REY VARELA INSISTE NA COLABORACIÓN ENTRE ADMINISTRACIÓNS PARA LOITAR CONTRA A POBREZA E A EXCLUSIÓN SOCIAL

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, compareceu hoxe en sede parlamentaria

  • Destacou a rebaixa substancial producida no último ano nos prazos de resolución da RISGA agás na cidade de Vigo, que acumula un retraso de cinco meses por mor da emisión do informe social municipal

 

Santiago, 7 de xuño de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, compareceu esta tarde en sede parlamentaria para reclamar unha maior colaboración institucional na loita contra a pobreza e a exclusión social. O titular autonómico respondía así a unha pregunta respecto dos retrasos que rexistra o Concello de Vigo na tramitación da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) por mor da demora na emisión do informe social municipal.

 

Nesta liña, Rey Varela lembraba que a Lei de inclusión social establece un plazo máximo de resolución para os expedientes da RISGA de tres meses, dos que un mes correspóndelle ao concello para emitir o dito informe social e os dous restantes á Xefatura territorial correspondente unha vez conte coa documentación completa. No último ano, os tempos medios de resolución reducíronse en Galicia un 51,47% tal e como recoñece a propia Valedora do Pobo no seu informe de 2016, onde subliña que as queixas por RISGA deixaron de estar motivadas polas demoras na súa resolución. Deste xeito, os tempos medios roldan os dous meses, agás en Pontevedra, que está cifrado en a penas un mes, e Vigo, que tarda unha media de cinco meses.

 

Ao respecto destes datos, o titular de Política Social aseguraba que o esforzo realizado pola Xunta de Galicia para reforzar os Servizos Sociais comunitarios cun incremento da contía asignada aos concellos para o financiamento dos gastos de persoal cifrada en dez millóns de euros, un 22,4% máis que en 2015, “está dando os seus froitos xa que nos está permitindo dar unha mellor resposta a aqueles que peor o están pasando, a aqueles galegos e galegas en situación de vulnerabilidade”. E, ao fío, Rey Varela lamentou que pese ao incremento concedido á cidade de Vigo en 2016, que recibía a achega máis importante das concedidas na última convocatoria do Plan Concertado, o que lle permitiu a contratación de 11 novos técnicos de servizos sociais (9 traballadores sociais, 1 educador social e un psicólogo), non é quen de rebaixar os tempos medios de espera.

 

“O Concello de Vigo dispón, grazas ao Goberno da Xunta de Galicia, de todas as vimbias para loitar contra a exclusión social; para conseguir o benestar daquelas persoas que peor o están a pasar e máis precisan da nosa axuda – sinalaba o conselleiro de Política Social – Tan só teñen que traballar da man con outras administracións para que todos xuntos consigamos unha sociedade máis xusta, igualitaria e con menos desigualdade social”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: