50.000 escolares participaron nas campañas de fomento á lectura da Editorial Galaxia

Dende hai dous anos e medio a Editorial Galaxia pretende fomentar a lectura entre as xeracións máis novas achegándolles un libro e un espectáculo teatral. Ata este momento 50.000 escolares galegos participaron desta campaña

A Editorial Galaxia, na súa aposta por fomentar a lectura nas idades máis novas para que sexan os lectores e as lectoras do futuro, ten tres proxectos que en dous anos e medio chegaron a 50.000 escolares. A través dos títulos Espantallo amigo, de Xosé Neira Vilas, Cousas, de Castelao, e A galiña azul,de Carlos Casares unimos a literatura ao teatro. Primeiro os rapaces e rapazas reciben o seu libro que len nas súas casas, para despois asistir á representación teatral. Desta maneira conseguimos sumar enfoques, compartir a experiencia da lectura e do espectáculo, obter diferentes visións e achegar obras fundamentais ás novas xeracións.
No que levamos de ano 20.000 rapaces e rapazas participaron desta experiencia e nun mes A galiña azul, de Carlos Casares, chegou a máis de 10.000 fogares, porque ese é tamén o obxectivo, que os libros estean nas casas, que a lectura poida ser compartida, que os libros ocupen un anaco do día a día. Dende a Editorial Galaxia queremos con estes proxectos que resulten atractivos e que sumen lectores e lectoras en galego, que serán sen dúbida os lectores do futuro!
l
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: