A XUNTA REALIZA UN CURSO DE INFORMACIÓN XUVENIL PARA PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN QUE NON OBTIVO O CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acudiu hoxe á inauguración da actividade formativa en Santiago

 

  • Desenvolverase desde hoxe e ata o 15 de setembro, terá unha duración de 150 horas e ofertáronse 30 prazas
  • O obxectivo é que os participantes aprendan a organizar e xestionar servizos de información que respondan aos intereses e necesidades das mozas e mozos

 

Santiago, 8 de xuño de 2017.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez inaugurou hoxe en Santiago un curso de información xuvenil para o persoal que traballa neste ámbito na administración. A acción formativa, sostivo a titular autonómica, “dá resposta á demanda das persoas que non se puideron presentar aos procedemento de recoñecemento de competencias profesionais para adquirir o certificado de profesionalidade de información xuvenil que convocamos desde a Xunta nos últimos anos”.

 

Os cursos de información xuvenil deixaron de realizarse en 2012 despois de que Galicia fose a primeira comunidade en pór en marcha o recoñecemento de competencias profesionais para obter o certificado de información xuvenil. Activáronse tres edicións e ofertáronse o maior número de prazas de todo o Estado, nun procedemento que estivo aberto a todo o persoal que traballaba nos Espazos Xove, nos Servizos de xuventude e oficinas municipais de información xuvenil.

 

Agora, e tras as demandas do persoal destes centros que non se puideron presentar nas tres edicións, a Dirección Xeral organiza desde hoxe e ata o 15 de setembro un curso de 150 horas para o que se ofertaron 30 prazas. O obxectivo é que os participantes aprendan a organizar e xestionar servizos de información que respondan aos intereses e necesidades das mozas e mozos.

 

A aprendizaxe inclúe o desenvolvemento de accións de información, así como de orientación e dinamización, ademais da promoción de actividades socioeducativas no marco da educación non formal orientadas a facer efectiva a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento integral da mocidade.

 

 

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: