Residencia Salvaterra
Neste centro traballan na actualidade sete auxiliares na quenda de mañá, sete na de tarde e dous na de noite. Atenden a 106 residentes, moitos deles encamados, tendo cada auxiliar menos de quince minutos para erguelos, asealos e vestilos.
So unha enfermeira por quenda
Unha soa cociñeira fai menús, atende pedidos e cociña o xantar dos 106 residentes.
Dúas limpadoras tocan a 53 camas cada unha en sete horas!!
Profesionais con xornadas extenuantes atendendo a persoas dependentes que merecen máis do que elas lle poden dar.
Traballos que son pagados con menos de mil euros, nóminas mal calculadas, polas que hai que esperar ata o día sete o oito do mes. Ben seguro que os residentes pagan ben e na hora!!
Lonxe de agradecer e de coidar destas profesionais, a empresa da familia IBAÑEZ sabedora do medo que o día de hoxe supón perder un posto de traballo exerce sobre o seu persoal un acoso que non ten limite.
Despide e acosa, leva persoas ata a baixa médica por depresión, simplemente porque manifestan ter dereitos.
A CIG ten interpostas denuncias diante da autoridade laboral e no xulgado. Pelexará pola readmisión das despedidas, chegará ata onde sexa necesario e pedíralle á Consellería que revise a concesión e esixa unha boa xestión dos nosos recursos.
Solicitamos das familias e dos residentes apoio ás mulleres que atenden aos seus, e que xunto con nos esixan un bo trato ás traballadoras que con seguridade mellorará o benestar dos internos.
O acoso laboral limita a calidade asistencial !
Residencia Salvaterra
Neste centro traballan na actualidade sete auxiliares na quenda de mañá, sete na de tarde e dous na de noite. Atenden a 106 residentes, moitos deles encamados, tendo cada auxiliar menos de quince minutos para erguelos, asealos e vestilos.
So unha enfermeira por quenda
Unha soa cociñeira fai menús, atende pedidos e cociña o xantar dos 106 residentes.
Dúas limpadoras tocan a 53 camas cada unha en sete horas!!
Profesionais con xornadas extenuantes atendendo a persoas dependentes que merecen máis do que elas lle poden dar.
Traballos que son pagados con menos de mil euros, nóminas mal calculadas polas que hai que esperar ata o día sete o oito do mes. Ben seguro que os residentes pagan ben e na hora!!