O CCVV PRESENTA O PLAN DE ACTUACIÓN 2018-2024 CUNHA INVERSIÓN QUE SUPERA OS 15 MILLÓNS DE EUROS

  • A Xunta aposta por dar continuidade e estabilidade ao proxecto iniciado en 2005 polo Consorcio Casco Vello coa maior prórroga aprobada ata o de agora
  • O período de financiamento esixe novas achegas das entidades consorciadas por importe de 1,4 millóns o IGVS e 140.000 euros o Concello de Vigo
  • Os investimentos levaranse a cabo nas zonas alta e baixa do casco histórico e permitirán ter rehabilitados 5.000 metros cadrados de vivendas e 1.900 de locais

 

Vigo, 8 de xuño de 2017.-  A Xunta de Galicia aposta por dar continuidade e estabilidade ao proxecto iniciado en 2005 polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) por instancia del presidente Alberto Núñez Feijóo e a por aquel entón alcaldesa Corina Porro. Así o destacou o delegado do Goberno galego na área territorial, Ignacio López-Chaves, quen compareceu hoxe en rolda de prensa para informar dos asuntos abordados no Consello de Administración do organismo do que é presidente e no que se presentou o plan de actuación 2018-2014 cunha inversión prevista que supera os 15 millóns de euros.

 

Na reunión desta mañá, convocada con carácter extraordinario, acordouse  iniciar os trámites para solicitar a prórroga do convenio subscrito entre as administracións local e autonómica por un espazo temporal de sete anos, o maior acordado ata o de agora. Unha iniciativa que ao parecer concita o respaldo das dúas administracións consorciadas, nun 90% a Xunta e nun 10% o Concello.

 

Os investimentos previstos levaranse a cabo nas zonas alta e baixa do casco histórico vigués e permitirán ter rehabilitados 5.382,52 metros cadrados de vivendas e 1.882,08 de locais. En conxunto o plan recolle como obxectivo de partida a rehabilitación dunha decena de edificacións nos vindeiros sete anos, que podería elevarse de aprobar como ten avanzado o Goberno local a vía da expropiación, tal e como apuntou López-Chaves.

 

Investimentos que levan aparellada unha achega adicional tanto por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) coma do Concello, cunha contía de 1,4 millóns o primeiro e 140.000 euros o segundo. Neste senso, o delegado territorial da Xunta en Vigo quixo remarcar que se trata da maior inversión da Administración autonómica no eido da rehabilitación e recordar que este organismo é o único consorcio que existe en Galicia.

 

“Conseguimos recuperar o Casco Vello de Vigo e a Xunta vai seguir apostando por sumar novas familias ao barrio histórico, unha zona degradada que perdía poboación e que agora a recupera”, dixo para remachar cun “fixémolo con compromiso, prazo e presuposto”.

 

Entre as razóns esgrimidas para solicitar a prórroga, na memoria xustificativa cítase que non se acadaron a totalidade dos obxectivos fixados no Plan Especial de Protección e Reforma Interior Casco Vello (PEPRI), a pesar do intenso labor levado a cabo por este organismo. Nun segundo termo, faise alusión ao grao de aceptación das vivendas e locais rehabilitados, inmobles construídos baixo a figura legal de Vivenda de Protección Autonómica, que permitiron frear e mesmo reverter o proceso de envellecemento da poboación residente nesta zona da cidade. Nun terceiro punto destaca o papel dinamizador que tivo a actuación do CCVV, contribuíndo a mellorar a imaxe do barrio histórico. E por último, menciónanse as novas posibilidades que abre á figura da rehabilitación o borrador do Real Decreto do Plan Estatal de Vivendas 2018-2021. No mesmo inclúense dous programas, o de “Fomento da Rexeneración e Renovación Urbana e Rural” e o “Programa de Apoio aos Mozos” que se adaptan perfectamente ao labor asignado ao Consorcio Casco Vello.

 

Labor do CCVV

Nestes doce anos, o Consorcio Casco Vello adquiriu 68 inmobles situados dentro dos límites do seu ámbito de actuación, fixados polo PEPRI Casco Vello. Deles 46 están xa totalmente rehabilitados, 7 foron transferidos a outros organismos, 4 están en proceso de construción, 5 en proxecto e tan só en seis deles, a maior parte de recente adquisición, non se iniciaron aínda os labores de rehabilitación.

 

O consorcio promoveu 108 vivendas, das que 83 xa foron vendidas e outras 15 están en distinta fase de execución. En canto a locais comerciais, interveuse en 33, dos cales 29 xa están totalmente finalizados, e unha boa parte deles están xa vendidos ou alugados.  O investimento total desde a súa constitución supera os 45 millóns de euros.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: