A XUNTA INFORMA Á PLATAFORMA SALVEMOS O CASTRO E AO CONCELLO DE MOAÑA SOBRE A MODIFICACIÓN DO TRAZADO DA AUTOVÍA DO MORRAZO COA QUE SE GARANTIRÁ A PROTECCIÓN DO XACEMENTO DE MONTEALEGRE

  • Técnicos da Consellería de Infraestruturas explicaron hoxe os detalles da solución técnica adoptada para a ampliación do túnel actual, en lugar de construír un segundo
  • Esta actuación, dadas as súas grandes dimensións e o seu procedemento construtivo, será unha obra cunhas características singulares, unha infraestrutura de referencia da que non se coñecen equivalencias en España
  • A ampliación realizarase mediante o incremento de 4,3 metros cara a marxe dereita desta infraestrutura existente e 2,1 metros cara a marxe esquerda
  • A Xunta realizou unha campaña de escavación arqueolóxica, cun investimento de máis dun millón de euros, que está a permitir un labor de documentación do xacemento e a súa posta á disposición da cidadanía

 

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017.- Técnicos da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, xunto coa directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua, mantiveron hoxe un encontro de traballo con representantes do Concello de Moaña e da plataforma dixital Salvemos O Castro para abordar as actuacións que levará a cabo a Xunta para preservar este ben patrimonial, no marco das obras da autovía do Morrazo.

 

A Xunta e os Concellos de Cangas, Moaña e Bueu acordaron o pasado venres variar o trazado da autovía do Morrazo para protexer este castro. Neste sentido, os técnicos da Consellería de Infraestruturas explicaron hoxe que para iso, levouse a cabo un estudo que determinou que a ampliación do túnel actual, en lugar de construír un segundo, é tecnicamente viable.

 

Neste estudo determinouse a viabilidade de ampliar o túnel actual para proceder a duplicar a estrada, tendo en conta que a existencia de 2 carrís en cada sentido é irrenunciable para garantir a seguridade viaria e a funcionalidade da infraestrutura.

 

Esta actuación, dadas as súas grandes dimensións e o seu procedemento construtivo, será unha obra cunhas características singulares, unha infraestrutura de referencia da que non se coñecen equivalencias en España.

 

A ampliación do túnel de Montealegre existente executarase segundo este esquema: incremento de 4,3 metros cara a marxe dereita desta infraestrutura e 2,1 metros cara a marxe esquerda.

 

Os técnicos tamén indicaron no encontro de hoxe que o Goberno galego realizou unha ambiciosa campaña de escavación arqueolóxica, en coordinación coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, uns traballos cun investimento de máis dun millón de euros, que están a permitir un labor de documentación do xacemento de enorme valor histórico e cultural e a posta á disposición da cidadanía desde ben patrimonial.

 

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: