Pago de máis de 600.000€ de intereses e costas polas cantidades adebedadas a acredores

A alcaldesa ven de cualificar coma un “acto de irresponsabilidade” que o Partido Popular e o BNG decidisen votar, no pasado Pleno, en contra da aprobación dun recoñecemento extraxudicial de creto de máis de 2,1 millóns que tiña coma finalidade realizar o pago de facturas  por servizos e subministros comprometidos por este Goberno municipal e ao anterior.

Eva García de la Torre advirte que, a causa deste voto, as veciñas e veciños do Porriño terán que ver coma máis de 600.000€ de fondos municipais, “de cartos que son de todos eles”, un 30% de toda a cantidade que se debe, terán que adicarse ao pago de intereses e costas aos acredores do Concello, “e non a investimentos en Benestar, creación de emprego, saneamento ou obras moi necesarias”.

García de la Torre rexeita que “por mor dun defecto de forma” estes dous grupos non apoien esta proposta, situación que a alcaldesa considera moito máis grave no caso do Partido Popular posto que moitas desas facturas corresponden a gastos realizados polo anterior Goberno local.

A alcaldesa lembra que “cando chegamos ao Concello atopámonos co feito de que o goberno anterior realizara moita inversión durante a campaña electoral e pagamos todas esas facturas, considerando so que a administración municipal tiña a obriga de cumprir os seus compromisos cos acredores”.

García de la Torre lembra que xa en outubro de 2015, o Partido Popular votara contra unha proposta de creto extraordinario de 600.000€ que “eran necesarios para que o Concello puidese seguir funcionando”, e salienta que agora o Partido Popular “rexeita, de xeito irresponsable” pagar estes servizos “so por facer dano a o actual goberno local” e, ao mesmo tempo, fai que os cidadáns do Porriño e os acredores, en moitos casos pequenas empresas, sexan os que paguen esta decisión política.

A alcaldesa indica que na actualidade, entre outras débedas, o Concello debe facerlle fronte ao pago de 400.000€ de mantemento da Piscina Municipal, correspondente aos anos 2015 e 2016; a máis de 451.000€ do subministro de electricidade, dos mesmos anos; a 235.000€ da recollida do lixo -tamén de eses exercicios- a 151.000€ do tratamento de residuos, a 200.000€ da retirada de voluminosos, ou a 92.000€ do subministro de combustible, en todos os casos dos anos 2015 e 2016, e sen engadir aquelas cantidades adebedadas a pequenas empresas que prestaron servizos ao Concello, como sabe o Partido Popular, e que, no mellor dos casos, levan 2 anos agardando para cobrar.

Eva García de la Torre, que adianta que volcerá a levar ao vindeiro Pleno esta mesma proposta de pago, lamenta que o Partido Popular non teña ofertas que facerlle aos porriñeses e que, despois de 2 anos de inactividade siga a amosar que non asume as súas responsabilidades e que non queira pagar os traballos e servizos que se fixeron para este concello.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: