A XUNTA DE GALICIA BENEFICIOU A MÁIS DE 2500 FAMILIAS GALEGAS A TRAVÉS DO BONO CONCILIA EN 2016

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, fixo esta tarde en sede parlamentaria balance desta iniciativa enmarcada no Programa de Apoio á Natalidade

 

  • Por provincias, 730 destas axudas outorgáronse na Coruña, 222 en Lugo, 251 en Ourense e 1396 en Pontevedra
  • A administración autonómica investiu 3,5 millóns de euros nesta achega económica durante dito período

 

Santiago, 7 de xuño de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, avaliou hoxe en sede parlamentaria o funcionamento do Bono concilia en resposta a dúas preguntas orais, indicando que no ano 2016 outorgáronse 2599 axudas que contribúen ao pago dunha praza de escola infantil privada naqueles casos de solicitantes que non a consigan nunha escola ou recurso público para nenos de cero a tres anos.

 

Rey Varela deu a coñecer tamén os datos por provincias, destacando que 730 destas achegas económicas outorgáronse na Coruña, 222 en Lugo, 251 en Ourense e 1396 en Pontevedra. Cómpre destacar que no curso 2016-2017 o Bono concilia contou cun investimento total de 3,5 millóns de euros.

 

O obxectivo para o vindeiro curso escolar seguirá a ser que non haxa lista de agarda. Para conseguilo, o conselleiro lembrou que a administración autonómica ofertará un total de 22.439 prazas sostidas con fondos públicos en escolas infantís. “Esta cifra supón que, un ano máis, Galicia superará a ratio aconsellada pola Unión Europea (33%), situándose  nun 30% de cobertura, o que supón un punto máis que o ano pasado”, explicou Rey Varela. Delas, 9739 son prazas públicas en centros xestionados directamente pola Consellería de Política Social. A atención á infancia, o apoio ás familias e favorecer a conciliación, son liñas estratéxicas da Xunta e as escolas infantís son un dos piares fundamentais para facer máis doado que os pais e nais poidan compaxinar a vida laboral, familiar e persoal. “Por elo, cada ano incrementamos a cifra de prazas públicas á disposición dos nosos nenos e nenas e aqueles que non consigan praza, poderán contar co Bono concilia”, asegurou o titular autonómico.

 

Programa de Apoio á Natalidade

Durante a súa intervención, Rey Varela lembrou que o Bono concilia enmárcase no Programa de Apoio á Natalidade (PAN) que a Xunta de Galicia puxo en marcha a finais do ano 2015. Trátase dun conxunto de medidas, en moitos casos pioneiras, das que xa se benefician preto de 40.000 familias galegas a través da Tarxeta benvida, o Bono concilia ou o bono coidado. Tamén grazas ao PAN, se implantaron as 30 primeiras casas niño, situadas en municipios rurais de Galicia con menos de 5000 habitantes que non dispoñen doutro recurso de conciliación. “Trátase dun programa amplo, específico e responsable que busca apoiar á natalidade e á conciliación, por elo, neste ano incrementamos as partidas para este fin, pasando dos 15,4 millóns de euros de 2016 aos 24 millóns orzamentados para este ano”, concluíu o conselleiro.

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: