultural e tamén apoia a empregabilidade e a inclusión de todos os mozos e mozas independentemente do contexto social, educativo ou cultural ao que pertenzan.

 

O programa europeo Erasmus+ ten entre os seus obxectivos específicos mellorar o nivel de aptitudes e competencias dos mozos e mozas; promover a participación na vida democrática en Europa e no mercado de traballo; a cidadanía activa; o diálogo intercultural; a inclusión social e a solidariedade; posibilitar ás persoas que traballan no ámbito da xuventude e aos mozos e mozas maiores oportunidades de mobilidade por motivos de aprendizaxe; potenciar a dimensión internacional das actividades xuvenís e o papel dos traballadores e organizacións no eido da xuventude como estruturas de apoio aos mozos e mozas.

 

A Comunidade Autónoma de Galicia, segundo os datos de participación no programa europeo Erasmus+:Xuventude en Acción, é unha das máis activas tanto no número de proxectos presentados e aprobados como nos fondos recibidos da Unión Europea.

 

No ano 2016 nas tres convocatorias do programa Erasmus+: Xuventude en Acción  foron aprobados en Galicia 42 proxectos promovidos por entidades, asociacións xuvenís e grupos informais de mozos e mozas, por un orzamento total de 729.914 euros e nos que participaron 1.410 mozos e mozas galegas, sen prexuízo dos proxectos aprobados noutros países europeos e nos que organizacións e mozos e mozas galegos participaron.

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: