Entrevista do concelleiro de Vías e Obras Manuel Carrera co conselleiro Francisco Conde

O concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, mantivo este mércores unha xuntanza en Santiago co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, para tratar distintos temas de interese para O Porriño.

Manuel Carrera informou ao conselleiro da presentación da solicitude de subvención para o un proxecto Rede de Calor ’District Heating’, coa finalidade de instalar na contorna do Pavillón Municipal unha pequena ‘estación de biomasa’ que subministraría, mediante  enerxía limpa, calefacción e auga quente ao mesmo pavillón e á piscina municipal, a o Centro de Saúde, os Xulgados, a sede da Tesourería da Seguridade Social, á Gardería A Galiña Azul, e aos edificios da zona, que teñan caldeiras de gasóleo ou gas, e que se acollesen a este proxecto, proporcionando o calor e a auga quente por medio de ‘tubaxes preilladas’, “que irían soterradas ata cada un dos devanditos inmobles”.

O orzamento total deste programa, que xa se está a aplicar en noutros dous concellos de Galicia, entre eles o de Silleda, achegaríase a 1 millón de euros, do cal a Xunta de Galicia achegaría o 80%, un total de 800.000€, e o Concello do Porriño os outros 200.000, cantidade que, como subliña o concelleiro de Vías e Obras, “recuperaríase en moi pouco tempo co aforro no subministro de enerxía, co cal, finalmente, sería a custo cero para os veciños”.

Carrera e Conde tamén repasaron todas as solicitudes de liñas de subvencións presentadas polo Goberno municipal que teñen un “obxectivo moi ambicioso” na mellora do alumeado  en todo o polígono de As Gándaras, no PPI-6 e PPI-7,con luces LED, “coa conseguinte redución nas emisións de CO2 e o aforro”.

Esta iniciativa suporía duplicar o aforro conquerido en 2016 e este 2017, uns 150.000€ e, nos vindeiros exercicios,  chegar a unha rebaixa na factura do alumeado municipal duns 600.000€ anuais, reducindo, ao mesmo tempo, a emisión de máis de 4.000 toneladas de CO2 á atmosfera.

Segundo sinalou Manuel Carrera, “o conselleiro amosou a súa satisfacción polo traballo que está a desenvolver o Concello do Porriño na mellora do Medio Ambiente”, como xa manifestara o pasados mes de abril cando estivo na vila para ver as caldeiras de biomasa instaladas no  Polideportivo Municipal e na piscina, e animou a seguir nesta liña de aposta pola sostenibilidade enerxética.

Por último, Conde comprometeuse a facer unha nova visita á vila, neste caso para manter unha xuntanza co Goberno Municipal sobre a problemática da des-localización de industrias, sobre todo de cara a Portugal, achegarse aos polígonos industriais, coñecer as súas necesidades polo miúdo, e amosar o seu compromiso coa industria porriñesa, unha das máis importantes de Galicia.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: