A XUNTA E OS CONCELLOS DE MOAÑA, CANGAS E BUEU ACORDAN VARIAR O TRAZADO DA AUTOVÍA DO MORRAZO PARA PRESERVAR O CASTRO DE MONTEALEGRE, O QUE IMPLICA PECHAR O TRÁFICO DO CORREDOR 7 MESES

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda e o director da Axencia Galega de Infraestruturas informáronlles hoxe aos alcaldes do Morrazo que con esta decisión será posible abrir en maio os dous primeiros treitos xa con características de autovía

  • Ethel Vázquez sinala que a ampliación do túnel actual, en lugar de facer un segundo, é tecnicamente viable, e ademais será unha obra de referencia da que non se coñecen equivalencias en España
  • A Xunta realizou unha ambiciosa campaña de escavación arqueolóxica, en coordinación coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, cun investimento de máis dun millón de euros, o que permite a documentación do xacemento
  • A conselleira pediu paciencia aos veciños polas molestias desta modificación do proxecto e concreta que a Xunta vai reforzar o transporte marítimo de ría desde Moaña e o servizo de ambulancia no Morrazo para minimizar as afeccións
  • Fai fincapé en que o obxectivo deste proxecto é dotar canto antes á comarca dunha infraestrutura estratéxica para o reforzo da seguridade viaria, para resolver os problemas de capacidade e mellorar a vertebración territorial

 

Moaña (Pontevedra), 9 de xuño de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, mantivo hoxe un encontro cos alcaldes de Moaña, de Cangas e de Bueu, no que acordaron variar o trazado da autovía do Morrazo para preservar o castro de Montealegre, o que implicará pechar o tráfico para avanzar nas obras entre outubro e o vindeiro mes de maio, cando xa se abrirán os dous primeiros treitos con características de autovía.

 

Vázquez Mourelle cualificou esta alternativa como irrenunciable, xa que permitirá preservar, na súa totalidade, o castro de Montealegre, no que se vén traballando intensamente desde a Xunta, nos limitados ámbitos que inicialmente quedaban afectados pola infraestrutura.

 

Nos últimos meses a AXI levou a cabo un estudo técnico sobre a viabilidade de ampliar o túnel actual para proceder a duplicar a estrada, tendo en conta que a existencia de 2 carrís en cada sentido é irrenunciable para garantir a seguridade viaria e a funcionalidade da infraestrutura. Neste sentido, a conselleira subliñou que ampliar o túnel actual, en lugar de facer un segundo, é tecnicamente viable, ademais de constituír unha obra de referencia da que non se coñecen equivalencias en España.

 

O Goberno galego realizou unha ambiciosa campaña de escavación arqueolóxica, en coordinación coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, uns traballos cun investimento de máis dun millón de euros e que están a permitir un labor de documentación do xacemento de enorme valor histórico e cultural e a posta á disposición da cidadanía desde ben patrimonial.

 

A titular de Infraestruturas subliñou que a Xunta é consciente das incomodidades e alteracións na mobilidade dos veciños, polo que pediu comprensión e paciencia polas molestias que ocasionará esta modificación do proxecto. Concretou que o Goberno galego vai poñer medios para minimizar as molestias, como é o reforzo do transporte marítimo de ría desde Moaña e o reforzo do servizo de ambulancia no Morrazo.

 

Vázquez Mourelle fixo fincapé en que o obxectivo deste proxecto é dar resposta a unha vella demanda e dotar canto antes aos veciños e á comarca dunha infraestrutura estratéxica e fundamental para o reforzo da seguridade viaria, para resolver os problemas de capacidade e mellorar a vertebración territorial.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: