VÍAS E OBRAS COMEZA A REALIZACIÓN E REFORMA DE PASOS DE CEBRA, PRIMEIRO DOS TRABALLOS QUE SE ACOMETERÁN EN DIFERENTES PARROQUIAS CON CARGO AO ‘PLAN MÓVESE’ DA DEPUTACIÓN E “CUSTO CERO” PARA OS PORRIÑESES

A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, empezará nos vindeiros días coas obras de realización e reforma dun total de 9 pasos de cebra elevados na estrada PO-2405, Budiño-Cerquido-Casal, e na PO-242, de Porriño a Torneiros.

“O proxecto da realización destes traballos, que ten data de 1 de febreiro deste ano, xa fora presentado por min mesmo en varias  xuntanzas con responsábeis da Deputación de Pontevedra”, sinala Manuel Carrera, quen subliña a importancia que os mesmos teñen para a seguridade das veciñas e veciños destas zonas, en particular, e de todo O Porriño, en xeral.

Os traballos dos novos pasos de cebra elevados, e a reforma e mellora dos existentes, xa están adxudicados,  e a eles que hai que engadir a colocación dunha rotonda na PO-2405, “á altura do restaurante El Volante”, unha zona que, indica o concelleiro, “é de alto perigo”, e que estará rematada nuns meses, logo de que se tramitasen os correspondentes os expedientes de expropiación.

Carrera lembra que esta rotonda, “que é esencial para salvagardar a integridade de todas aquelas persoas que circulan por este treito”, fora demandada, “en moitísimas ocasións”, ao anterior presidente da Deputación, Rafael Louzán, “quen nunca atendera as solicitudes do Concello.

O concelleiro subliña que tanto a mellora e realización destes 9 pasos de cebra elevados,coma o emprazamento da rotonda faranse con cargo ao ‘Plan Móvese’, da Deputación, polo cal as obras terán un gasto de cero euros para os porriñeses.

Así mesmo, o organismo provincial ten xa enriba da mesa a solicitude do Concello para cambiar distintas beirarrúas e substituír as actuais, “que están desfeitas”, por outras de material liso, en formigón tinguido de cor, coma as de San Campio, de Porriño-Mosende e Porriño-Torneiros.

Paralelamente, e xa concluída a súa adxudicación, comezará a limpeza, pintado e arranxo de diferentes vías, pistas e estradas dependentes da Deputación, “en contra do difundido publicamente e sinalado no pasado Pleno do Concello por responsábeis do Partido Popular”.

Manuel Carrera asegura que “queda demostrado que mentiron ao asegurar que o Goberno municipal non fixera xestión algunha diante da Deputación, algo que xa é evidente e amosarase nas vindeiras semanas, o mesmo que o feito de que o Goberno local cumpre coa súa obriga: traballar para as veciñas e veciños do Porriño”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: