A XUNTA GARÁNTELLES AOS SINDICATOS QUE VELARÁ POLO MANTEMENTO DOS POSTOS DE TRABALLO NA POSTA EN MARCHA DO PLAN DE TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda reuniuse hoxe con representantes de CCOO, CIG e UGT, e comprometeuse a intentar impulsar o diálogo cos empresarios que se negan a asinar os convenios colectivos

  • Ethel Vázquez salienta que as renuncias das empresas a boa parte das concesións de transporte público en Galicia a partir de agosto levaron á Xunta a actuar para garantir tanto os servizos como os empregos
  • Asegura que a Xunta será estrita no cumprimento da normativa de subrogación dos traballadores cando se adxudiquen os novos contratos de transporte
  • Destaca que o Plan de transporte que está actualmente en fase de información pública está adaptado á realidade do tecido empresarial galego do sector co obxectivo de garantir o futuro das pemes e dos empregos
  • Subliña que a reordenación do mapa de servizos e a integración das liñas de transporte escolar no de uso regular non suporán unha diminución de rutas, senón que a cobertura territorial se incrementará
  • A Xunta garante a existencia dun acompañante en todas as rutas de transporte escolar que se integren no de uso xeral, unha exixencia que supera o estándar legal que contribuirá a crear máis traballo no sector

 

Santiago, 6 de xuño de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, trasladoulles hoxe aos sindicatos que a Xunta velará polo mantemento dos postos de traballo coa posta en marcha do Plan de transporte público de Galicia. A titular de Infraestruturas e Vivenda, acompañada do secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, e do director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, mantivo hoxe unha xuntanza cos representantes dos sindicatos CIG, UGT e CCOO, que forman parte do Consello Galego de Transportes.

 

Na xuntanza, os representantes dos traballadores manifestaron a súa preocupación pola negativa de parte da patronal a asinar os novos convenios colectivos, ante o cal a conselleira se comprometeu a intentar impulsar o diálogo cos empresarios.

 

Ethel Vázquez lembrou que foron as renuncias das empresas a boa parte das concesións de transporte público de Galicia as que levaron á Xunta a actuar con celeridade para garantir, tanto os servizos públicos como os postos de traballo.

 

Insistiu en que a renuncia a eses contratos supuña eliminar os servizos de transporte e suprimir os postos de traballo asociados a eles, polo que precisou que de non actuar a Xunta con inmediatez, o vindeiro mes de agosto en gran parte de Galicia non habería nin autobuses nin, en consecuencia, condutores.

 

A titular de Infraestruturas fixo fincapé en que un dos obxectivos do Plan de transporte é, precisamente, garantir a estabilidade e o emprego no sector. Nese sentido, garantiu que a Xunta será estrita na aplicación da normativa de subrogación de traballadores cando  se adxudiquen os novos contratos de concesión de transporte público de pasaxeiros.

 

O Plan de transporte está deseñado conforme ás características do tecido empresarial galego do sector, formado en gran parte por pequenas e medianas empresas. Por ese motivo, os contratos de transporte están dimensionados para que poidan acceder a eles, en solitario ou en UTE, empresas de pequeno e mediano tamaño, garantindo así o emprego.

 

Ethel Vázquez subliñou que a reordenación do mapa de servizos e a integración das liñas de transporte escolar no de uso regular non suporán en ningún caso unha diminución de rutas, senón que a cobertura territorial se incrementará, polo que o emprego está garantido.

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: