O MINISTERIO DE FOMENTO AVANZA O REFORZO DAS MEDIDAS PARA EVITAR ATASCOS POLAS OBRAS DA AP-9 NO VERÁN

  • Os responsables ministeriais confirman que durante os meses de xullo e agosto o ramal de incorporación á Ap-9 desde o Corredor do Morrazo reabrirá ao tráfico os carriles pechados, tal e como pediu o Goberno galego
  • O secretario de Estado de Infraestruturas confirma que proximamente se elevará ao Consello de Ministros o Real Decreto que eximirá á Xunta de Galicia de seguir financiando con 6 millóns de euros ao ano a subvención das peaxes de Rande e A Barcala
  • O Consello de Estado emitiu xa o seu ditame sobre ese Real Decreto, que reducirá sensiblemente o diñeiro público que ingresa a concesionaria por esa subvención, que se manterá intacta para os usuarios

 

Madrid, 13 de xuño de 2017.- O Ministerio de Fomento avanzou hoxe o reforzo das medidas destinadas a evitar atascos motivados polas obras de ampliación da autoestrada AP-9 durante o vindeiro verán, tal e como solicitou o Goberno galego. Así o trasladou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, na nova xuntanza da comisión conxunta sobre a Autoestrada do Atlántico que tivo lugar esta mañá en Madrid e na que particopou tamén o secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gómez-Pomar.

 

Os responsables ministeriais confirmaron que está previsto eliminar, antes do período de maior intensidade de tránsito de vehículos dos meses de verán, restriccións de tráfico impostas polo avance das obras de ampliación da autoestrada á altura de Rande.

 

Concretamente, avanzaron que o 1 de xullo se reabrirán ao tráfico os carriles pechados do acceso á AP-9 desde o Corredor do Morrazo, que se manterá plenamente operativo ata a fin de agosto.

 

Na mesma lliña, na xuntanza constatouse o impacto postivo das medidas adoptadas nos exercicios anteriores para evitar os colapsos de tráfico nas áreas de peaxe, que consistiron tanto no reforzo do persoal como na remodelación das praias de cobro de Cecebre, Teo e Pontevedra, e na mellora da seguridade da saída cara ao nó de Curro, de enlace coa Autovía do Salnés.

 

Por ese motivo, o Ministerio de Fomento garantiu que manterá a atención para garantir que nos momentos de maior tráfico as áreas de peaxe dispoñan de todos os medios humanos necesarios para evitar retencións.

 

A xuntanza de hoxe serviu tamén para facer un repaso do avance das obras de ampliación da capacidade e de rerforzo de firme da autoestrada que se están a executar na actualidade.

 

 

Subvención das peaxes de Rande e A Barcala

Por outra banda, o secretario de Estado de Infraestruturas confirmou que proximamente se elevará ao Consello de Ministros o Real decreto que eximirá á Xunta de Galicia de seguir financiando con 6 millóns de euros ao ano a subvención das peaxes da AP-9 en Rande e A Barcala.

 

En virtude dun acordo asinado polo Goberno bipartito da Xunta, a Administración autonómica financia ao 50% co Ministerio de Fomento o custo desa subvención da peaxe aos usuarios. A Xunta de Galicia e o Goberno central acordaron recentemente poñer fin á participación da Administración autonómica nese gasto, xa que afecta á peaxe dunha infraestrutura de titularidade estatal.

 

O Consello de Estado emitiu xa o ditamte favorable sobre o Real Decreto que o fará posible, e que, ademais, reducirá sensiblemente o diñeiro público que ingresa a concesionaria por esa subvención, manténdoa intacta para os usuarios

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: