A ASEMBLEA XERAL DO CONSORCIO APROBA UNS ORZAMENTOS PARA O ANO 2017 DE 69,3 MILLÓNS DE EUROS

  • Ademais da aprobación das grandes contas, que se incrementan un 2,30% con respecto ao exercicio anterior, os asistentes tamén abordaron as liñas de acción para este ano

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, presidiu esta mañá a Asemblea Xeral anual do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Unha xunta que se celebrou na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), e na que se aprobaron as contas para o exercicio de 2017, que ascenden a 69.372.846,99 euros, o que supón un incremento do 2,30% con respecto ao ano anterior. Así mesmo, a cita serviu para abordar as liñas de acción para este ano ao tempo que se fixo balance do ano 2016.

 

Nesta liña, e respecto do acontecido en 2016, se daba conta do Acordo Marco asinado no mes de maio entre a Consellería de Política Social e a Federación de Municipios e Provincias (FEGAMP) en relación ao Consorcio, que establece un novo modelo de co-financiamento entre a Xunta e os concellos para a xestión de escolas infantís e centros de día, que garante a sostenibilidade económica e proporciona certidume e seguridade xurídica ás entidades adscritas ao Consorcio. Ese acordo, que foi aprobado por unanimidade na FEGAMP, inclúe ademais bonificacións e fraccionamentos nas liquidacións de exercicios anteriores dos concellos. O modelo de co-financiamento fixado no Acordo Marco foi recentemente introducido na Lei de Medidas que complementa á Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2017, como desenvolvemento legal necesario para poder facelo efectivo.

 

Outra das claves da xestión do Consorcio durante o ano pasado foi o acordo cos principais sindicatos (UXT, CIG e CCOO) para a integración dos traballadores do Consorcio no Convenio Colectivo Único do Persoal Laboral da administración galega. Cando ese camiño xa iniciado culmine, a nova situación achegará estabilidade aos propios profesionais do Consorcio, garantindo ao mesmo tempo unha prestación dun servizo de calidade aos usuarios nos centros dependentes do ente.

 

No ano 2016, o Consorcio seguiu mantendo e ampliando a súa rede, tanto de escolas infantís para nenos de 0 a 3 anos, como de atención ás persoas maiores. En canto á primeira parte, entraron en funcionamento 6 novas escolas (o que supuxo 348 novas prazas): A Coruña-A Sardiñeira, por mor do convenio de colaboración coa Fundación Amancio Ortega (FAO), e Ames-Bertamiráns, Fene-Barallobre, Oza-Cesuras, Marín-Seixo e Tomiño-Goián, de construción propia.

 

Ademais, comezaron e remataron as obras de reforma integral da escola infantil de O Grove-Rons, cun investimento total de máis de 500.000 euros, reabríronse 3 escolas unitarias (60 prazas) e se realizaron obras de mantemento, reforma, mellora ou investimento en equipamento en 78 das 138 escolas da rede “A Galiña Azul” dependentes do Consorcio,  cun desembolso superior aos 1,5 millóns de euros. O ano pasado tamén se licitaron as obras de construción de dúas novas escolas, en Mos e A Estrada -xa adxudicadas neste 2017-, e remataron as obras de construción da escola de Arteixo-Río Tambre (construída pola FAO) e a de Burela-Os Castros, que está só pendente de pequenos remates finais. As dúas entrarán en funcionamento cunha oferta de 123 prazas no próximo mes de setembro, coincidindo co comezo do curso escolar nos centros de nova creación.

 

No eido dos maiores, no ano 2016, o Consorcio rematou as obras de construción dunha mini-residencia en Vilardevós, na que investiu case 1,5 millóns de euros e entraron en funcionamento os centros de día de Curtis, A Pobra do Caramiñal, Redondela e Maceda o que se traduce nun aumento da oferta de 180 prazas. A reforma dos centros de día de Ribadeo e o fogar residencial de Melide, así como o cambio de ubicación do centro de día de Chantada se traduciron tamén nun incremento da oferta en 73 prazas. Ao longo do ano pasado se realizaron obras de mantemento, reforma, mellora ou dotacións de equipamento en 33 dos 68 centros de maiores dependentes do Consorcio por valor de máis de 780.000 euros.      

 

En definitiva, o Consorcio pechou o ano 2016 xestionando un total de 7.452 prazas para nenos de 0 a 3 anos en 138 escolas infantís distribuídas por toda Galicia, 57 centros de día cunha capacidade máxima de 2.349 prazas, 6 fogares residenciais e 1 residencia, cun máximo de 230 prazas e 6 vivendas comunitarias, con 108.

 

A todo iso hai que sumarlle o programa “Xantar na Casa” de atención alimentaria a domicilio para persoas con dificultades para xestionar por si mesmos a súa manutención, no que ao remate de 2016 xa participaban 163 concellos -tras a adscrición no curso pasado dos municipios de Camariñas, Ribeira de Piquín e Silleda- e que contaba cunha media mensual de usuarios de 1260 (45 máis que no 2015). O Consorcio e os concellos destinaron a ese programa máis de 1,9 millóns de euros en 2016.

 

En materia de igualdade, o Consorcio continúa xestionando en colaboración con Concello de Vigo o Centro de Emerxencias para Mulleres Vítimas da Violencia de Xénero, no que ingresaron o ano pasado un total de 97 mulleres e menores e no que residiron 107 persoas durante 2016.   

 

Na loita contra a pobreza e a exclusión social, o Consorcio conta con 18 equipos comarcais de Inclusión -máis o módulo “Nelson Mandela” na prisión de Teixeiro-, nos que traballan (dentro da Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020) 59 técnicos, que atenderon en 2016 a 8724 persoas, realizando accións formativas das que se beneficiaron 1453 persoas e acadando 1365 insercións laborais.

 

E durante 2016 continuou igualmente o traballo dos centros “Quérote Máis” para o desenvolvemento integral dos mozos, cun saldo no pasado ano de 6894 usuarios asesorados e 19.485 participantes en accións formativas.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: