A XUNTA ABOARÁ AOS TITULARES DOS TERREOS AFECTADOS POLA CONSTRUCCIÓN DA PLISAN MÁIS DE 1,5 MILLÓNS DE EUROS A COMEZOS DO VINDEIRO MES DE XULLO

  • O Executivo autonómico procedera a realizar novos pagos despois do verán
  • As obras da primeira fase dos sistemas xerais desta infraestrutura loxística xa están xa executadas en máis dun 97 por cento

 

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2017.- A Xunta de Galicia aboará aos propietarios dos terreos afectados pola construción das obras da Plisan máis de 1,5 millóns de euros, tal como indica o anuncio publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG). Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/bWAkrT. Estes pagamentos levaranse a cabo os días 4,5,6,7 e 10 de xullo.

 

Así mesmo, o Executivo autonómico, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda,procederá a realizar máis pagos despois do verán.

 

Neste momento, na Plisan estanse a executar as actuacións correspondentes á primeira fase dos servizos xerais, que xa se atopan en máis do 97 por cento de execución.

 

Asemade, a obra da Estación depuradora de augas residuais (EDAR) xa foi licitada e para a súa execución incluirase a construción dun tanque de emerxencias, de 900 m3 de capacidade. Ademais incluirá un acceso, de 241 metros de lonxitude e 5 metros de ancho, a instalación do colector da entrada a esta infraestrutura hidráulica, a acometida eléctrica, as telecomunicacións e o abastecemento.

 

Tamén se fará o colector de vertido ao río Miño das augas depuradas, con 464 metros de lonxitude e 400 milímetros de diámetro. Como obras complementarias instalaranse equipos de bombeo, implementarase un sistema de xestión de vertidos accidentais e realizaranse labores de recuperación da canle dun muíño próximo á EDAR.

 

Por outra banda, tamén está en redacción o proxecto de construción da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP), que se prevé licitar proximamente.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: