A XUNTA DE GALICIA CONVOCA 20 PRAZAS DE INTERCAMBIO XUVENIL CON XAPÓN E ALEMAÑA PARA POTENCIAR A ADQUISICIÓN DE COMPETENCIAS

  • Están destinadas a persoas de 18 a 30 anos e a experiencia terá unha semana de duración
  • No caso do país xermano ofértanse 6 prazas e para Xapón, 14
  • Os gastos de manutención e aloxamento corren a cargo da organización e os participantes faranse cargo dos custes de desprazamento ata o país de realización do intercambio
  • O prazo de inscrición estará aberto ata o 21 de xuño e as prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición

 

Santiago, 15 de xuño de 2017.- A Xunta de Galicia convoca 20 prazas para dous intercambios xuvenís en Alemaña e Xapón ao abeiro das relacións bilaterais que mantén con distintas entidades noutros países co fin de potenciar entre a mocidade a adquisición de experiencias, habilidades e competencias.

 

A Consellería de Política Social, anima a participar nesta iniciativa -enmarcada no programa de educación non formal A xuventude no mundo– aos mozos e mozas residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade, no caso do intercambio a Xapón, e de 18 a 25 anos no caso do intercambio a Alemaña. A duración do intercambio será dunha semana, un período no que coñecerán outras culturas e linguas e interactuarán con rapaces e rapazas alemáns e xaponeses en distintas actividades.

 

No que respecta a Alemaña, convócanse seis prazas e o intercambio desenvolverase do 13 ao 22 de agosto no distrito de Reinickendorf (Berlín). Para Xapón ofértanse 14 prazas na prefecturas de Wakayama do 29 de agosto ao 5 de setembro e durante os tres últimos días convivirán con familias xaponesas de acollida. Os gastos de manutención e aloxamento corren a cargo da organización e os participantes faranse cargo dos custes de desprazamento ata o país de realización do intercambio.

 

Desde a Xunta de Galicia, apóstase por facilitar experiencias no estranxeiro á mocidade galega en viaxes de ida e volta coa fin de mellorar as súas habilidades, as súas competencias lingüísticas e os seus coñecementos sobre outros estilos de vida e culturas. Esta aprendizaxe e implicación activa serviralles para a súa vida persoal pero tamén para mellorar a súa empregabilidade. A participación neste intercambio dá dereito aos mozos e mozas a solicitar o certificado de educación non formal que Galicia emite desde o ano 2015.

 

As persoas interesadas poderán inscribirse mediante o envío do formulario electrónico que atoparán no portal web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O prazo de inscrición estará aberto ata o 21 de xuño e as prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: