Oren Ambarchi, Demdike Stare, HHY & The Macumbas na segunda rolda de confirmados para WOS 2017

O festival WOS sitúase coas novas oito incorporacións ao seu cartel como unha cita indispensable coa música experimental, electrónica e de vangarda. O programa musical completo non será desvelado por completo ata finais de xullo.
A cita, que terá lugar nesta cuarta edición entre o 6 e o 10 de setembro, incluirá de novo na súa programación medio centenar de propostasmusicais, visuais, sonoras, cinematográficas e escénicas, así como mesas para o encontro e a reflexión.
 
Proxectos no fío da improvisación e a exploración sonora, artistas reverenciados en círculos internacionais, e concertos comisionados únicos. O festival WOS engade coas novas oito incorporacións ao seu cartel a figuras de culto como o experimental enfebrecido dos portugueses HHY & The Macumbas, ou as paisaxes sónicos de Oren Ambarchi, colaborador habitual de Keiji Haino, Jim O’Rourke, Arto Lindsay ou John Zorn, entre outros.
O programa profunda con estes oito novo nomes na súa identidade de gran cita compostelá con expresións artísticas, musicais e sonoras exclusivas, contemporáneas, e dirixidas a un público especificamente melómano. Red Bull Music Academy achega nomes venerados no panorama internacional de música electrónica como o alemán Tolouse Low Trax ou os británicos Demdike Stare, aclamados pola crítica co seu cuarto LP publicado hai apenas uns meses. RBMA trae tamén a figuras emerxentes como Huma, galego residente en Barcelona, metade do dúo Esquelas e responsable, ademais do seu proxecto en solitario, da organización do festival de música Bicefal.
Ghost and Tapes é o nome tras o que se atopa Heine Christensen, cuxa carreira se remonta ao seu primeiro album publicado en Xapón en 2010. A súa proposta, como a dos norteamericanos Sontag Shogun, presenta gravacións de campo, tratamentos electrónicos e paisaxes sónicos. Ambos presentarán no festival senllos novos álbums que verán a luz nos próximos meses.
Como foi habitual nas súas tres edicións anteriores, o festival reserva tamén un oco para concertos únicos, comisionados especificamente para a cita. As oito novas incorporacións inclúen dentro este espectro o encontro entre os barceloneses Za! e os galegos Diola, emerxidos das cinzas de Unicornibot. Como o resto das propostas de WOS, unha conxunción rara e extraordinaria, que promete deixar unha profunda pegada en quen viva ese momento.

As novas incorporacións súmanse aos oito nomees anteriormente desvelados, que inclúen a figuras craves como os británicos The KVB, revelacións do panorama nacional como a galega BFlecha ou os veteranos barceloneses STA, o intimismo do danés Western Skies Motel, os sintetizadores de influencia kraut de Schwarz, a percusión experimental de Greg Fox, a intrincada proposta deSensible Soccers ou a delicada potencia da angelina Nite Jewel.

O festival, que non revelará o seu programa musical por completo ata finais de xullo, incluirá entre os seus espazos, como nas súas anteriores edicións, lugares de referencia da capital compostelá como o Museo Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Teatro Principal, o Mercado de Abastos, a Igrexa da Universidade, ou a Fundación Granell, ademáis de espazos privados como a Sala Capitol ou a Sala Malatesta. O certame contará, como cada ano, con propostas de artes escénicas, novos medios, cinema, arte audiovisual, encontros con artistas, charlas e mesas de reflexión.
A cuarta edición do festival WOS celebrarase este ano entre o 6 e o 10 de setembro, de novo en Santiago de Compostela. Os abonos Premium (para os cinco días de festival) e Weekend (venres, sábado e domingo) xa están á venda na súa web www.wosfestival.es.
Os dezaseis artistas confirmados polo momento son:
BFlecha
Demdike Stare
Ghost And Tape
Greg Fox
Hhy & The Macumbas
Huma

Nite Jewel
Oren Ambarchi
Schwarz
Sensible Soccers
Sontag Shogun
STA
The KVB
Tolouse Low Trax
Western Skies Motel
Za! & diol
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: