O CORREDOR DO MORRAZO REXISTRARÁ HOXE UN CORTE DE CARRIL PARA DESMONTAR UN PASO SUPERIOR NO TRAMO II

    • O corte, no treito comprendido entre os Pq. 0 e 7+300, responde á necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores
    • Este peche, entre as 10 e as 19 horas, permitirá desmontar e trasladar á zona das instalacións da obra, a lousa do van esquerdo do paso superior ubicado no Pq. 5+810, para avanzar nas actuacións de conversión en autovía
    • A autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2 e o treito 3 en proceso de contratación, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros

    Santiago, 6 de xuño de 2017.- O corredor do Morrazo rexistra hoxe, martes, día 6 de xuño, un corte total no treito comprendido entre os puntos quilómetros 0 e 7+300 desta infraestrutura viaria, coa fin de seguir avanzando nas actuacións de conversión en autovía.

     

    Este peche ao tráfico, dende as 10 ata as 19 horas, responde á necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores. Así, durante estas horas levaranse a cabo a desmontaxe e traslado  á zona das instalacións da obra, da lousa do van esquerdo do paso superior ubicado no Pq. 5+810.

    Na xornada de hoxe tamén está prevista a realización de voaduras neste treito, á altura do Pq. 4+840.

     

    A autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2 e o treito 3 en proceso de contratación, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros. 

    No seguinte plano amósanse os desvíos establecidos nesta infraestrutura viaria.

No seguinte plano amósanse os desvíos establecidos nesta infraestrutura viaria.

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: