As bandas internacionais Skindred e Bohemian Betyars súmanse ao cartel do Revenidas 2017 O Festival das Linguas -que xa anunciara.

  • O Festival das Linguas -que xa anunciara a La Pegatina, Riot Propaganda, Esne Beltza, Vendetta, Terbutalina, Dakidarria, Desakato, Txarango, Auxili, Sara Hebe, Voodoo, Doen, Zapa! e SonDaRúa- suma estas dúas bandas internacionais a un cartel que aínda ten máis artistas por desvelar.
  • As entradas xa están á venda a través da web www.revenidas.com a un prezo de 36€ o abono de tres días.
  • O Festival, unha das 8+1 citas que forman parte este ano dos Rias Baixas Fest, celebrarase os próximos 18, 19 e 20 de agosto en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa).
Vilaxoan, 16 de xuño do 2017. – O Festival Revenidas, que ateigará Vilaxoan de música, festivaleiros e festivaleiras entre os días 19 e 20 de agosto, suma ao seu cartel aos internacionais Skindred, caracterizados polos seus imposibles riffs de metal que colisionan co seu hip hop, o reggae e a electrónica de vangarda; e aos húngaros Bohemian Betyars coa súa atractiva combinación de punk, ska, e os elementos máis característicos da música popular xitana e balcánica. Ambas bandas chegarán ao Revenidas despois de viaxar por medio mundo para ofrecer estes dous únicos e exclusivos concertos en Galicia, enmarcados dentro dos pouquísimos que ofrecerán en España ao longo deste 2017.

Incorpóranse deste xeito Skindred e Bohemian Betyars a un cartel que conta xa cos seguintes grupos, anunciados anteriormente pola organización: La Pegatina, Riot Propaganda, Esne Beltza, Vendetta, Terbutalina, Dakidarria, Desakato, Txarango, Auxili, Sara Hebe, Voodoo, Doen, Zapa! e SonDaRúa.Skindred aglutina influencias do nu metal, o punk e o reggae, definindo o seu estilo como “ragga metal”. A banda de Newport, que celebrará o próximo ano o décimo aniversario do nacemento da formación, combina todo tipo de elementos musicais sendo capaces de unir a persoas de todos os rincóns do mundo e de facer que caa unha delas se desgarre ata o final na pista de baile. Deste xeito conseguen cumplir unha das súas máximas: que todo o mundo se mova mentres canta sobre temas universais e difunde unha mensaxe de acción positiva e unidade social.

Segundo a propia banda, os grupos que máis influíron neles son Specials, The Police e Clash, e por iso se autodenominan como “os netos desas grandes bandas británicas”, coa diferencia de que, que en lugar de mesturar o ska e o rock, utilizan ritmos do Raggamuffin xamaicano xunto a metal punk da escena heavy. Abride os oídos e preparade os pés para bailar porque, tras conquistar numerosos países arredor do mundo, Skindred aterriza no Revenidas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: