GALICIA SEGUE ENTRE AS COMUNIDADES CON MENOS ENDEBEDAMENTO DE ESPAÑA E MANTÉN A PREVISIÓN DE NON INCREMENTALO NESTE 2017

  • O aumento da ratio de débeda no primeiro trimestre non é representativo, xa que se debeu a que as primeiras amortizacións de débeda este ano foron en abril
  • A ratio de débeda/PIB sitúase no 19,8%, fronte ao 24,8% de media autonómica
  • Galicia é a 7ª comunidade autónoma con menos endebedamento de España, a quinta de réxime común, e a súa débeda está totalmente estabilizada

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2017.- Galicia segue entre as comunidades autónomas con menos endebedamento de España, segundo mostran os datos do Banco de España correspondentes ao primeiro trimestre do ano, e mantén a súa previsión de non incrementalo ao peche deste ano 2017.

Ao finalizar o primeiro trimestre do ano, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no 19,8%, cinco puntos menos que no conxunto de España (24,8%). Este indicador medrou en Galicia nove décimas respecto ao trimestre anterior, pero non é un aumento representativo porque se debeu a que as amortizacións de débeda da Comunidade Autónoma comezaron no mes de abril e, polo tanto, non figuran neste dato.

 

Hai que ter en conta que a data 31 de marzo Galicia xa ingresara os recursos do Fondo de Facilidade Financeira do primeiro trimestre, pero nese momento aínda non realizara amortizacións de débeda, mentres que outras comunidades adheridas ao FLA aínda non ingresaran os fondos deste período. É por iso que, nos seguintes trimestres, a ratio de débeda de Galicia baixará.

Débeda estabilizada

De feito, a Xunta lembra que a débeda de Galicia está totalmente estabilizada dende finais de 2014, e a previsión do Goberno galego é que en 2017 non aumente o endebedamento.

En importes absolutos a débeda das comunidades autónomas situouse en 279.264 millóns de euros, o 4,1% dela -11.582 millóns- en Galicia. En todo caso, Galicia é neste momento a sétima comunidade autónoma –a quinta de réxime común- con menor endebedamento, cun diferencial positivo de cinco puntos sobre a media autonómica.

DÉBEDA POR CC.AA (1º trimestre 2017)
*CCAA de réxime foral

Ratio de débeda/PIB

(%)

Madrid 14,9
País Vasco* 15,1
Canarias 16,0
Navarra* 19,1
A Rioxa 19,1
Asturias 19,3
GALICIA 19,8
Castela e León 20,2
Andalucía 21,6
Aragón 21,9
Cantabria 22,7
Estremadura 23,6
TOTAL CCAA 24,8
Murcia 28,8
Baleares 30,4
Cataluña 35,2
Castela-A Mancha 36,5
Valencia 41,5

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: