A XUNTA DE GALICIA PON Á DISPOSICIÓN DA MOCIDADE 220 PRAZAS NAS RESIDENCIAS XUVENÍS PARA O CURSO 2017-2018

 

  • Están destinadas a persoas de 16 a 30 anos que cursen ciclos formativos de grao medio ou superior, bacharelato, estudos universitarios ou estudos superiores en ensinanzas artísticas
  • 74 delas ofértanse no centro residencial LUG de Lugo, 55 na residencia Florentino López Cuevillas de Ourense e 91 na residencia Altamar de Vigo
  • Un 9% das prazas están reservadas para traballadores e outro 9% para vítimas da violencia de xénero ou para fillos e fillas cuxas proxenitoras a sufrisen

 

Santiago, 13 de xuño de 2017.- A Xunta de Galicia pon a disposición da mocidade de 16 a 30 anos 220 prazas nas residencias xuvenís para o curso 2017-2018, das cales 74 se ofertan no centro residencial LUG de Lugo, 55 na residencia Florentino López Cuevillas de Ourense e 91 na residencia Altamar de Vigo. Así se recolle hoxe no Diario Oficial de Galicia.

 

Poderán optar a estas prazas os mozos e mozas que estean estudando durante o vindeiro curso académico. Tamén se reservan un 9% das prazas para traballadores e outro 9% para vítimas da violencia de xénero ou para fillos e fillas cuxas proxenitoras a sufrisen.

 

Estas residencias xuvenís ofrecen, ademais de aloxamento en réxime de internado, unha serie de servizos e actividades convencionais e educativas complementarias, intentando deste xeito fomentar os valores culturais, sociais e deportivos entre a xuventude.

 

Aqueles estudantes que desexen optar a unha praza deberán cursas ciclos formativos de grao medio ou superior, bacharelato, estudos universitarios ou estudos superiores en ensinanzas artísticas. Ademais, será requisito que no concello onde radique a súa residencia familiar non existan centros públicos que oferten estas formacións.

 

No caso das prazas reservadas para traballadores, pídese que o lugar de traballo teño o enderezo nun concello distinto ao lugar da residencia habitual do interesado e que o seu contrato sexa dunha duración mínima de tres meses a contar desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitude. No caso de ser un traballador autónomo por conta propia, será necesario que estea dado de alta no réxime de traballadores autónomos da Seguridade Social con anterioridade á publicación da convocatoria.

 

Para a adxudicación de prazas, os baremos xenéricos son a antigüidade na residencia, a renda da unidade familiar, a situación de familia numerosa ou monoparental, a condición de orfandade, a discapacidade de calquera membro da unidade familiar e a residencia, segundo sexa dentro ou fóra de Galicia. Así mesmo, valorarase ter un irmán con praza renovada na residencia, a situación laboral de desemprego sen prestación económica dos pais e, no caso das mulleres, estar embarazadas.

 

O período máximo de estadía dos beneficiarios será de 11 meses e estará comprendido no período establecido para o curso académico 2017-2018. A cota mensual a pagar por cada residente será de 324 euros por mes no caso de cuarto dobre e de 250 euros por mes no caso de cuarto cuádruplo.

 

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a contar desde o día seguinte á publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Todas as persoas interesadas poderán atopar toda a información na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: