ABANCA e a Federación Galega de Comercio exploran fórmulas para facilitar o acceso ao crédito

  • A entidade financeira e a federación amplían un ano máis unha colaboración que pretende reforzar a competitividade do comercio de proximidade
  • Os asociados xa poden acceder a un catálogo de produtos de crédito adaptado aos seus negocios e a xestores formados nas súas necesidades
  • Nos vindeiros días, as dúas entidades presentarán a súa proposta para impulsar as vendas nestes establecementos por toda Galicia
20170606-abanca-comercio-galego
O director de Rede Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, durante a sinatura.

Descarga en alta resolución

20170606-abanca-comercio-galego-2
O director de Rede Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, durante a sinatura.

Descarga en alta resolución

06-06-2017

ABANCA renova a súa colaboración coaFederación Galega de Comercio (FGC) para facilitar a mellora competitiva deste colectivo. As dúas entidades ampliaron hoxe en Lugo unha histórica senda de traballo que este ano medra con novas alternativas de financiamento para os asociados e para a súa clientela.

O director de Rede Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, asinaron un convenio financeiro que pon o foco en dar resposta ás necesidades de crédito dos comercios de Galicia.

O texto firmado mellora a oferta financeira para os integrantes da FGC, que desde agora teñen á súa disposición alternativas de crédito adaptadas ás súas necesidades. Para aqueles que pretendan facer fronte a novos investimentos, terán á súa disposición préstamos persoais ou hipotecarios, así como leasing mobiliario con xuros atractivos e un prazo de amortización de ata cinco anos. Para os que teñan que dar resposta aos gastos correntes, contarán cunha póliza de crédito, que poderá ser a tipo fixo ou variable, con condicións melloradas. ABANCA tamén ofrece alternativas para atender todas as demandas dos comerciantes a través de avais, liñas de comercio exterior ou desconto comercial, entre outros.

Esta oferta de crédito complétase coas liñas de impulso financeiro postas en marcha conxuntamente por ABANCA e as catro deputacións galegas: o Plan Activamos. Esta iniciativa de financiamento dá resposta a familias, autónomos e pemes á hora de facer investimentos que melloren o desenvolvemento económico e social da comunidade. De maneira adicional, os comerciantes accederán no banco con sede en Galicia aos programas oficiais de crédito do Igape, do ICO e das SGR.

Unha oferta integral

As propostas de crédito que ABANCA habilita neste convenio non só están dirixidas aos comerciantes, senón que chegan á clientela dos establecementos. Este colectivo pode ofrecer nos seus negocios o servizo APLAZOS, a alternativa para competir con crédito áxil e directo coas grandes superficies. O banco atende así as demandas do comercio e facilita ferramentas para a mellora competitiva.

Ademais do catálogo de produtos e servizos a disposición dos clientes, a oferta de ABANCA inclúe o maior número de profesionais e a maior rede de oficinas en Galicia. A entidade financeira conta con xestores especializados en micropemes, comercios e autónomos, que coñecen de primeira man a realidade do colectivo.

Nas vindeiras semanas, ABANCA e a Federación Galega de Comercio tamén presentarán a súa campaña conxunta para incentivar as compras nos establecementos de proximidade coincidindo co inicio do verán. Esta nova edición, llamada “Os días azuis do comercio galego”, permitirá gañar grandes premios a clientes e comercios. As dúas entidades xa colaboraran o pasado ano coa proposta “As compras na túa vila teñen premio”, que chegou a diversos municipios de Galicia e premiou a centenares de clientes destes comercios.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: