REY VARELA DESTACA O TRABALLO DOS PROFESIONAIS SANITARIOS E SOCIAIS COMO GARANTES DO BENESTAR DAS PERSOAS MAIORES

O conselleiro José Manuel Rey Varela participou esta tarde  na inauguración dos congresos das sociedades española e galega de Xerontoloxía e Xeriatría

  • O conselleiro de Política Social referiuse á aposta transversal da Xunta de Galicia pola prevención da dependencia e o envellecemento activo e saudable

 

A Coruña, 7 de xuño de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou no acto inaugural dos congresos anuais das sociedades española e galega de Xeriatría e Xerontoloxía, que dende hoxe e ata o venres ten lugar nas instalacións do Pazo de Congresos e Exposicións da Coruña (Palexco) baixo a lenda “Envellecemento e cronicidade: unha oportunidade para a prevención e a innovación”. Profesionais sanitarios debaterán e reflexionarán durante este encontro sobre como previr situacións de perda de autonomía persoal ou palialas se estas xa existen, así como aproveitar as innovacións e novos sistemas de tecnoloxías para mellorar a atención ás persoas maiores.

 

Na súa intervención, Rey Varela recoñeceu o labor dos profesionais relacionados coa atención, tanto médica como social, das persoas de idade avanzada, posto que “son unha peza fundamental para garantir o benestar dos nosos maiores cos que traballan cada día e, polo tanto, son os que mellor coñecen as súas necesidades e ofrecen unha diagnose axustada da situación dos mesmos”.

 

O conselleiro indicou que os maiores son tamén un colectivo prioritario nas políticas sociais da Xunta, indicando que na actualidade un de cada catro galegos supera os 65 anos e que para o 2050 os indicadores arroxan que o 34% da poboación de Galicia superará esa idade. “Temos que estar preparados para afrontar esta realidade, xa que o reto demográfico ten moito que ver co fomento da natalidade e o coidado dos máis pequenos pero tamén co benestar das persoas maiores”, dixo.

 

Nesta liña, Rey Varela destacou que o Goberno galego está traballando de maneira transversal na promoción do envellecemento activo a través dunha estratexia que responde a catro eixos fundamentais: o emprego; a participación na sociedade; a vida independente, activa e segura; e a non discriminación e a igualdade de oportunidades. Así mesmo, referiuse á consolidación do sistema autonómico de atención á dependencia coa posta en marcha de novos servizos e programas e coa ampliación do número de beneficiarios, pasando dos 14.000 usuarios en 2009 aos máis de 48.000 actuais.

 

Por último, o titular de Política Social reiterou o firme compromiso da Xunta de Galicia en continuar avanzando na mellora da calidade de vida dos maiores, en especial daqueles que viven solos ou teñen a súa autonomía persoal limitada. Un obxectivo cuxo cumprimento pasa por “continuar afondando na coordinación sociosanitaria, xuntar forzas entre profesionais e administración e aproveitar as novas tecnoloxías para mellorar a atención”, concluíu.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: