Archive | junio 13, 2017

O MINISTERIO DE FOMENTO AVANZA O REFORZO DAS MEDIDAS PARA EVITAR ATASCOS POLAS OBRAS DA AP-9 NO VERÁN

  • Os responsables ministeriais confirman que durante os meses de xullo e agosto o ramal de incorporación á Ap-9 desde o Corredor do Morrazo reabrirá ao tráfico os carriles pechados, tal e como pediu o Goberno galego
  • O secretario de Estado de Infraestruturas confirma que proximamente se elevará ao Consello de Ministros o Real Decreto que eximirá á Xunta de Galicia de seguir financiando con 6 millóns de euros ao ano a subvención das peaxes de Rande e A Barcala
  • O Consello de Estado emitiu xa o seu ditame sobre ese Real Decreto, que reducirá sensiblemente o diñeiro público que ingresa a concesionaria por esa subvención, que se manterá intacta para os usuarios

 

Madrid, 13 de xuño de 2017.- O Ministerio de Fomento avanzou hoxe o reforzo das medidas destinadas a evitar atascos motivados polas obras de ampliación da autoestrada AP-9 durante o vindeiro verán, tal e como solicitou o Goberno galego. Así o trasladou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, na nova xuntanza da comisión conxunta sobre a Autoestrada do Atlántico que tivo lugar esta mañá en Madrid e na que particopou tamén o secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gómez-Pomar.

 

Os responsables ministeriais confirmaron que está previsto eliminar, antes do período de maior intensidade de tránsito de vehículos dos meses de verán, restriccións de tráfico impostas polo avance das obras de ampliación da autoestrada á altura de Rande.

 

Concretamente, avanzaron que o 1 de xullo se reabrirán ao tráfico os carriles pechados do acceso á AP-9 desde o Corredor do Morrazo, que se manterá plenamente operativo ata a fin de agosto.

 

Na mesma lliña, na xuntanza constatouse o impacto postivo das medidas adoptadas nos exercicios anteriores para evitar os colapsos de tráfico nas áreas de peaxe, que consistiron tanto no reforzo do persoal como na remodelación das praias de cobro de Cecebre, Teo e Pontevedra, e na mellora da seguridade da saída cara ao nó de Curro, de enlace coa Autovía do Salnés.

 

Por ese motivo, o Ministerio de Fomento garantiu que manterá a atención para garantir que nos momentos de maior tráfico as áreas de peaxe dispoñan de todos os medios humanos necesarios para evitar retencións.

 

A xuntanza de hoxe serviu tamén para facer un repaso do avance das obras de ampliación da capacidade e de rerforzo de firme da autoestrada que se están a executar na actualidade.

 

 

Subvención das peaxes de Rande e A Barcala

Por outra banda, o secretario de Estado de Infraestruturas confirmou que proximamente se elevará ao Consello de Ministros o Real decreto que eximirá á Xunta de Galicia de seguir financiando con 6 millóns de euros ao ano a subvención das peaxes da AP-9 en Rande e A Barcala.

 

En virtude dun acordo asinado polo Goberno bipartito da Xunta, a Administración autonómica financia ao 50% co Ministerio de Fomento o custo desa subvención da peaxe aos usuarios. A Xunta de Galicia e o Goberno central acordaron recentemente poñer fin á participación da Administración autonómica nese gasto, xa que afecta á peaxe dunha infraestrutura de titularidade estatal.

 

O Consello de Estado emitiu xa o ditamte favorable sobre o Real Decreto que o fará posible, e que, ademais, reducirá sensiblemente o diñeiro público que ingresa a concesionaria por esa subvención, manténdoa intacta para os usuarios

 

 

“SECTOR NAVAL: A RECUPERACIÓN DA PRECARIEDADE”

 

A federación de Industria da CIG de Vigo desenvolverá unha concentración de delegados/as sindicais diante da Inspeccción de Traballo (r/ Cánovas del Castillo) este mércores 14 de xuño de 11:30 a 12:30 horas para denunciar a inacción da autoridade laboral fronte ao incumprimento do convenio do naval, que está a provocar un incremento da explotación e da precariedade no sector.

 

Dende a CIG-Industria explican que o naval, un dos sectores económicos mais importantes da economía galega e prioritario na nosa comarca, leva seis anos de parálise na contratación pola falta de compromiso político das distintas Administracións no que atinxe á defensa dos nosos sectores produtivos ante a Unión Europa, mais tamén pola falta dun plan industrial específico para o sector.

 

Esta situación agravouse pola mala xestión dalgúns estaleiros, que levou á destrución de máis de 100 empresas e 10.000 postos de traballo, entre elas moitas das históricas e coa estrutura necesaria para poder liderar unha futura recuperación do sector. Ademais, a desregulación actual compromete o futuro das poucas que aguantaron.

 

Cómpre lembrar que nos anos anteriores á crise, cunha alta carga de traballo, os empregados/as do sector foron quen de converter o noso convenio como referente a nivel estatal. “Non nos regalaron nada, todo se logriu a base de loita, a loita lexítima da nosa clase para alcanzar as mellores condicións salariais e de traballo.

 

Agora, cando se visualiza unha tímida recuperación logo de tocar fondo, pretenden precarizar estas condicións de traballo até niveis de escravitude, chegando a cobrarse “impostos revolucionarios” ao traballo por parte dalgunhas mal chamadas empresas; o incumprimento do convenio é maioritario, facéndole unha competencia desleal ás poucas compañías que entenden a necesidade da regulación para garantir a estabilidade e o futuro do sector.

 

Para que negociar un convenio se non se lles esixe cumprilo? Dende a CIG témolo claro, polo que levamos tempo denunciando e seguirémolo a facer sempre que se sigan a dar situacións de explotación. A situación que están a padecer os traballadores/as do sector ten responsábeis, especialmente os que miran cara a outro lado, entre eles a Xunta de Galiza e a Inspección de Traballo, que teñen a obriga de controlar e facer cumprir as condicións de traballo dos galegos/as.

O XOVES 15 DE XUÑO, PRESENTACIÓN DO CONTO “NERÓN, O CANCIÑO QUE RODA POR VIGO”

O xoves 15 de xuño presentaremos en Detrás do Marco o conto “Nerón, o canciño que roda por Vigo” da escritora e ilustradora galega  Francesca López d’a Silva, editado pola editorial Elvira. “Nerón, o canciño que roda por Vigo” é unha declaración de amor cheíña de lunares, coa que Francesca chega ao corazón dos nenos.

Na presentación estarán a autora e a maquetadora para contarnos curiosidades sobre o conto e sobre Nerón e para que os cativos, e non tan cantivos, pregunten o que queiran saber.
 
Día: 15 de xuño
Hora: 20:00 horas
Lugar: Detrás do Marco (R./ Londres s/n)

A XUNTA CELEBRA UNHA XORNADA SOBRE AS AXUDAS A ENTIDADES PARA A INSERCIÓN SOCIO-LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización demográfica, Amparo González participou esta mañá nesta reunión de traballo

 Esta orde de subvencións, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, ten como obxectivo contribuír á mellora da empregabilidade deste colectivo a través do desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación

  • O crédito inicial previsto para esta convocatoria supera o millón de euros
  • A orde enmárcase na Estratexia galega sobre discapacidade 2015-2020, na liña estratéxica de formación e emprego, e incorpora de maneira transversal a perspectiva de xénero

 

Os composteláns Zapa! e os ponteareáns SonDaRúa actuarán este mes de agosto no Revenidas

Os composteláns Zapa! e os ponteareáns SonDaRúa actuarán este mes de agosto no Revenidas

A Fundación Paideia Galiza-Estudios Mans deu a coñecer este mediodía a través dunha rolda de prensa os nomes das bandas gañadoras dos seis concursos de maquetas organizados a través da plataforma web www.sonidosmans.com, destinada á promoción de músicos e grupos emprendedores en España e Portugal. No acto, celebrado na sede da fundación na Coruña, estiveron presentes os representantes de cinco dos seis festivais colaboradores (Xoán Quintáns do Revenidas, Carlos Rodríguez do Portamérica, Berta Domínguez do SonRías Baixas, Antonio Caneda do Atlantic Fest e Fredo Reboreda de O Marisquiño), que acompañaron a Guillermo Vergara, Vicepresidente da Fundación Paideia Galiza, na lectura do fallo do xurado.

Os grupos gañadores desta primeira edición de SonidosMans son:
•    Revenidas: Zapa! (Santiago de Compostela) y SonDaRúa (Ponteareas)
•    Portamérica: Fizzy Soup (Cuenca) y Say My Name (A Coruña)
•    SonRíasBaixas: Hexany (A Coruña) y The Soul Breakers (Pontevedra)
•    SinSal Son Estrella Galicia: Néboa (Lisboa/Catoira) y CintaAdhesiva (Vigo)
•    Atlantic Fest: Komodo (Vigo) y Audionave (A Coruña)
•    O Marisquiño: TR3S (Ames) y Playa Desmayo (A Coruña)

Material fotográfico: foto da presentación desta mañá | foto de Zapa! | imaxe de SonDaRúa.

Achegamos neste mesmo correo a nota de prensa sobre o acto emitida pola Fundación Paideia.

A XUNTA DE GALICIA ORGANIZA CAMPOS DE TRABALLO NOS MUNICIPIOS DE VILANOVA DE AROUSA E CERCEDO-COTOBADE

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou hoxe os convenios cos responsables dos municipios pontevedreses onde se desenvolverán estas accións.

  • Os participantes na convivencia de Cercedo-Cotobade realizarán unha curtametraxe sobre o valor social e cultural do rural galego, e os de Vilanova de Arousa ocuparanse da limpeza da senda costeira do Terrón-Patiñas

 

Pontevedra, 13 de xuño de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, destacou hoxe que a campaña galega de verán dirixida á mocidade é a máis importante de toda España cunha oferta superior ás 9.500 prazas en campos de traballo, campamentos, albergues e actividades para xente nova con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. Así o afirmou durante a firma dos convenios de colaboración cos concellos de Vilanova de Arousa e Cercedo-Cotobade que permitirán o desenvolvemento de dous campos de traballo nestes municipios pontevedreses. O acto, que tivo lugar nas dependencias da delegación territorial, tamén contou coa participación da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, e do delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís.

 

Rey Varela explicou que 40 persoas (20 en cada un dos campos) daranse cita nestas dúas convivencias abertas á participación de mocidade procedente de países estranxeiros. En canto á temática dos mesmos, o de Cercedo-Cotabade estará centrado no ámbito audiovisual e social, mentres que o de Vilanova de Arousa abordará cuestións ambientais e relacionadas co medio mariño.

 

Así, a experiencia que terá lugar no municipio de Cercedo-Cotobade reunirá baixo o título “Un rural de cine” a 20 rapaces e rapazas que realizarán unha curtametraxe sobre o valor social e cultural do rural galego, involucrando ás persoas voluntarias na posta en marcha do proxecto. O obxectivo que se procura con esta actividade é poñer en valor o contorno rural e dalo a coñecer entre a mocidade que veña de fóra.

 

Ademais, os participantes colaborarán activamente coas persoas e cos oficios e coas persoas do lugar e implicaranse en labores ambientais de recuperación do patrimonio cultural e social. Así mesmo, durante o tempo que dure o campo de traballo realizaranse actividades complementarias como ruta en kaiak de mar, tiro con arco, rutas en paddle surf, edición de imaxe e son, obradoiros de retoque fotográfico, visita á Illa de Arousa e saídas culturais.

 

O campo de traballo de Vilanova de Arousa terá como actividade principal a limpeza da senda da costa do Terrón-Patiñas, de gran valor ecolóxico e turístico  que transcorre pola zona norte deste municipio. Os participantes tamén realizarán tarefas de recuperación da arquitectura mariñeira da zona do Illote da Insuíña, coa limpeza e destape da pedra do país da construción e limpeza tanto do espazo anexo como dos camiños.

 

A experiencia complétase cunha serie de actividades deportivas náuticas e de contacto coa natureza (snorkel, bodyboard e paddle surf, slackline e sendeirismo), así como con visitas e excusións ao Museo da Salgadura do Grove, ao miradoiro do Siradella e o complexo intermareal Umia-O Grove-Ons, e á lonxa e ao porto persqueiro da localidade.

 

O titular de Política Social valorou estes campos de traballo como “unha excelente ferramenta de educación non formal para a xente nova, xa que engloba experiencias de participación, de voluntariado e de mobilidade”, e que ademais “axudan a dinamizar a vida xuvenil nos concellos galegos onde teñen lugar”, engadiu. E, ao fío, lembrou que a oferta estival na provincia de Pontevedra complétase coas 120 prazas dos campos de traballo emprazados nas Illas Cíes.

 

Nesta liña, Rey Varela destacou o carácter voluntario, altruísta e solidario das actividades que se desenvolven nestes campos, o que permite aos participantes “poñer o seu grao de area para mellorar a nosa sociedade”. Tamén subliñou deste programa de verán que “promove valores como o traballo en equipo, a convivencia e o respecto, así como a implicación da xuventude na sociedade ao afondar en materias que  do seu interese e abrirlles novos camiños para a súa realización persoal”.

 

Campaña de verán 2017

Este verán, os mozos e mozas galegos poderán escoller entre participar nos 28 campos de traballo que se organizan nas catro provincias galegas ou ben elixir entre as prazas que se ofertan en campos no estranxeiro e noutras Comunidades Autónomas.

 

Esta actividade  enmárcase dentro da Campaña de Verán 2017 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado baixo a lenda “O teu verán colle nunha mochila”. Esta campaña é a máis inclusiva e importante dos últimos anos no que se refire a número de prazas ofertadas. En total, son 9.572 as prazas que se ofrecen, o que significa incrementar nun 6% as prazas dispoñibles no ano pasado.

 

Ademais destes campos, a campaña de verán inclúe albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade. A Consellería de Política Social destina un orzamento de 2,9 millóns de euros a esta campaña.

 

Cómpre destacar que, outro dos aspectos positivos da campaña está no impulso ao emprego que leva aparellada. Grazas ao desenvolvemento destas actividades, as empresas de ocio e tempo libre de Galicia darán traballo a máis de 900 monitores/as e directores/as de campamentos.

 

Estes números consolidan a Galicia como a Comunidade Autónoma que máis prazas en campamentos de verán oferta para a mocidade. Deste xeito, “estamos a blindar a posibilidade de que a xuventude empregue o seu tempo libre nos meses de xullo e agosto participando en actividades de educación non formal de moi diversa índole: cultural, medioambiental, deportivo, de voluntariado, etc., que lles servirán para divertirse e tamén para o seu enriquecemento persoal e vital”, concluíu Rey Varela.

 

 

Abonos para a Tempada de Teatro Afundación de Vigo

Afundación pon á venda os abonos para a Tempada de Teatro de setembro a decembro no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). Os abonos estarán dispoñibles do 21 de xuño ao 3 de setembro e as adquisicións poderanse realizar no teléfono 902 504 500. Aquelas persoas abonadas a tempada anterior poderán adquirilos os días 19 e 20 de xuño e contan coa posibilidade de conservar o mesmo asento se así o desexan. Os abonos supoñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo do billete individual. Ademais, Afundación conta cunha política de bonificacións e descontos para desempregados, xubilados e xente nova que supón unha rebaixa adicional dun 10 %.

A XUNTA DE GALICIA PON Á DISPOSICIÓN DA MOCIDADE 220 PRAZAS NAS RESIDENCIAS XUVENÍS PARA O CURSO 2017-2018

 

  • Están destinadas a persoas de 16 a 30 anos que cursen ciclos formativos de grao medio ou superior, bacharelato, estudos universitarios ou estudos superiores en ensinanzas artísticas
  • 74 delas ofértanse no centro residencial LUG de Lugo, 55 na residencia Florentino López Cuevillas de Ourense e 91 na residencia Altamar de Vigo
  • Un 9% das prazas están reservadas para traballadores e outro 9% para vítimas da violencia de xénero ou para fillos e fillas cuxas proxenitoras a sufrisen

 

Santiago, 13 de xuño de 2017.- A Xunta de Galicia pon a disposición da mocidade de 16 a 30 anos 220 prazas nas residencias xuvenís para o curso 2017-2018, das cales 74 se ofertan no centro residencial LUG de Lugo, 55 na residencia Florentino López Cuevillas de Ourense e 91 na residencia Altamar de Vigo. Así se recolle hoxe no Diario Oficial de Galicia.

 

Poderán optar a estas prazas os mozos e mozas que estean estudando durante o vindeiro curso académico. Tamén se reservan un 9% das prazas para traballadores e outro 9% para vítimas da violencia de xénero ou para fillos e fillas cuxas proxenitoras a sufrisen.

 

Estas residencias xuvenís ofrecen, ademais de aloxamento en réxime de internado, unha serie de servizos e actividades convencionais e educativas complementarias, intentando deste xeito fomentar os valores culturais, sociais e deportivos entre a xuventude.

 

Aqueles estudantes que desexen optar a unha praza deberán cursas ciclos formativos de grao medio ou superior, bacharelato, estudos universitarios ou estudos superiores en ensinanzas artísticas. Ademais, será requisito que no concello onde radique a súa residencia familiar non existan centros públicos que oferten estas formacións.

 

No caso das prazas reservadas para traballadores, pídese que o lugar de traballo teño o enderezo nun concello distinto ao lugar da residencia habitual do interesado e que o seu contrato sexa dunha duración mínima de tres meses a contar desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitude. No caso de ser un traballador autónomo por conta propia, será necesario que estea dado de alta no réxime de traballadores autónomos da Seguridade Social con anterioridade á publicación da convocatoria.

 

Para a adxudicación de prazas, os baremos xenéricos son a antigüidade na residencia, a renda da unidade familiar, a situación de familia numerosa ou monoparental, a condición de orfandade, a discapacidade de calquera membro da unidade familiar e a residencia, segundo sexa dentro ou fóra de Galicia. Así mesmo, valorarase ter un irmán con praza renovada na residencia, a situación laboral de desemprego sen prestación económica dos pais e, no caso das mulleres, estar embarazadas.

 

O período máximo de estadía dos beneficiarios será de 11 meses e estará comprendido no período establecido para o curso académico 2017-2018. A cota mensual a pagar por cada residente será de 324 euros por mes no caso de cuarto dobre e de 250 euros por mes no caso de cuarto cuádruplo.

 

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a contar desde o día seguinte á publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Todas as persoas interesadas poderán atopar toda a información na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

LOS ESTUDIANTES DE 6º DE PRIMARIA SE GRADÚAN

Celebraron, acompañados de sus profesores y padres, el paso a la ESO

 

Al igual que también lo hicieron los más pequeños al finalizar su etapa de Infantil, el alumnado de Educación Primaria del Colegio Lar también celebró su graduación. 38 estudiantes fueron los protagonistas de un emotivo acto mediante el cual se da por finalizada su etapa educativa de Primaria como paso previo a su introducción en la Educación Secundaria Obligatoria (ESO).

 

Tras los conmovedores discursos y la imposición de bandas, alumnos, padres y profesores disfrutaron de una deliciosa merienda durante la que compartieron numerosas anécdotas de esta etapa.

 

A XUNTA DESTINA MÁS DE 2,7 MILLÓNS DE EUROS A AXUDAS DE REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS DE VIVENDAS

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde de convocatoria, dando un mes para a solicitude das mesmas
  • A axuda pode chegar a 11.000 euros por vivenda, sen sobrepasar o 35 por cento do orzamento

 

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2017.- A Xunta de Galicia destinará máis de 2,7 millóns de euros ás axudas de rehabilitación edificatoria incluídas no plan de vivenda, tal como establece a Orde que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia e pola que se realiza a convocatoria para 2017. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/SZx7xD.

 

Estas axudas están destinadas a subvencionar a realización de actuacións de rehabilitación, que consisten na execución de obras e traballos de mantemento e intervención nas instalacións fixas e equipamento propio, así como nos elementos e espazos privativos comúns dos edificios de tipoloxía residencial colectiva que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria, referidos á antigüidade e uso dos mesmos.

 

O importe das axudas poderá acadar un máximo de 11.000 euros por vivenda (12.100 euros cando se trate de edificios declarados bens de interese cultural, catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente) sen sobrepasar o 35 por cento do orzamento da actuación. Os locais existentes nos edificios tamén se popderán beneficiar destas axudas, aplicando co mesmo importe máximo por cada 100 metros cadrados, sempre que participen no financiamento das obras. En calquera caso, o importe da subvención virá determinado polas obras a realizar.

 

No caso de actuacións para a mellora da accesibilidade a axuda poderá chegar ao 50 por cento do custe, pero só na partida correspondente á accesibilidade.

 

Poderán beneficiarse destas axudas as comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios e as persoas físicas propietarias únicas de edificios de vivendas que cumpran os requisitos establecidos.

 

Actuacións subvencionables

Son subvencionables as actuacións dirixidas á conservación, á mellora da calidade e da sustentabilidade, así como á realización de axustes razoables en materia de accesibilidade, nos edificios de tipoloxía residencial colectiva, establecidos no artigo 3 da Orde de 10 de xullo de 2015 (DOG 21-7-2015) na que se establecen as bases reguladoras desta axuda.

 

Entre as actuacións subvencionables para a conservación están as dirixidas a arranxar os problemas detectados polo informe de avaliación dos edificios ou a inspeccións técnica referidas a cimentación, estructura, instalacións, cubertas, azoteas, fachadas e medianeiras, así como as referentes a instalacións comúns de electricidade, fontanaría, gas, saneamento, etc. co obxectivo de adaptalas á normativa vixente.

 

Polo que se refire ás actuacións subvencionables para a mellora da calidade e sustentabilidade destacan a mellora da envolvente térmica do edificio, illamento térmico, substitución de carpintarías e acristalamentos, así como a mellora da eficiencia enerxética dos equipamentos e instalacións, incluíndo a instalación de equipamentos que permitan a utilizaciónd e enerxías renovables. As melloras destinadas ao aforro de auga ou a instalación de redes separativas de saneamento que favorezan a reutilización de augas grises tamén se inclúe neste apartado.

 

Finalmente entre as actuacións para realizar os axustes razoables en materia de accesibilidade inclúense a instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas ou outros dispositivos de accesibilidade, incluíndo os adaptados ás necesidades de persoas con minusvalía sensorial, así como a adaptación dos xa existentes á normativa sectorial correspondente. Tamén a instalación ou dotación de produtos de apoio, tales como guindastres ou artefactos análogos que permitan o acceso e uso por parte das persoas con minusvalía a elementos comúns do edificio, tales como xardíns, zonas deportivas, piscinas e outros similares.

 

Neste apartado tamén se inclúe a instalación de elementos de información ou de aviso que permitan a orientación no uso de escaleiras e ascensores e a instalación de elementos ou dispositivos electrónicos de comunicación entre as vivendas e o exterior.

 

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes a contar dende mañá

 

Para optar a estas axudas é imprescindible que o edificio conte co informe de avaliación do edificio. O Diario Oficial de Galicia tamén publica hoxe a convocatoria de axudas para a súa obtención.