A XUNTA OUTORGARÁ AXUDAS PARA MELLORAR INFRAESTRUTURAS E EQUIPAMENTO DE ESCOLAS INFANTÍS DE INICIATIVA SOCIAL DE 0 A 3 ANOS

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización demográfica, Amparo González, mantivo un encontro cos responsables dos centros para informalos da nova orde

 

  • A administración autonómica destina a estas subvencións, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, 600.000 euros
  • A orde, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, tamén subvencionará obras novas de escasa contía que melloren a accesibilidade ou doten o edificio de servizos necesarios
  • Amparo González destacou que esta actuación enmárcase no PAN, o programa integral da Xunta de Galicia que ten como obxectivo apoiar ás familias galegas ofrecendo respostas globais ás súas necesidades

 

Santiago, 12 de xuño de 2017.- A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización demográfica, Amparo González, mantivo hoxe unha reunión cos responsables das Escolas Infantís de Iniciativa Social (EPIS), para informalos da nova orde de axudas destinadas á mellora das infraestruturas e equipamento destes centros de 0 a 3 anos publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia e que se convoca por primeira vez.

 

O compromiso coa calidade da atención educativa nas idades máis temperás implica que debe prestarse atención ás infraestruturas en que se desenvolve e ao equipamento co que estas están dotadas, para asegurar que se favorecen ambientes adecuados ás necesidades dos nenos e nenas destas idades. “Contar con espazos apropiados contribúe ao benestar físico e psíquico dos pequenos e tamén do persoal educativo, o que incide favorablemente no desenvolvemento dos procesos de aprendizaxe e na mellora da súa efectividade”, explicou a titular autonómica durante o encontro.

 

Deste xeito, esta orde de axudas para o ano 2017 subvencionará as obras menores de adecuación e mellora das infraestruturas dos centros de atención á primeira infancia, así como obras novas de escasa contía que melloren a accesibilidade ou doten o edificio de servizos necesarios. Estas axudas tamén cubrirán a adquisición e mellora do equipamento preciso para o desenvolvemento da actividade, incluída a compra de mobiliario interior e exterior e material didáctico de xogo, así como a dotación de conexión a internet e compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula (ordenador, encerado dixital, gravadoras, etc).

 

Amparo González destacou que a Xunta de Galicia destina a estas axudas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), 600.000 euros. Grazas a este importe, financiarase ata o 100% do investimento subvencionable e unha contía máxima por cada centro de 15.000 euros para as actuacións destinadas á realización de obras e de 10.000 euros para as destinadas á compra de equipamento e mais á integración das novas tecnoloxías na aula. Cada entidade poderá percibir unha axuda máxima de 25.000 euros, con independencia do número de centros para os que presente solicitude. Cómpre destacar que en ningún caso serán subvencionables os gastos derivados de actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a substitución de materiais deteriorados polo uso.

 

Para poder optar a estas axudas, as entidades deberán estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Política Social e prestar unha atención educativa con prezos sometidos ao réxime de prezos públicos.

 

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos e o prazo será dun mes contado a partir de mañá martes 13.

 

No marco deste encontro Amparo González fixo referencia ao incremento do 3% no investimento da orde que regula as axudas ás EPIS e que ten como fin subvencionar os gastos de persoal, de alimentación e outros gastos xerais de mantemento dos centros.

 

Programa de apoio á natalidade

A directora xeral lembrou que esta actuación enmárcase no PAN, un programa integral da Xunta de Galicia que ten como obxectivo apoiar ás familias galegas ofrecendo respostas globais ás súas necesidades a través de políticas públicas de apoio á familia e á infancia, así como mediante a promoción e adopción de medidas de conciliación que garantan un ambiente favorable para o libre desenvolvemento das familias.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: