ABANCA redobra o seu compromiso co sector primario no arranque da Feira Internacional ABANCA-Semana Verde

  • A entidade financeira estará presente na XL edición cun stand no que presentará o seu catálogo de crédito adaptado e a súa oferta de xestores especializados
  • A unidade ABANCA Agro, presentada hai dous anos neste certame, consolídase como socio financeiro de referencia do sector
  • O banco afianza a súa posición de liderado en domiciliación de axudas PAC en Galicia tras incrementar cota de mercado
20170608-abanca-semana-verde-3
O stand de ABANCA na Feira Internacional ABANCA-Semana Verde de Galicia

Descarga en alta resolución

20170608-abanca-semana-verde-2
O stand de ABANCA na Feira Internacional ABANCA-Semana Verde de Galicia

Descarga en alta resolución

20170608-abanca-semana-verde-1
O director de ABANCA Agro, Jesús Combarro (primeiro pola esquerda), xunto ao stand de ABANCA na Feira Internacional ABANCA-Semana Verde de Galicia

Descarga en alta resolución

08-06-2017

ABANCA consolida o seu compromiso co sector primario en Galicia e apoia un ano máis a celebración da Feira Internacional ABANCA-Semana Verde de Galicia. Un certame de referencia no primario do noroeste que este ano cumpre catro décadas con máis de 630 expositores de diversos países. O presidente de ABANCA, Javier Etcheverría de la Muela, participará esta tarde no acto de inauguración da feira, xunto ao director de Banca de Empresas e Pemes de ABANCA, Víctor Casal, e o director de ABANCA Agro, Jesús Combarro.

A proposta de valor coa que a entidade financeira galega acude ao certame toma como base a súa unidade especializadaABANCA Agro, que se presentou precisamente nesta feira hai agora dous anos. Esta división centrada no sector primario conta co maior número de xestores especializados e formados nas necesidades do colectivo na comunidade. Xunto a isto, o banco con sede en Galicia presentará o seu catálogo sectorial de crédito, unha proposta de financiamento con opcións adaptadas a todas as necesidades do colectivo, tanto para dar resposta aos investimentos como a gastos de circulante. A maiores da oferta sectorial propia da entidade para o sector, os asistentes tamén poderán obter información en detalle dos convenios actualmente en vigor e que son de aplicación ao sector.

O apoio de ABANCA ao sector primario faise extensible a toda a cadea de valor que integra o segmento. Unha resposta adaptada ás necesidades específicas dos produtores, os provedores de servizos, a industria transformadora e os comercializadores. Todo elo como continuación a unha liña de traballo conxunto que permitiu ao banco firmar máis de corenta convenios de colaboración financeira con axentes relevantes do primario como asociacións de gandeiros, explotacións animais, cooperativas, viticultores ou pequenos produtores.

Esta destacada presenza na feira consolida a aposta de ABANCA por un sector no que xa é líder en Galicia, tanto en número de oficinas como de xestores especializados. Esta posición destaca especialmente en localidades do interior de Galicia nas que ABANCA é a única entidade financeira. Unha fortaleza que afianza a ABANCA como primeira entidade en domiciliación de axudas PAC de Galicia, cun incremento de tres décimas sobre o pasado ano.

Unha senda de traballo conxunto

Hai xusto dous anos ABANCA comprometeuse coa viabilidade deste certame e de outros que se celebran no recinto feiral de Silleda e converteuse en patrocinador de referencia. A entidade financeira tamén forma parte do Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia desde o ano 2000 e é o socio financeiro exclusivo desta entidade.

O recinto de Silleda acolleu nos últimos meses a celebración de certames especializados como a 21º edición de Salimat ABANCA – Salón de Alimentación do Atlántico, a 4º edición de Fecap ABANCA, a 4ª edición de Galiforest ABANCA e a 2ª edición de ABANCA Cimag-GandAgro.

Con esta 40º edición da Feira Internacional ABANCA-Semana Verde de Galicia, o evento alcanza un total de 637 expositores de 18 países. A superficie neta de expositores medra un 31% respecto ao pasado ano e ascende a 15.243 metros cadrados. Os profesionais do sector e visitantes poderán asistir ao certame ata o vindeiro 11 de xuño.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: