A XUNTA RENOVA A COLABORACIÓN CON AGAFAN PARA SEGUIR IMPULSANDO O PROGRAMA DO CARNÉ FAMILIAR GALEGO

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou un novo convenio co presidente da Asociación Galega de Familias Numerosas, Luís Sánchez González

  • O Carné Familiar da Xunta de Galicia é unha tarxeta gratuíta, persoal, intransferible e non financeira que facilita o acceso dos seus beneficiarios a distintos bens e servizos mediante descontos e outro tipo de vantaxes nos establecementos adheridos a esta iniciativa
  • En Galicia hai expedidos máis de 21.500 títulos de familia numerosa

 

Santiago, 16 de xuño de 2017.- A Consellería de Política Social vén de asinar un novo convenio de colaboración coa Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan) para a mellora e desenvolvemento do programa do carné familiar. O titular deste departamento autonómico, José Manuel Rey Varela, e o presidente da devandita entidade, Luís Sánchez González, formalizaron este acordo que ten por obxecto facilitar o acceso destas familias a distintos bens e servizos mediante descontos ou outro tipo de vantaxes, ampliando deste xeito os beneficios que outorga o título de familia numerosas.

 

Así, o carné familiar é unha tarxeta gratuíta, persoal, intransferible e non financeira coa que os membros das familias numerosas que residen en Galicia obteñen importantes vantaxes ou descontos nos establecementos colaboradores con este programa. Neste sentido, Agafan comprométese con este novo convenio a captar novas entidades dispostas a aplicar estes beneficios aos usuarios do carné familiar, manter actualizada e publicada na páxina web da asociación a guía de entidades e realizar a labor de difusión de información do devandito carné.

 

Pola súa banda, a Administración autonómica contribúe con 16.500 euros ao financiamento dos gastos derivados da xestión desta tarxeta. O programa carné familiar está en marcha dende o ano 2011 e na actualidade máis de un millar de entidades colaboran con esta iniciativa. Así mesmo, en Galicia están expedidos máis de 21.500 títulos de familia numerosa.

 

Rey Varela sinalou que as familias numerosas “xogan un papel importante no relevo da poboación e, polo tanto, para reverter a actual situación demográfica, unha cuestión que o Goberno galego ten fixado como un dos principais retos de presente e, sobre todo, de futuro que ten o noso país”.

 

Nesta liña de actuación, a Xunta  ten en marcha a Estratexia de Apoio ás Familias Numerosas de Galicia, horizonte 2020, que  lles garante unha protección especial e se centra nos problemas específicos asociados á súa condición de familia numerosa.  De feito, a devandita estratexia integra todos os beneficios aos que poden acceder de forma transversal nos distintos departamentos da Xunta, tales como: deducións fiscais, exención e bonificacións de taxas no ámbito educativo, preferencia na adxudicación de prazas e redución de tarifa a abonar nas escolas infantís, beneficios no acceso á vivenda ou redución nos prezos do transporte público, entre outras vantaxes.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: